Aeroxeradores en núcleos rurais.

DE BARBARIDADE cómpre cualificar (fronte ao que se debe entender como o normal emprazamento dunha explotación eólica) o que está a piques de se producir no Concello de Teo, nas súas lindes co de Padrón, por onde se asenta a alta parroquia de Lampai (a unhas dúas légoas de Compostela) cos núcleos rurais de Veitureira, Agrela e Santa Ana, Mosteiro, A Silva e Vilar do Bispo. A causa vén dada pola construción invasiva dun parque de xigantescos aeroxeradores que, dende as mámoas prehistóricas de Loureiro, se quere estender, atravesando esas áreas acasaradas, polo entorno do antiquísimo camiño ou vía xacobea portuguesa (lémbrese aquela cantiga medieval do trobador Xohan Airasna que se di “?por camiño de Lampai / pasar Miño e Doiro e Gaia”) de par da fermosa
estrutura xeolóxica do Monte da Pena, onde se tiña proxectado un sinxelo e amplo miradoiro de espectacular panorámica do Val da Amahía e o nacemento da Ría de Arousa ao fondo.

Un proxecto de instalación eólica menor intentouse levar a cabo, nesta mesma zona, hai doce anos e foi responsabelmente invalidado. Parece mentira que, a estas alturas e co goberno dunha galega modernidade, que está a demostrar unha coidada eficiencia en moitos aspectos do seu programa de reconstrución económica e unha bastante clara interpretación racional do concepto de desenvolvemento coordinado de Galicia, aínda se pretenda consumar, en áreas inadecuadas, este tipo de agresivas instalacións enerxéticas. Estes enormes emprazamentos estruturais e infraestruturais no medio duns núcleos rurais plenamente activos, nun sistema ecolóxico de bosques e cultivos, vencellado ao uso do monte e intercomunicado por unha consuetudinaria rede de camiños nun poboado concello como o de Teo e, xa que logo, na citada freguesía virá incidir de distintos xeitos na súa vida cotiá, e o seu espazo vital verase gravemente alterado así como prexudicado, tamén, o valor do seu patrimonio material aí radicado.

Nada menos que nun dos portais paisaxísticos de entrada á Capital de Galicia aberto cara á chaira do Sar, tan preto de Compostela, na parroquia de Lampai e á beira do primitivo Camiño de Santiago (que como tal consta nos antigos lindeiros de fincas que se queren expropiar), abarcando unha enorme zona de afección e nas inmediacións de casas proxéctanse aeroxeradores de 84 metros só de fuste (sen as aspas) con centros de transformación; liñas eléctricas soterradas, tanto polos viais a construír como por terreo libre; a interconexíón entre os centros e coa subestación transformadora. A relación de bens e dereitos afectados no Concello de Teo abrangue a 762 fincas.

Teño dito nalgunha ocasión que o lúcido sentido ordenador dun progreso enerxético equilibrado e de benestar social non se pode ver convertido nun progreso daniño e empobrecedor da imaxe desta bendita terra e dos habitantes que se vexan prexudicados por empresas especuladoras que se venderán ao estranxeiro. Galicia conta con serras e alturas mesetarias despoboadas e abertas aos fluxos dos ventos das correntes predominantes do sudoeste-nordeste e os seus contrarios. Non se nos veña complicar máis a vida aos que aínda integramos a Galicia habitada.

SALVADOR GARCÍA BODA?O

EL CORREO GALLEGO, 03/06/12

El PSOE insta a Feijóo a “coller as rendas do seu partido” para forzar la marcha de Vázquez.

Manuel González hizo ayer oficial su dimisión como vicepresidente de la Mancomunidad Ulla/Umia a raíz de la imputación de Roberto Vázquez por un presunto delito fiscal que habría cometido como administrador de la empresa Pazos Souto 2000. Arropado por el coordinado rcomarcal del PSOE, Roque Araújo, y la diputada Carmen Cajide, el concejal caldense confirmó que deja el cargo y que su partido “retíralle ó apoio ao presidente” ya que “ao negociar coa Fiscalía está aceptando que cometeu un delito”. Continúa como vocal de la Comisón Ejecutiva, al igual que los otros cinco representantes del PSOE en la Mancomunidad, como un “exercicio de responsabilidade, xa que consideramos que a institución pode e ten que funcionar” en beneficio de los siete concellos del Ulla/Umia. Algunos de ellos estaban representados en la comparecencia de ayer por concejales socialistas como la cuntiense Fátiima Monteagudo, el morañés José Antonio Rodríguez Taboada, y el valgués Javier Carballo. El concejal de Portas, Tomás Gallego, no pudo asistir al estar de viaje por motivos de salud.
Carmen Cajide instó al PP a que tome cartas en el asunto y fuerce la dimisión de Roberto Vázquez como presidente de la Mancomunidad y alcalde de Portas. “Non pode haber concellos de primeira e concellos de segunda” a la hora de “dignificar a política”, refiriéndose al esalcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, al que el PP hizo renunciar ante una situación judicial muy similar a la de Roberto Vázquez. Recordó la parlamentaria que en la investidura como presidente de la Xunta Feijóo aseguró que “respectaría as leis e dignificaría a política. Ou todo era mentira ou non ten criterio nin mando”, poniendo en duda incluso que quien “mande” en el PP a nivel autonómico sea Feijóo, Alfonso Rueda o incluso Rafael Louzán.
Si bien “ir contra un veciño doe máis”, Cajide Hervés incidió en que “a primeira premisa do PSOE é dignificar a política” y para que esto ocurrra en la comarca “teñen que poñer á fronte do Concello de Portas e da Mancomunidade a alguén que non estea denostado”

DIARIO DE AROUSA, 02/06/12

Plan para impulsar el asociacionismo en Valga.

El Concello de Valga, en colaboración con varios colectivos sociales, está desarrollando el programa Convive, una herramienta que tiene como finalidad “sensibilizar á cidadanía”, promover o diálogo e a participación cidadá ea integración social”. De esta forma tratan de “fomentar e impulsar o asociacionismo” y “resaltar a importancia das distintas inciativas integradoras que recollen as inquietudes dos veciños”.

DIARIO DE AROUSA, 02/065/12

Contestación de Luis Sabariz sobre o punto de información de Infesta.

Aínda que no pleno do pasado 28 de maio xa indiquei que no goberno anterior pouco, ou nada, tiven que ver na xestión do Punto de Información de Infesta financiado ao 100% pola antigua ADR Ulla/Umia con sede en Caldas de Reis, unha vez obtida a correspondente información quero contestar ao goberno local de Pontecesures o seguinte:

-Aínda que a columna, co teclado e o ordenador, chegou hai moito tempo, é certo que ata rematar 2010 non se colocou o elemento na rúa Infesta. Colocouno persoal municipal e unha empresa eléctrica para preparar a conexión de telecomunicacións.

-A demora foi importante porque daquela esperabase ter unha conexión a internet sen fíos para o punto. Como non era posible, realizouse a instalación pero só da columna pois o ordenador levouse, ao parecer, á nave de obras, pois había que dotalo de contidos e dar de alta a conexión de internet .

-Chegou o cambio do goberno e estas tarefas quedaron pendentes. A exalcaldesa pregou nun par de plenos ao actual alcalde que se puxese en marcha o PIM informando de que o custo para facelo era mínimo. As peticións caíron en saco roto ata que o PP solicitou o mesmo, con cambio de situación do punto para unha zona máis próxima ao albergue de peregrinos.

-Tal foi o desinterese durante case un ano (e o descoñecemento da titularidade da instalación) por parte do goberno local, que o concelleiro Roque Araújo chegou a chamar a S.A de Xestión do Plan Xacobeo para arranxar este asunto, cando dito organismo non ten nada que ver co PIM.

-Temos coñecemento de que un dos encargado de obras do concello comprobou que o ordenador estaba hai, máis ou menos, un mes no departamento de cantería da nave/almacén municipal. Sorprendentemente agora non se atopa e descoñecemos as razóns. Esperemos que o goberno local investigue sobre esta desaparición e tome as medidas oportunas.

-? evidente que o goberno anterior non xestionou ben este asunto (e asumo a parte de culpa que me corresponda), pero os xestores actuais levan un ano gobernando, teñen tres concelleiros cobrando un salario con adicación exclusiva e teñen a obriga de rematar os traballos ou xestións que quedaron ??digamos a medias? na institución.

-Non se pode poñer desculpas, hai que traballar, hai que conquerir axudas, hai que xestionar a xestión herdada. Dicir que nun ano os integrantes do goberno nin se enteraron que a columna viña cun ordenador no seu interior e que descoñecían se estaba dentro ou fóra é de ineficaces. E iso prexudícanos a todos.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

O Concello de Pontecesures presentou diante da Consellería de Traballo e Benestar o Proxecto anual dos Servizos Sociais Comunitarios cun orzamento total de 277.506,66 ?.

Pontecesures solicítalle  89.279,68? á Consellería e mantén o gasto social

A Consellería comunicou ao Concello que en 2012 só prorroga o financiamento da praza de traballadora social no concepto de persoal e do correspondente á Axuda no Fogar para Dependentes  por ter menos de 20.000 habitantes.

A Programación Anual dos Servizos Sociais Comunitarios presentada para o seu financiamento ten un orzamento total, incluídas outras achegas autonómicas, de 277.993,66? e inclúe, segundo o disposto nos artigos 9 e 26 do Decreto 99/2012 os seguintes programas e servizos básicos e específicos:

A) Básicos:

a) Programa de valoración, orientación e información (sen custe específico)

b) Servizo de axuda no fogar (SAF)nas modalidades de Prestación Básica (Libre Concorrencia) e Atención á Dependencia (42.506,00?)

c) Programa básico de inserción social:

– Campamentos de verán para menores (272,00?)

– Axudas municipais de emerxencia social (3.000,00?)

d) Programa de fomento da cooperación e solidariedade social:

– Programa de Alimentos en cooperación coa Fundación Amigos de Galicia e a Cruz Vermella Pontevedra (1.500,00?)

– Acollemento familiar de menores saharauís en colaboración coa asociación Solidariedade co Pobo Saharauí (1.780,00?)

– Cooperación ao Desenvolvemento a través do Fondo Galego de Cooperación (375,00?)

En canto á prestación básica do Servizo de educación e apoio familiar, inclúese, xa que o  mesmo se prestou durante o primeiro trimestre do ano (3.236,40?)

B) Específicos:

a) De atención da primeira infancia en centros e instalacións que posibiliten a conciliación da vida laboral e familiar:

Escola Infantil Municipal 0 a 3 (163.000,00?)

b) De xestión de programas enfocados á prevención e á atención de persoas en risco de exclusión:

Proxecto de educación básica de persoas adultas (17.700,00?)

c) De atención de persoas maiores en equipamentos e servizos que faciliten a súa socia­lización activa, a prevención da dependencia e a promoción da autonomía persoal:

Proxecto de termalismo Lúdico (1.342,00?)

d) De asesoramento, atención e orientación prestada a mulleres en situación de especial vulnerabilidade:

Proxecto de promoción da Igualdade de Oportunidades ente Mulleres e Homes e Prevención da violencia de xénero (11.600,00?)

Así mesmo a Programación inclúe os conceptos de Mantemento e  Traballadora Social (Persoal).

Pontecesures solicita financiamento polo importe de 89.279,68?, co seguinte detalle:

– Persoal: 16.639,88?

– Mantemento: 200,00?

– Axuda no fogar:

o Modalidade de prestación básica do Plan Concertado: 8.800,00?

o Modalidade para persoas valoradas como dependentes: 22.639,80?

– Xestión de programas: 41.000,00?

 

El tripartito rechaza las alegaciones y ratifica la subida de tasas de la guardería y la piscina.

El gobierno tripartito de Pontecesures ratificó en la sesión plenaria del lunes la subida de tasas de la guardería municipal y la piscina al rechazar las alegaciones presentadas por vecinos. En el caso de la guardería, la reclamación del padre de uno de los niños matriculados instaba al Ejecutivo a aplazar hasta el comienzo del nuevo curso el aumento de los precios, ya que de lo contrario la previsión económica que tenían realizada las familias se verá trastocada. Los tres partidos de la oposición (PP, IP y ACP) apoyaron la propuesta de este afectado ya que sería ??menos lesiva para os usuarios, que contarían cun tempo prudencial para adecuarse á nova situación?, apunta el portavoz del PP, Juan Manuel Vidal Seage. Por su parte, Luis Sabariz (de ACP) recordó que el gobierno local aplicará de forma inmediata (en cuanto la modificación de la ordenanza se publique en el BOP) los precios máximos establecidos por la Xunta, cuando ??era posible fixar cantidades inferiores?, y acusó al concejal de Educación, Roque Araújo, de ??non dicir a verdade aos usuarios botándole a culpa da subida á administración autonómica?. Aunque en el Pleno el equipo de gobierno no entró a debatir sobre la subida de tasas, Araújo afirmó ayer sobre la guardería que ??imos cumplir legalmente o que estipula a Xunta?.
En relación a la piscina, el edil socialista defiende la subida de precios como necesaria y que las instalaciones arrojaron el año pasado un déficit de 8.000 euros en los dos meses que estuvieron abirtas. ??Hai que tomar medidas tanto pola vía dos ingresos como dos gastos? para reducir el déficit e incidió en que las anteriores tasas databan de 1985. ??Están sen modificar desde entón e era necesario facelo. Entendemos que é unha subida brusca, pero si se tivera feito gradualmente agora non sería tan rechamante?, concluyó Araújo. La alegación rechazada por el tripartito estaba firmada por once vecinos que pedían que el incremento de precios fuese más moderado, pasando a costar las entradas para niños a 0,90 en lugar de 1,50 y las de adultos se fijaran en 1,20 en lugar de 3 euros. Sabariz considera que la reclamación era ??constructiva? y que la subida aprobada por el Ejecutivo ??é disparatada e pon en risco de desaparición a actividade lúdica e deportiva?. También el popular Vidal Seage defendió ??unha alternativa menos lesiva para a cidadanía?, incidiendo en que, en algunos casos, la subida de la tasa alcanza el 300%. El PP aboga por aplicar ??medidas máis imaxinativas para minorar os costes? de los servicios, en lugar de ??trasladar vía prezos todo o peso aos usuarios?. Sobre la reducción de los gastos, Roque Araújo, comentó que están en negociaciones con la empresa Barbatana para ajustar al máximo el presupuesto. La compañía presentará al Concello varias propuestas de horarios con sus respectivos precios para que el gobierno local elija el que más se adecúe a sus posibilidades. Recientemente se acometieron trabajos de acondicionamiento en los jardines del recinto y queda pendiente la parte técnica. Se prevé que las instalaciones se abran al público a partir del próximo 29 de junio, teniendo en cuenta que ese fin de semana se celebran en el municipio las Fiestas del Carmen.

DIARIO DE AROUSA, 30/05/12