O Presidente de Terra Galega, Pablo Padín, e os Integrantes da Dirección Nacional, José Manuel Blanco Suárez (Alcalde de Narón), Manuel Andrade (concelleiro de Carballo) e Xosé Marquez (concelleiro de Arteixo) compareceron hoxe en rolda de prensa para anunciar a celebración do seu III Congreso que terá lugar o día 21 de xaneiro do 2012, no que se renovarán os órganos do partido e presentarán as súas líneas de acción para os próximos catro anos.
Segundo explicou o Presidente da formación, Pablo Padín, este congreso convócase para definir a política do partido e establecer as líneas de actuación tanto a nivel político como organizativo para os próximos catro anos. O regulamento do congreso, elaborado pola comisión organizativa, se fará chegar a todos os afiliados e agrupacións locais para que poidan aportar as súas propostas antes do 16 de xaneiro.
Por outra banda tamén se anunciou que Terra Galega non concurrirá as próximas Eleccións Xerais do 20 N. O Presidente de Terra Galega explicou como motivos para non presentarse a ditas eleccións, entre outros, a discriminación a que están sometidos os pequenos partidos en este tipo de comicios, xa que a lei electoral beneficia sempre as grandes forzas políticas, e os «pequenos como TEGA vémonos obrigados a facer un esforzo maior para poder chegarlle a xente as nosas propostas» declarou Pablo Padín.
Terra Galega non estará parada durante este período electoral e como a cuarta forza política que é, con 23 concelleiros/as e entre eles o o alcalde da octava cidade de Galicia, seguirá presentando o seu programa a través da súa páxina web.
Na súa intervención o alcalde de Narón, reiterou que Terra Galega é un partido municipalista e que trata de trasladar ao resto do país as súa políticas municipais. Que o próximo obxectivo político de TEGA son as eleccións ao Parlamento Galego no que cree que van a xogar un papel fundamental e consideran que determinados problemas como son a xustiza, a sanidade, a educación e as pensións téñense que tratar conxuntamente por todos os partidos e que as líneas de actuación non deben mudar cada catro anos. Tamén apostou, nesta época de crise, por unha tendencia a comarcalización ou a mancomunar servizos e a desaparición das Diputacións e que asuman as súas funcións a Xunta de Galicia ou os propios concellos directamente «xa que son uns entes que so se dedican a repartir subvencións aos seus grupos» manifestou José Manuel Blanco.
Por último as declaracións de Manuel Andrade «creo que vamos sair moi reforzados de este III Congreso tanto a nivel organizativo como político para afrontar unhas eleccións autonómicas nas que lles devolvamos a ilusión aos galegos cun partido de centro».
TERRA GALEGA, 08/10/11