Críticas dos socialistas de Pontecesures ao alcalde en relación coa hostalaría.

Preguntamos ao alcalde se non consideran capacitados aos hosteleiros de Pontecesures para realizar os servizos de cátering para os eventos do noso concello (Festa da Lamprea, Día das Letras Galegas, Día do Mercado), xa que nin lles pide orzamentos para levalos a cabo.

O alcalde prefire que estos servizos sexan realizados por empresas de fóra do Pontecesures que os da propia vila -os que pagan os impostos eiquí, os que colaboran en eventos e festas,…-. En palabras textuais “el non mira o Rh das empresas”.

Bonito xeito de promocionar a hostelería local!

Socialistas de Pontecesures

Moción sobre discapacidade dos socialistas de Pontecesures.

A moción presentada polo noso grupo municipal, referente á necesidade de aumentar os recursos do servizo de avaliación da discapacidade (EVO) na provincia de Pontevedra, foi rechazada pola maioría conservadora que dirixe o Concello. A argumentación do goberno municipal baseouse na iniciativa da Consellería de Política Social para aumentar o número dos equipos de avaliación da provincia. Sin deixar de ser certo, a verdade e que estas incorporacións non van ser permanentes, coma os socialistas reclamamos, e esta solución ??máis ben parche-, non vai resolver o problema, simplemente é un apaño ante as numerosas iniciativas levadas a cabo pola oposición e os traballadores para solucionar esta situación.

Socialistas de Pontecesures

Pontecesures conciencia sobre a situación das persoas refuxiadas a través da fotografía.

– O Concello acollerá a exposición ??No colo da esperanza?? entre o 29 de maio e o 10 de xuño como socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

– As imaxes tiradas por Felipe Carnotto na ruta dos Balcáns protagonízanas nenas e nenos que foxen da guerra en Siria canda as suas familias.

O Concello de Pontecesures acollerá entre o 29 de maio e o 10 de xuño a exposición ??No colo da esperanza?? para concienciar sobre a difícil situación das persoas refuxiadas. A actividade encádranse no plan de sensibilización promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que o municipio é socio.

A mostra foi realizada polo fotoxornalista Felipe Carnotto en 2015 na denominada ??ruta dos Balcáns?. As fotografías están protagonizadas principalmente por rapazas e rapaces que foxen da guerra en Siria canda as súas familias, na busca dun futuro próspero en Europa. A forza das imaxes pretende poñer o foco nas inxustizas que están a acontecer para que milleiros de persoas abandonen os seus fogares e camiñen en ringleiras durante horas, cruzando países como Turquía, Macedonia ou Serbia na procura de refuxio, coa esperanza de vivir en paz.

A relación entre Felipe Carnotto e o Fondo Galego bota a andar en 2014, cando o fotógrafo gaña o concurso Imaxes con Fondo II, no que o premio era unha viaxe a Nicaragua para retratar a realidade do país e os proxectos alí apoiados. Como freelance, o fotoxornalista de orixe brasileira afincado en Vigo ten publicado en xornais como The Guardian, Der Spiegel, Financial Times, El País ou a revista Luzes. En 2017 fíxose co recoñecemento á Imaxe do Ano no prestixioso certame Estação Imagem e no mesmo ano acada o Galicia en Foco.

O Fondo Galego

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 94 concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en preto de 30 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur. Recoñecido como axencia municipal da cooperación galega, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade celebrou en 2017 o seu vixésimo aniversario.

LIMPEZA DE FINCAS EN CUMPRIMENTO DA LEI DE PREVENCI?N E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS.

En cumprimento coa Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, lémbrase ?S/ÁS PROPIETARIOS/AS QUE ESTÁN OBRIGADOS/AS a manter as súas parcelas, así como as vías e camiños, limpas de maleza e coa masa arbórea rareada.

Será obrigatorio para as persoas responsables xestionar a biomasa vexetal nunha franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, así como ao redor de edificacións, vivendas illadas e urbanizacións, depósitos de lixo, campings, gasolineiras e parques e instalacións industriais, situadas a menos de 400 metros do monte e tamén ao redor das edificacións illadas en solo rústico situadas a máis de 400 metros do monte.

Ademais, dentro desa franxa de protección de 50 metros NON poderán atoparse as especies sinaladas na disposición adicional terceira da presente lei: piñeiros, eucaliptos, acacias, toxos, fentos, mimosas, xestas, carqueixa, piorno ou carrasca (queiruga).

Infórmase tamén que no Concello de Pontecesures existe unha Ordenanza reguladora da limpeza viaria e ornato público, onde o seu artigo 39 sinala que as sancións por incumprimento serán:

  • As que teñan as consideracións de leves, multa de ata 750 ?
  • As que teñan as consideracións de graves, multa de ata 1.500 ?
  • As que teñan as consideracións de moi graves, multa de ata 3.000 ?

Faise constar que no caso de que haxa calquera incidente por non cumprir esta normativa, os responsables serán os/as propietarios/as das parcelas.

No caso de alarma de incendio forestal débese chamar ao teléfono 085. Se a liña estivese ocupada pódese chamar ao teléfono 112. E para dar alarma de actividade incendiaria chamar á Garda Civil ao teléfono 062.

Reclaman al Concello de Valga que detalle las ayudas concedidas a la capea de Vilarello.

La Plataforma Galicia Mellor sen Touradas ha solicitado al Concello de Valga que haga públicos los montantes ??reales? de la subvención para la realización de capeas en la fiesta.

Festa da Xuventude. Capea de Vaquillas en la playa fluvial de Vilarello (Valga)

La Plataforma Galicia Mellor sen Touradas ha solicitado al Concello de Valga que haga públicos los montantes ??reales? de la subvención para la realización de capeas en la fiesta de la playa fluvial de Vilarello. Los abolicionistas reclaman además a la Xunta que ??no autorice un nuevo evento taurino? en la villa, como deducen pasará en la próxima Festa da Xuventude que se celebra cada año.

Desde la plataforma acusan al gobierno local de que ??jamás han realizado un ejercicio de transparencia? sobre su aportación a este evento y aseguró que ??los animales sí son sacrificados después del espectáculo? y acusan a los promotores y a la propia administración local de ??lucrarse del sufrimiento animal como forma de espectáculo?.
Sus miembros recordaron que están recogiendo firmas en ??Change.org? contra este y otros eventos taurinos en la comarca (señalan uno en Moraña) y explicaron que ya llevan más de 54.000 rúbricas.