Será no Auditorio de Cordeiro o sábado 28 de setembro, ás 21 horas. A actuación forma parte do ciclo Música coas nosas bandas. A entrada será libre.
Xarandeira actuará o 26 de agosto nas Festas dos Aflixidos de Lestrobe.
O grupo folclórico cesureño amenizará este día o pasarrúas e ás 19 horas ofrecerá un concerto de gaitas e bailes populares.
Convidan á corporacion municipal aos actos oficiais das Festas de Porto.
A Asociación Cultural San Roque de Porto convidou aos integrantes da corporación de Pontecesures para asistir á Procesión de San Roque que sairá o venres 23 de agosto, ás 12 horas, da Praza dos Valeiros e á Misa Solemne que terá lugar na Igrexa de Pontecesures ao remate da procesión. Tamén convidase á corporación a degustar un viño galego ao regreso á Praza dos Valeiros onde haberá o concerto da banda de música.
Herbón estrea «As notas do pemento», un festival clásico nos venres de xullo.
Unha combinación inusual cruzará Herbón todos os venres deste mes de xullo. A música clásica e os pementos. O festival As notas do pemento comeza hoxe no Convento de Herbón e continuará celebrándose todos os venres deste mes.
Ensemble Gioia será o primeiro dos grupos en participar neste festival no que participarán as mellores promesas da música clásica galega, tanto de lírica, barroca, cuartetos de vento ou dúos de piano e gaita.
A horta, o claustro e a fontes serán os espazos para as actuacións que comezarán todos os venres ás 20.30. O día 28, domingo, haberá concerto extra ás 12.00. O festival nace coa intención de promocionar a un tempo a historia e produción dos pementos e a súa relación cos franciscano e tamén promover o coñecemento da música clásica en Galicia.
LA VOZ DE GALICIA, 05/06/13
Festas do Carme 2013 en Pontecesures.
VENRES, 5 DE XULLO
-Pola mañá gran disparo de foguetes.
-Ás 20:00 horas no “Ramón Diéguez” partido de fútbol Flavia S.D-Cordeiro, equipos de 1ª rexional.
-De 22:00 a 2:00 horas. Dj na Plazuela.
-De 00:00 a 4:00 horas. Dj xunto a Correos e no no peirao.
SÁBADO, 6 DE XULLO.
-Pola mañá disparo de foguetes.
-Ruada a cargo dos grupos Xarandeira e Airiños do Meda.
-De 11:00 a 13:00 horas, xornadas de baloncesto no pavillón para nenos/as de 8 a 11 anos (organiza o CB. Extrugasa Río Ulla).
-Ás 12:30 horas na Plazuela, actuación de Xarandeira e de Airiños do Meda.
-Ás 21:00 horas 1ª Carreira de burros. Trofeo A.C. Festa Rachada. Saída da Plazuela.
-Ás 22:00 horas, no peirao verbena cos grupos Troco e Nubes.
DOMINGO, 7 DE XULLO
-Pola mañá disparo de foguetes
-Ruada a cargo da Banda de Música Municipal de Valga e concerto ás 13:00 da citada banda na Plazuela.
-Ás 18:30 horas, tradicional Desfile Valeiro
-Ás 19:00 horas, misa cantada pola Coral Polifónica A Barcarola, e deseguido procesión da Virxe do Carme polas rúas do pobo con ofrenda floral no peirao. Ao remate da procesión concerto pola Banda de Música Municipal de Valga.
-As 22:00 horas no peirao,Orquestra Capitol.
-Ás 00:00 horas, Hugo y Yhadira en concerto, concursantes do programa La Voz de Tele 5.
-Remata a festa a Orquestra Capitol.
LUNES, 8 DE XULLO.
-Pola mañá, disparo de foguetes-
-Ruada a cargo do grupo folclórico Algueirada.
-Ás 12:30 horas, nmisa cantada pola Coral Polifónica de Pontecesures na honra do Santo Antón.
-De seguido na Plazuela, actuación do grupo Algueirada.
-Ás 18:00 horas na Plazuela, xogos populares para nenos e maiores, carreiras de sacos, baile da pataca, tiro á chave, etc…
-Ás 22:00 horas no peirao, Festa Rachada co grupo Assia e a orquestra Olympus.
Organiza: A.C. Festa Rachada
Colaboran. Concello de Pontecesures, Concello de Valga, Deputación de Pontevedra, casas comerciais e veciños.
Xabier Ron, de AGE, pide suspender o concerto da cantante israelí Noa.
Di que é unha intérprete que “apoia e xustifica a colonización de Palestina e a violencia racial que o Estado israelí aplica sobre a poboación árabe”
Alternativa Galega de Esquerda (AGE) considera que “non é de recibo” gastar diñeiro público nunha intérprete que “apoia e xustifica a colonización de Palestina e a violencia racial que o Estado israelí aplica sobre a poboación árabe”, polo que pide suspender o concerto de Noa e reclama á Xunta que faga “prevalecer a ética” á hora de contratar artistas.
Nun comunicado, AGE resalta que as simpatías co sionismo militar de Noa “son notorias” e recorda que en 2009 chegou a denominar “traballo á matanza, efectuada polo Estado de Israel a través do seu exército, de 1.400 palestinos na Franxa de Gaza”.
“Non imos considerar a arte musical da solista”, di o deputado Xabier Ron, quen advirte, a liña seguida, que “non todo vale neste mundo e a ética debe prevalecer tamén na contratación de artistas pro parte da Administración pública”.
Alternativa recorda que o pobo de Palestina “vive hoxe prisioneiro no seu propio territorio, rodeado dun enorme muro que segrega as xentes”. Así, tamén esixe á Xunta que “rompa relacións con Israel e cancele o concerto do 21 de maio”, que recentemente anunciou a Consellería de Educación e Cultura.
“¿ Como podemos contratar unha persoa que apoia unha colonización denunciada por organismos internacionais ou un bloque a Gaza que impide a chegada ao lugar de alimentos e medicinas?”, pregúntase o parlamentario de AGE, grupo que tamén preguntará á Consellería de Cultura polo custo do concerto e se apoia os actos de “ocupación” do territorio de Palestina e a “constante vulneración dos dereitos humanos por parte de Israel”.
EL CORREO GALLEGO, 12/05/13