Ana Pastor sinala en Extrugasa que o PP propón para a provincia máis tecido industrial e oportunidades e menos impostos.

• A candidata tamén amosou o seu apoio á creación dun apeadoiro ferroviario que favoreza a mobilidade na zona: “Fixar poboación no rural require de servizos e o apeadoiro daría aos veciños de Valga e doutras localidades da contorna facilidades para a mobilidade, permitíndolles prescindir de vehículos privados, reducindo a contaminación e os accidentes”.

A candidata ao Congreso, Ana Pastor, visitou esta mañá en Valga as instalacións da empresa Extrugasa, referente do sector do aluminio, que xera oportunidades e máis de 800 postos de traballo, e exporta a todo o mundo. Un referente a nivel galego, sinalou Pastor, e un exemplo do que o PP propón para o futuro desta provincia a partir do 23 de xullo: “máis tecido industrial e oportunidades, menos impostos e reducir toda a carga burocrática e administrativa á que teñen que facer fronte as empresas, para que compañías como Extrugasa poidan seguir crecendo”.

Durante a visita, Ana Pastor estivo acompañado polo xerente da empresa, do alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, da secretaria provincial do PP, Luisa Piñeiro, e dos tamén candidatos ao Congreso, Juan Andrés Bayón, Sara Martínez e Carmen Gómez. Apostou por ofrecer seguridade xurídica que facilite a actividade empresarial e emprendedora, que contribúa a xerar emprego e oportunidades, unha seguridade que a partir do 23 de xullo, sinalou, pode ofrecer un Goberno do Partido Popular liderado por Núñez Feijóo.

Na súa visita a Valga, Ana Pastor tamén puxo de manifesto o seu apoio á creación dun apeadoiro ferroviario que favoreza a mobilidade na zona. A candidata lembrou que esta é unha vella demanda do Concello que ela persoalmente e o Partido Popular respaldan dende hai anos. Lembrou, neste sentido, que esta obra estaba recollida no Protocolo de Colaboración que en 2016 asinaron o Concello de Valga e o Ministerio de Fomento sendo ela ministra.

Ana Pastor lamentou que dende entón non se teña avanzado nada nesta actuación, que sería de gran importancia para Valga. “Fixar poboación no rural require de servizos e o apeadoiro daría aos veciños de Valga e doutras localidades da contorna facilidades para a mobilidade, permitíndolles prescindir de vehículos privados, reducindo a contaminación e os accidentes. Estudantes que teñen que desprazarse ás cidades para estudar na Universidade, pacientes que deben acudir a hospitais, entre outros, serían usuarios do ferrocarril se o tren parase en Valga, como vén demandando o Concello. Ademais, dos centos de empregados que a diario se trasladan a este municipio para traballar nas importantes fábricas existentes. Extrugasa, que hoxe visitamos, é un exemplo. Esta vila é unha potencia empresarial e merece uns servizos que estean á altura”.

O noticieiro.gal

La Feira Medieval regresa a Padrón del 7 al 9 de julio.

Incluye mercado con más de 70 puestos, música, espectáculos y visitas guiadas

El Concello de Padrón recupera del 7 al 9 de julio la Feira Medieval. Contará con más de setenta puestos en el mercado a lo que se le unirán actuaciones musicales, torneos de lucha, un espectáculo de fuego así como dos visitas guiadas. De esta forma, la localidad volverá a viajar en el tiempo después de cuatro años, ya que no se celebra desde el 2019.

El mercado medieval abrirá el viernes 7 a las 17.00 horas. En ese primer día, también habrá animación en el casco urbano con Upsala Medieval y cuentacuentos con A Langoreteira. Se celebrará además la visita guiada trovadoresca (17.00 horas) y la de la Traslatio (20.00 horas), que partirán de Fondo de Vila.

El sábado, la actividad ya comenzará a las 11.00 horas. Destacan el torneo de lucha cuerpo a cuerpo (20.00 horas, plaza de Rodríguez Cobián) y el espectáculo itinerante «Errantes» (23.00 horas). El mercado cerrará en esa jornada a la una de la madrugada.

El domingo, la jornada final, destaca un gran espectáculo de fuego a partir de las 22.30 horas protagonizado por Asacocirco. La cita concluirá a medianoche. Las actividades fueron presentadas ayer por el alcalde, Anxo Arca, y la concejala Chus Campos.

La Voz de Galicia

Pontecesures celebra este domingo o Desfile Valeiro na honra da patroa: a Virxe do Carme

Este venres actúan Wöyza & The Galician Messengers e o sábado A banda da loba

Desfile Valeiro nas festas do Carme de Pontecesures / cedida

Desfile Valeiro nas festas do Carme de Pontecesures.

O Concello de Pontecesures vén de dar a coñecer o programa das Festas na Honra á Virxe do Carme, que terán lugar desde este venres 30 de xuño ao luns 3 de xullo. Catro días de festexos con pasarrúas, concertos, actividades infantís e o tradicional Desfile Valeiro do domingo 2 de xullo. A alcaldesa de Pontecesures, María Teresa Tocino Barreiro, asegura que “sacar unhas festas coma estas en menos de oito días foi algo moi difícil … pero penso que fomos quen de conseguir unhas festas moi dignas que de seguro desfrutarán os veciños e veciñas”.

O programa dará comezo este venres coa actuación musical de Wöyza & The Galician Messengers, un grupo liderado pola artista de hip hop e soul Sofía Trigo e que interpreta cancións populares do patrimonio histórico-cultural galego en clave de música urbana. Poderá gozarse a partir das 21.00 horas na Plazuela. O sábado 1 de xullo, haberá unha actuación na Plazuela ás 12.00 horas, e xa pola noite, a partir das 22.00 horas, chegará o gran concerto a cargo de A banda da loba.

El Correo Gallego

O exalcalde, Vidal Seage, na asemblea do GDR SALNÉS ULLA/UMIA.

O GDR SALNES ULLA UMIA PECHA A SUA ESTRATEXIA DO PROCESO LOCAL PARTICIPATIVO 2023-2027.

Onte tivo lugar en Exposalnés, Cambados, a xornada de peche da EDLP contando coa presencia dos Alcaldes, concelleiros e asociacións participantes na elaboración da nosa estratexia. O Presidente expuso os obxectivos, Plan de acción e medidas a levar a cabo para o novo período, ademais de explicar os novos baremos para a valoraración dos proxectos que se presenten ao programa LEADER.

A continuación celebrouse a Asemblea Xeral Extraordinaria cos seguintes puntos do orde do día:
* Aprobación das contas anuais 2022
* Memoria de actividades 2022
* Orzamento e Plan de actuación 2023
* Informe de Avaliación e seguemento
* Toma de acordos sobre a EDLP
Damos a benvida aos novos representantes do Concello de Moraña, o Alcalde Jose Luis Gómez Fontenla e o concelleiro Juan Deza do Concello de Sanxenxo.

Grazas a todas as persoas, entidades e colectivos sociais que se achegaron a Exposalnés de Cambados, por contribuír á elaboración dos obxectivos e Plan de acción da futura estratexia do territorio

Aviso do Concello de Pontecesures para as Festas do Carme 2023.

Hoxe a alcaldía acordou ampliar nunha hora o horario xeral de peche de cafeterías, bares, salas de festas, discotecas, pubs e cafés espectáculos no Concello de Pontecesures, durante o período de celebración das Festas do Carmen 2023, os días 1 e 2 de xullo de 2023. Polo que a veciñanza poderá gozar un pouco máis dos establecementos da zona durante as festas. Aconsellamos aos residentes que pregunten os horarios dos seus establecementos favoritos, que verán aumentados nunha hora a maiores do que indica a norma reguladora (DOG nº 219 de 30.10.2020). Compartimos o cartel da FESTA NA HONRA DA VIRXE DO CARMEN esperando vervos a todos e todas alí!

Concello de Pontecesures

Nota do goberno local sobre as Festas do Carme.

O Concello de Pontecesures vén de dar a coñecer o programa das Festas na Honra á Virxe do Carme, que terán lugar do venres 30 de xuño ao luns 3 de xullo. Catro días de festexos con pasarrúas, concertos, actividades infantís e o tradicional Desfile Valeiro do domingo 2 de xullo.

A alcaldesa de Pontecesures, María Teresa Tocino Barreiro, asegura que “sacar unhas festas coma estas en menos de oito días foi algo moi difícil, sobre todo porque non había nada programado con anterioridade pero penso que fomos quen de conseguir unhas festas moi dignas que de seguro desfrutarán os veciños e veciñas de Pontecesures”.

Acordo para o traslado da Festa do Churro

Neste sentido, a alcaldesa sinala que “por cuestións de tempo non se podía organizar a Festa do Churro, xa que non había nada previsto por parte do Goberno anterior. Por iso, onte mantiven unha reunión co colectivo, expliqueilles a situación e acordamos seguir adiante coa Festa do Churro pero cambiándoa de data: ao 7 de xaneiro”. Desta forma, a Festa do Churro terá lugar o Día do Patrón, “unha proposta que xa tiñamos en mente, porque pensamos que o inverno é unha mellor época para este produto e que entra mellor uns churros en inverno que roldando os trinta grados como imos estar o vindeiro luns 3 de xullo”, explica María Teresa Tocino.

De feito, a alcaldesa amosa a súa satisfacción xa que “o colectivo non so entendeu a imposibilidade de celebrar a Festa do Churro en xullo, senón que ademais pareceulles unha idea moi boa a da trasladala a xaneiro canda o Día do Patrón”, polo que agradeceu o apoio e colaboración do sector do churro cesureño.

Programación para todos os gustos e idades

A programación das Festas na Honra á Virxe do Carmen de Pontecesures inclúe actividades para todos os gustos e idades. O programa dará comezo o venres 30 de xuño coa actuación musical de Wöyza & The Galician Messengers, un grupo liderado pola artista de hip hop e soul Sofía Trigo e que interpreta cancións populares do patrimonio histórico-cultural galego en clave de música urbana. Unha fusión de xéneros e expresións contemporáneas como o soul, o gospel, o hip hop ou a danza urbana co patrimonio musical galego que poderá desfrutarse a partir das 21:00 horas na Plazuela.

A Asociación Cultural Xarandeira será a encargada de abrir a xornada do sábado 1 de xullo, cun pasarrúas matutino e unha actuación na Prazuela ás 12:00 horas. Xa pola noite, a partir das 22:00 horas, gran concerto a cargo de A banda da loba, un grupo de música galega integrado por cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para crear un proxecto colectivo. Mesturando pop, blues, folk, rock e sons tradicionais, A banda da loba foi quen de crear un estilo musical heteroxéneo, singular e moi prezado polo público.

domingo 2 de xullo amencerá cun gran disparo de bombas, un pasarrúas a cargo da Banda de Música de Lantaño e un concerto a cargo da Coral Polifónica Cultural A Barcarola. Ás 18:00 horas terá lugar o tradicional Desfile Valeiro e ás 18:30 horas está programada a misa solemne, tras a cal terá lugar unha procesión co acompañamento da Banda de Música de Lantaño. Pola noite, gran verbena coas orquestras La Ola ADN e América SL.

O Concello de Pontecesures lembra que as persoas que queiran participar na procesión das Festas na honra da Virxe do Carme poden inscribirse nas oficinas municipais ata as 14:00 horas do xoves 29 de xuño. A roupa para a procesión poderá recollerse o venres 30 de xuño, entre as 10:00 e 14:00 horas, na propia casa consistorial.

Finalmente, o luns 3 de xullo estará especialmente dedicado ao público infantil. Pola mañá, a Asociación Cultural Algueirada encargarase do pasarrúas, seguida ás 12:30 dunha misa a San Antón cantada pola Coral Polifónica Cultural de Pontecesures. Pola tarde, a partir das 17:00 horas, gran Festa Infantil con inchables, espuma, colchonetas… nas rúas San Lois e San Lázaro, así como na Plazuela. O grupo de animación infantil Las Pamisuky encargarase de poñer o punto e final ás festas cun divertido espectáculo lúdico-musical que inclúe unha gran variedade de cancións infantís e actuais nas que é precisa unha activa participación da rapazada a través de xogos e bailes.