A visita a Pontecesures do delegado provincial de Vivenda e Solo, Eudosio Álvarez, e do xerente de Xestur Pontevedra, Emiliano Quintillán, poucas portas abriron a un posible consenso do goberno local e a oposición para sacar este proxecto adiante.
O BNG necesita o apoio de polo menos un grupo da oposición e ningún dos tres PP, PSOE e ACP dan de momento o seu si ao proxecto. Populares e socialistas insistiron onte durante o encontro mantido cos representantes da consellería que se opoñen ao actual emprazamento na Tarroeira, mentres que Luís Sabariz segue sen definirse. «Terei que estudalo moito», sinalaba onte.
(máis…)
En lugar de debater nos plenos, o alcalde prefire contar na televisión local as súas mentiras ou verdades a medias para tratar, sen que ninguén lle poida rebater as opinións, de gañarse aos veciños. Fixo un mitin á desesperada porque cada vez máis poboación coñece as evidencias sobre a deficiente xestión que está a facer o alcalde.
Rafael Randulfe foi elexido o sábado presidente do Partido Popular cesureño, cargo que xa ocupaba en funcións dende fai uns anos. Agora, co apoio dos afiliados, céntrase en prepara-la estratexia de cara ás eleccións municipais de maio do 2007, nas que ve complicado que nin o seu partido nin calquera outro poida acadar a maioría absoluta. Considera que a actual situación do Concello, con un goberno de coalición en minoría, é insostible , polo que ve con bos ollos unha posible moción de censura contra o alcalde nacionalista, Manuel Luis Álvarez Angueira, como fórmula para lavar a penosa imaxe que dende o seu punto de vista se está a transmitir da vila nos últimos tempos.
El presidente provincial del PP, Rafael Louzán, destacó tras la proclamación de Rafael Randulfe que con este congreso demóstrase que somos un partido perfectamente democrático e unido y se refirió especialmente a la situación política que vive el municipio cesureño. A pesar de ser un concello pequeno, é tremendamente seguido por esta desgracia que lle tocou vivir no ámbito político ¯en referencia al gobierno local del BNG¯, pero espero que esta situación poida cambiar pronto . Añadió Louzán Abal que o único que se ven son conflitos e creo que esta vila precisa, dunha vez por todas, un goberno estable xa que os últimos anos foron perdidos.