NOTA DA AGRUPACI?N CIDADÁ DE PONTECESURES (ACP)
No día de onte tivo lugar unha xuntanza dos membros desta agrupación independente para tratar aspectos relacionados co funcionamento do concello, a gobernabilidade do mesmo e as necesidades a plantexar fundamentalmente en materia de obras e servizos.
O único concelleiro da agrupación Luis Angel Sabariz Rolán, que agora está na oposición, e o ex-concelleiro Alfonso Diz Villar deron conta das iniciativas e suxerencias presentadas e das tarefas de fiscalización e control realizadas sobre as últimas actuacións do alcalde e do grupo de goberno do concello.
A conclusión máis importante desta xuntanza é que esta agrupación decideu presentarse ás eleccións municipais do vindeiro ano. Considerouse moi negativo ó labor do alcalde e do grupo de goberno BNG-IP e esta agrupación considera que é unha forza política que ten moito que aportar na defensa dos cidadáns de Pontecesures como grupo independente sen ter que depender de instruccións ou directrices superiores de partido algún. Impórtanos a nosa vila e imos continuar a traballar para a súa mellora.
Vanse facer xestións para incorporar a máis persoas na agrupación e quérese reiterar á opinión pública que imos acudir con gran ilusión ós comicios locais 2007.
Pontecesures, 27 de maio de 2006