Para o servizo ??Conserxería e control dos locais municipais? subvencionou esa consellería ao concello de Pontecesures a contratación dun conserxe ao abeiro da Orde de 23 de marzo de 2006 que regula os programas de cooperación para o fomento do emprego 2006.
Logo da oferta de emprego presentada, a oficina de emprego de Vilagarcía enviou, coa correspondente carta de presentación, a seis traballadores chegando a relación ao concello con data 08-08-06, vía fax, e fixándose a entrevista para o día 14 de agosto de 2006.
Dos seis traballadores convocados non foi seleccionado ningún deles e o alcalde pideu máis candidatos. Por esta circunstancia denunciei no seu día a discriminación por razóns políticas da miña cuñada Angeles Barreiro Ferro que era, curiosamente, a única residente en Pontecesures. Nada podería dicir se fose seleccionado un traballador/a dos outros cinco pero ao rexeitar a todos, dedúcese que a miña cuñada non se adecuaba a un posto de simple conserxe aínda que é unha desempregada de longa duración.
Como con posterioridade foi enviada pola oficina de emprego de Vilagarcía outra persoa que logo foi contratada, solicitei a comprobación do expediente de selección seguido no concello o 18 de agosto pasado (algún día despois consulteino tamén na oficina de emprego). Permitíronme a comprobación no día de hoxe (esta demora de máis de dous meses decidida polo alcalde foi denunciada ao Valedor do Pobo).