Educación dotará al colegio de un sistema de calefacción nuevo para bajar el gasto de gasoil.

La persistencia de los problemas con la calefacción del colegio de Pontecesures a pesar del arreglo, a principios de curso, de la caldera, han llevado a la Consellería de Educación a decidirse a dotar al centro de un sistema renovado, de manera que se gane en eficiencia energética para ??alcanzar o confort necesario? en las instalaciones educativas y ??reducir os custos actuais de gasoil, que son realmente excesivos, xa que o gasto dun mes é o que debería corresponder a dous?, explica el delegado de la Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís. Ayer, acompañado por el jefe territorial de Educación, César Pérez Ares, se reunió con la directora del CEIP Pontecesures, María Begoña Regueira, a la que anunciaron la puesta en marcha en breve de un nuevo sistema de calefacción. Se invertirán 58.000 euros para acometer tres tipos de intervenciones: reforma de la sala de calderas y revisión de la chimenea y la caldera, la instalación de la tubería de distribución y del sistema hidráulico, y la revisión del depósito, algo que ??non fixo o Concello e que é obrigatorio cada cinco anos?, incidió Cores Tourís.
El jefe territorial de Educación adelantó que el próximo lunes se desplazarán al colegio técnicos de Educación para coordinar con la comunidad educativa el calendario de trabajos, intentando que influyan lo menos posible en el normal desarrollo de la actividad del centro. Así, se prevé que las obras se ejecuten por Semana Santa, llevándose a cabo por las tardes, de manera que las clases no se vean afectadas.

José Manuel Cores Tourís comentó que la mala situación actual se debe al deterioro que presenta el sistema, que fue renovado en el año 2000. ??Desde entón, e van xa doce anos, o Concello de Pontecesures non executou nin unha soa obra de mantemento, o que provocou o deterioro da caldeira e das conducións, que se foron degradando por mor da corrosión?, lamentó el delegado de la Xunta. Tourís insistió en la obligación que tienen los concellos de realizar obras de mantenimiento en los centros educativos y, además, ??deben ter firmado un contraro de matemento para a caldeira. Esperamos que o Concello de Pontecesures se axuste á lexislación vixente para que este novo sistema de calefacción poida durar moitos anos?.

Satisfacción.
El concejal de Educación de Pontecesures, Roque Araújo, manifestó su satisfacción al comprobar que ??por fin cristalizaron tantos meses de negociacións? y achacó también los problemas surgidos con la calefacción a la ??falta de mantemento da caldeira durante os anos anteriores?, si bien ahora ??firmamos un contrato de mantemento cunha empresa? para evitar nuevos deterioros. El edil apuntó como una de las principales bondades del nuevo sistema de calefacción del colegio que ??vai haber unha zonificación? entre distintos edificios que integran el recinto educativo, de manera que ??a calefacción só chegue a onde é necesarios, a aqueles inmobles que estén ocupados?. Araújo quiso agradecer ??os esforzos e a inversión? realizados por la Consellería de Educación y aguarda que ??a colaboración se manteña durante os próximos anos?.

También el concejal independiente Luis Sabariz, que con insistencia viene reclamando actuaciones de calado en el sistema de calefacción del colegio, se felicitó al conocer que la Xunta invertirá unos 58.000 euros en la renovación de las conducciones y tuberías. Recuerda que su formación política, ACP, ??sempre solicitou a renovación total do sistema? enviando varios escritos al jefe territorial de Educación, ya que aunque la caldera fue arreglada hace unos meses ??as perdas de auga nas tubarías ocasionaban un consumo de combustible desorbitado?. Sabariz Rolán se refirió también a las ??críticas por parte de Roque Araújo ás xestións realizadas por nós, enredando o asunto con voltas e máis voltas sen clarificar o que estaba a pasar?. Pero ahora, entiende Sabariz, ??non é o momento de máis reproches, senón de felicitarnos todos polo importante investimento a prol da comunidade educativa?.

DIARIO DE AROUSA, 10/03/12

Cores Tourís anuncia a posta en marcha dun novo sistema de calefacción no CEIP de Pontecesures.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra reuniuse coa directora do centro destacando que estas obras permitirán gañar en eficiencia enerxética

Lamenta que o concello non realizara as labores de mantemento dende o 2000 o que provocou o deterioro da caldeira

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, entrevistouse esta mañá coa directora do CEIP de Pontecesures, María Begoña Regueira, e co xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, para anunciar a posta en marcha en breve dun novo sistema de calefacción neste colexio.

Con estas obras búscase gañar en eficiencia enerxética para que se poida alcanzar o confort necesario no centro e reducir os custos actuais de gasoil en Pontecesures ??que son realmente excesivos, xa que o gasto dun mes é o que debería corresponder a dous meses?.

A actual situación débese ao deterioro que presenta o actual sistema de calefacción que foi renovado no ano 2000. ??Dende entón, e xa van 12 anos, o concello de Pontecesures non executou nin unha soa obra de mantemento o que provocou o deterioro da caldeira e das conducións que se foron degradando por mor da corrosión?, lamentou Cores Tourís.

A obra terá un investimento de 58.000 euros e suporá tres tipos de intervención: reforma da sala de caldeiras e revisión da cheminea e da caldeira; instalación da tubaxe de distribución e do sistema hidráulico; e finalmente, a revisión do depósito ??algo que non fixo o concello e que é obrigatorio cada cinco anos?, recordou o delegado territorial.

Segundo apuntou pola súa banda o xefe territorial de Educación, o próximo luns trasladaranse ata o centro técnicos da Xefatura para coordinar coa comunidade educativa o calendario de traballos de cara a que se realicen do xeito menos prexudicial para o desenvolvemento das xornadas educativas. ??As obras comezarían e rematarían arredor da Semana Santa e se levarían a cabo polas tardes, de xeito que o centro non se vira afectado en canto a impartición normal das clases.

José Manuel Cores Tourís quixo insistir no feito da obrigatoriedade que teñen os concellos de realizar obras de mantemento nos centros educativos dos seus municipios. ??Tamén teñen que ser conscientes da obrigatoriedade de ter firmado un contrato de mantemento para a caldeira. Deste xeito, en Pontecesures esperamos que o municipio se axuste a lexislación vixente e que este novo sistema de calefacción poida durar moitos anos?, rematou o delegado territorial.

Páxina oficial da Xunta de Galicia, 09/03/12

Manifesto do Concello de Pontecesures do 8 de marzo: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

O equipo de goberno municipal  de Pontecesures, diante da data do 8 de marzo, Día internacional das Mulleres, queremos manifestar que asumimos a loita pola igualdade como un compromiso democrático, imprescindíbel para avanzarmos cara unha sociedade xusta. Non podemos tolerar que a metade da poboación sufra discriminacións e se limite o exercicio dos seus dereitos. Acreditamos no necesario compromiso das institucións públicas coa igualdade, que deben articular medidas e programas que atendan as súas demandas e loiten contra as discriminacións de xénero. Lamentabelmente, estamos a ver coma as mulleres son as principais afectadas pola crise económica e social que estamos a vivir xa que baixo o pretexto da crise, estase aplicando un programa regresivo, con efectos negativos para os dereitos e as condicións de vida das mulleres.

A feminización da pobreza é xa un feito na nosa sociedade facendo desaparecer avances acadados en decenios de esforzos de acción positiva.

O paro feminino medra por riba do masculino así como o número de mulleres inactivas que desisten de buscar emprego. A nova precariedade do mercado laboral e o recorte nas pensións afectará máis negativamente ás mulleres, que son maioría nos traballos a tempo parcial e na economía somerxida, cun promedio de menos anos de cotización e tamén son maioría como perceptoras de pensións non contributivas. Os recortes de servizos sociais e de atención á dependencia forzan a máis mulleres a asumir de novo o papel de coidadoras non retribuídas.

Todos eles son pasos atrás na procura da independencia económica imprescindíbel para rachar situacións de convivencia de parella violentas.

Os homes e mulleres que conformamos a Corporación Municipal de Pontecesures demandamos políticas que permitan a creación de emprego e o acceso en igualdade das mulleres ao mesmo; priorizar a loita e os recursos contra a violencia de xénero; apostar polos servizos públicos e a corresponsabilidade nas tarefas do coidado e a crianza. Para logralo é precisa a nosa implicación.

Podemos parar esta ofensiva e camiñar cara un modelo social e económico que albisque un futuro en igualdade en Galicia.

 

 

 

Ao Concello de Pontecesures correspóndenlle nove operarios de servizos polo Plan de Emprego da Deputación.

Como nos últimos anos a Diputación vai contratar operarios de servizos dentro do Plan Provincial de Emprego 2012. A Pontecesures, como a todos os concellos, correspóndenlle 9 traballadores/as, con contrato por seis meses. Ese ano a novidade é que serán traballadores a tempo parcial por 25 horas semanais. O custo é asumido na súa totlaidade polo ente provincial, e o concello só ten que poñer os materiais e a roupa de traballo.

Lémbrase que a selección faina a Deputación, mediante a entrevista correspondente, e a relación laboral é entre o órgano provincial é o traballador co salario aplicable no convenio da institución.

O Concello de Pontecesures debe indicar a ocupación e o tipo de traballo para que a Deputación faga a oferta de emprego na correspondente oficina.

Os traballadores desempregados que aspiren á selección é fundamental que se interesen canto antes no concello sobre as ocupacións solicitadas, e actualizar na Oficina de Emprego os datos e ocupacións nas que están inscritos. Hai que ter en conta que dende ditas oficinas van ir as listas cos preseleccionados/as á Deputación (varios candidatos por praza) e só serán citados para a entrevista as persoas que figuran na lista para decidir logo os traballadores/as seleccionados.

“O que está a ocorrer en Herbón obedece a unha mala información do concello”.

O superior do convento franciscano, Roberto Freire, relatou en Radio Obradoiro como se chegou á tensión actual pola solicitude de declaración da abadía como BIC // Ven de poñer unha denuncia na Garda Civil pola morte por envelenamento dun dos cans do convento

El Correo Gallego recolle este martes un suceso rexistrado o pasado domingo no convento de Herbón, en Padrón: a morte por envelenamento dunha das mascotas da abadía. En Radio Obradoiro, o superior do convento, o franciscano Roberto Freire, explicaba que as tensións que desembocaron neste desgraciado suceso se remontan ó pasado 23 de xaneiro, “cando houbo unha reunión no concello para falar da solicitude de declaración da abadía como Ben de Interese Cultural. Ese mesmo día pola noite recibín unha chamada telefónica na que o interlocutor ameazaba con matar ós cans do convento. ? día seguinte repetiuse a chamada, e o pasado 24 de febreiro produciuse un primeiro envelanemento, pero chegamos a tempo”.

Non tiveron esa sorte este pasado domingo, e Alma, a cadela que participaba en programas de terapia con nenos autistas e persoas con Alzheimer, morría logo de inxerir estricnina. Onte interpuxeron a correspondente denuncia na Garda Civil. O superior do convento expresaba a súa preocupación polo feito de que, igual que lle tocou a un can, lle puidera tocar á xente de Amipa.

Segundo Roberto Freire, a oposición dalgúns veciños á solicitude de declaración do convento como BIC “só é procedente da mala información. Cando se fixo esa solicitude, na súa resposta Patrimonio presentou unha zona máis ampla da solicitada para a súa protección. Sen embargo, esto non lle foi ben explicado ós veciños, e chegáronse a dicir cousas que non son certas como que se tiñan que tapar os invernadoiros con tullas ou que se ía cambiar a calificación do solo”. O superior do convento de Herbón pensa que o goberno local ten responsabilidade no que está a acontecer, precisamente por non falar cos padroneses sobre esas diferencias entre a solicitude orixinal e a resposta de Patrimonio, “cando transcorreron dous meses dende que lle chegou o expediente ata que se produciu a primeira reunión”.

Freire insistiu en que “non se poden converter as alegacións nunha defensa do pemento, como se nos tiveramos algo en contra. De feito, foron os franciscanos os que trouxeron o pemento a Padrón”.

EL CORREO GALLEGO, 06/03/12

Campamentos de verán da Xunta de Galicia 2012.

Ao abeiro da Orde do 29 de febreiro de 2012 da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, saeu publicada no Diario Oficial de Galicia (D.O.G. nº 45 do 05/marzo/2011) a oferta de prazas en campamentos xuvenís dentro do Programa ??CAMPA?A VERÁN-2012? para rapaces/as de 9 a 17 anos. Este programa consiste en estadías de 1 ou 2 semanas en residencias xuvenís tanto en Galicia como noutras Comunidades Autónomas, durante as cales se realizan diferentes actividades, tanto de ocio e lecer como didácticas e deportivas.

O prazo para a solicitude de prazas para estos campamentos remata o vindeiro 20 de marzo, tendo a disposición de tódolos interesados/as as solicitudes e o resto da documentación na Oficina Municipal de Información Xuvenil na Casa do Concello.

Os interesados/as en participar nestos campamentos poden obter máis información na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) do Concello de Pontecesures (Teléf.: 986 56 44 10). Máis información na web da Xunta de Galicia, no seguinte enlace:

http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html