Malestar en Padrón porque el homenaje a Rosalía se celebrará en Santiago.

El gobierno municipal dice no entender por qué se cambió el lugar del acto conmemorativo del nacimiento de la poetisa

«Malestar» en Padrón por la decisión de la Fundación Rosalía de Castro de no celebrar, por primera vez, en la capital del Sar el aniversario del nacimiento de la escritora, que se conmemorará el 24 de este mes en Santiago. Será en la capilla del Hostal de los Reyes Católicos, donde fue bautizada la poetisa. Fuentes del Ayuntamiento aseguraron ayer que «non entendemos o motivo de tal cambio» que, al parecer, adoptó la comisión ejecutiva de la fundación. Será el 175 aniversario del nacimiento de Rosalía.

Ante este tipo de decisiones y a la vista de que las principales instituciones públicas que aportan los fondos de la entidad (Xunta, Diputación y Ayuntamiento) no apoyaron el presupuesto para este año, fuentes municipales añaden que la fundación «trata ao Concello de Padrón como un mero suministrador de diñeiro, sen ter en conta para nada as súas opinións» y de ahí el malestar por esta última decisión de trasladar el acto a Santiago, algo que tampoco ha gustado a otros patronos.

De hecho, según cuentan varios de ellos, no sabían nada del cambio de lugar del acto pese a que se acaba de celebrar el plenario para la aprobación de las cuentas de 2011 y el presupuesto de este año, una reunión que, según estas fuentes, destacó por la «falta de transparencia» que hubo a la hora de mostrar los números del ejercicio anterior y los de este. «Antigamente sempre se nos facilitaba aos patronos o presuposto e as contas con tempo, antes do plenario, e agora case non podemos preguntar», dice un patrono en alusión a lo sucedido en la última reunión.

Responsabilidades

De hecho, a la vista de «como transcurreu esa reunión» y de que el presupuesto de 2012 no cuenta con el apoyo de las principales instituciones públicas que lo sustentan, más de un patrono consideró la posibilidad de que la presidenta de la fundación, Helena Villar Janeiro, hubiera presentado su dimisión en los días posteriores al plenario, teniendo en cuenta que es la máxima responsable de las cuentas que destinan el 40 % al salario bruto de la gerente y solo el 7,5 % para las actividades propias.

LA VOZ DE GALICIA, 14/02/12

Nota sobre as contas das Festas do Carme 2011.

Hai uns tres meses este concelleiro solicitou autorización para consultar, un a un, os documentos xustificativos dos ingresos e de dos gastos das Festas do Carme 2011 celebradas os días 2, 3 e 4 de xulio. Logo de reiterar varias veces a solicitude, no día de onte recibín un escrito do alcalde co resumo das cifras dos gastos e dos ingresos.

Independientemente que vou vou a seguir insistindo na autorización para comprobar os documentos xustificativos, e tendo como base os importes reflectidos na documentación enviada xa podemos dicir:

1. Que o concello de Pontecesures ten que adicar dos seus orzamentos a cantidade de 25.215,41 euros para as Festas do Carme 2011. Os ingresos foron de 14.126,70 euros, mentres os gastos ascenderon a 39.342,21 euros.

2. Que en 2010 co goberno anterior o concello tivo que afrontar o custo de 10.930,50 euros. Os ingresos en dito ano foron de 19.976,92 euros mentres os gastos foron de 30.907,42 euros.

3. Que, en consecuencia, en 2011, co novo goberno, o concello ten que soportar un custo de 14.284,91 euros máis que en 2010 polas Festas do Carme.

Deste asunto nada dixo o grupo de goberno na recente rolda de prensa para informar sobre cuestións económicas con acusacións para o goberno anterior. Tampouco se facilitaron as contas no pleno, amosándose que o goberno non quere debater estas cuestións no órgano colexiado.

Critícase, sobre todo, o importante incremento de gasto para as festas deste ano. Non se entende que nestes tempos de crise no que tantas dificultades se están a pasar por moita xente, en lugar de reducir gastos nestes conceptos festivos, increméntense os mesmos ata ter que afrontar nada menos que 25.215,41 euros dos fondos municipais. Isto é dificilmente entendible pola veciñanza. Nós na edición de 2010 xa reducimos considerablemente os gastos en relación con edicións anteriores ante a crise xeral, pero o goberno local incrementounos en moito. Deixóuse unha situación económica aceptable, pero de seguir o goberno con este ritmo de gasto podemos ter problemas pronto. O incremento dos gastos polo custo das dedicacións que cobran os tres tenentes de alcalde hai que engadirlle tamén este apartado e outros que iremos detallando. Mal asunto.

Dende logo, levamos unha pobre immpresión este ano das festas. Primeiro apreciamos que a Festa do Churro do 4 de xullo (integrada na programación do Carme) foi totalmente devaluada nesta edición. Despois observamos que por primeira vez na historia permitiuse colocar unha barra de bar a carón dos palcos das verbenas con notable prexuizo da hostalería da vila. Agora nos atopamos con esta triste nova das contas. Un detalle máis para añadir ao balance realizado hai uns días dos primeiros cen días do novo goberno. Ademáis de inoperante tamén temos un goberno gastador.

Pontecesures, 15/10/11

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures

Álvarez Angueira: «Pontecesures é totalmente viable».

A oposición de Pontecesures presume de ter deixado as arcas locais, cando menos, nunha situación «aceptable». Pero o goberno que preside o nacionalista Álvarez Angueira non ve as cousas deste xeito. Afirma que cando el marchou do Concello, catro anos atrás, as contas estaban máis saneadas (cun superávit de 211.000 euros) e que os seus antecesores practicaron unha política do gasto «sen control». Así que agora toca aforrar.

-¿De onde van quitar?
-De onde se poida. Aínda non hai nada decidido, non sei se imos recortar nos gastos correntes ou no que. Estamos mirando o gasto telefónico, do alumeado público…, pero algunha medida hai que tomar. O concello non ten por que pagar 40.000 euros polas festas do Carme. Haberá que facer unha comisión para que os veciños, se queren festas, as paguen. Pero xa digo, non temos nada decidido. Temos que falar diso o grupo de goberno porque urxe.

-E iso que Pontecesures non debe nin un céntimo aos bancos e ten remanente de tesourería positivo…
-Cando consultamos como estaba a situación con intervención, vimos que o remanente do que tanto presume a oposición non é real porque atopamos facturas sen recoñecer, 94.000 por un lado e 90.000 por outro, que agora temos que pagar. Todo isto déixanos cunha liquidez baixa que nos da para ir aguantando ata fin de ano, para funcionar o día a día, sen facer grandes cousas.

-¿Que se vai facer?
-Ademais de rematar a rúa Caldeirón, temos 87.000 euros do Plan de Investimento da Deputación para obrar en varias rúas. E logo temos proxectos que presentamos a Augas de Galicia, pero que van depender de se hai financiamento: a recuperación dos mananciais, tapar o regadío de Condide e facer a separación de augas fecais e pluviais no tramo de Couto, Carreiras, Paxareira e Infesta.

-Pontecesures é un concello pequeno e, coa que está caíndo, estase falando moito da necesidade de fusionar concellos. ¿Podería ser o caso?
-Eu estou en total desacordo coa fusión de concellos. Se ata hai uns anos eran viables e funcionaban ben, ¡por que agora non poden seguir igual? O que habería que replantearse é o sistema de financiamento local do Estado. Pontecesures é independente desde 1925 e debe seguir séndoo. Nun 97 % ten carácter urbano o cal facilita a prestación de servizos. ? un concello perfectamente viable.

-¿Como se levan no tripartito?
-Moi ben, ogallá estiveramos igual de ben no tema dos cartos. Hai comunicación entre os tres grupos, que é o que acordamos e o que queremos para de aquí a catro anos.

LA VOZ DE GALICIA, 04/10/11

«Somos moi localistas, deberiamos intentar agrupar a maior parte de servizos».

Valga pode presumir de ter unhas contas bastante saneadas en comparación con outros concellos de ao redor. «Non quero dicir que eu sexa o mellor xestor que pode ter Valga, pero os concellos que non temos problemas de liquidez é porque axustamos os gastos e os ingresos», di o alcalde. Con todo, Valga non deixa de ter problemas. Os principais son o pago de máis de 644.700 euros ao Estado en concepto de devolución dos tributos e a débeda de case 800.000 euros que lle reclama o Concello ao Adif polas obras feitas para eliminar os pasos a nivel na vía do tren. Estas rémoras van minguar, e moito, a capacidade de gasto e investimento para o 2012. O que non vai haber, sostén José María Bello Maneiro, é subida de taxas ou impostos no 2012.

-¿Como van repercutir os recortes orzamentarios en Valga?
-No vindeiro ano vanse manter todo tipo de servizos. As previsións que estamos recompilando para iniciar a redacción dos vindeiros presupostos prevé o mantemento de todos eles.

-Pero dalgún sitio haberá que quitar.
-Haberá que ir eliminando algunha cousa, pero as básicas, como a educación e servizos sociais, vanse seguir mantendo porque entendemos que son prioritarias. Haberá que adaptarse ás circunstancias.

-Por de pronto, xa teñen paralizada a construción do edificio de usos administrativos por falta de cartos…
-Si, porque o edificio administrativo non é prioritario. Aínda que no Concello esteamos apretados, podemos traballar. Pero o resto das obras, sobre todo as de saneamento, vanse manter.
-¿Non cre que quizais se gastou moito en cemento nos últimos anos en detrimento de inversión produtiva?
-Houbo momentos como cando foi co Plan E que si se gastou en cemento, en obras que non eran prioritarias, pero había que gastar eses cartos porque senón os concellos os perdían.

-Fálase moito da necesidade de reformar o sistema de financiamento local, ¿que opina?
-Eu son partidario de que ten que haber un cambio. Os concellos teñen que ter outras aportacións. Na participación dos tributos do Estado hai que subir a porcentaxe. O que non ten sentido é dar servizos para os que os concellos non teñen competencias, como os servizos sociais. Nós, por exemplo, temos o centro de discapacitados desde hai anos, cando esta non é unha competencia do concello. Estamos dando servizos que son da Xunta ou do Estado. Outro exemplo é o da educación, onde asumimos os gastos de mantemento dos edificios, e conserxes…, sen ter competencias.

-¿Como ve a fusión de concellos?
-Iso é un tema bastante delicado. Somos moi localistas, e cada un de nós defendemos a capa e espada o noso territorio. Pero se as cousas están como están hai que ir reducindo persoal, e para reducir funcionarios sería necesario xuntar concellos, e especialmente aqueles de cen ou douscentos habitantes.

-Falando de fusións, a experiencia da Mancomunidade do Ulla non resultou moi ben…
-Eu teño experiencia de ter sido oitos anos presidente, e remítome a que somos moi localistas, e creo que non é positivo. Debemos intentar agrupar servizos, pero os alcaldes teñen que ter un compromiso serio de pagos e aportacións, non vale de nada mancomunar servizos se un non fai aportes, iso é o que provoca os problemas económicos.
«Haberá que eliminar gastos, pero en educación e servizos sociais vanse manter»
«Con plan E se gastou en cemento para obras que non eran prioritarias»

30/9/2011 – + Enviar Imprimir Volver Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , (0 votos) Envíando datos… Espere, por favor. Gracias. Valga pode presumir de ter unhas contas bastante saneadas en comparación con outros concellos de ao redor. «Non quero dicir que eu sexa o mellor xestor que pode ter Valga, pero os concellos que non temos problemas de liquidez é porque axustamos os gastos e os ingresos», di o alcalde. Con todo, Valga non deixa de ter problemas. Os principais son o pago de máis de 644.700 euros ao Estado en concepto de devolución dos tributos e a débeda de case 800.000 euros que lle reclama o Concello ao Adif polas obras feitas para eliminar os pasos a nivel na vía do tren. Estas rémoras van minguar, e moito, a capacidade de gasto e investimento para o 2012. O que non vai haber, sostén José María Bello Maneiro, é subida de taxas ou impostos no 2012.

-¿Como van repercutir os recortes orzamentarios en Valga?
-No vindeiro ano vanse manter todo tipo de servizos. As previsións que estamos recompilando para iniciar a redacción dos vindeiros presupostos prevé o mantemento de todos eles.

-Pero dalgún sitio haberá que quitar.
-Haberá que ir eliminando algunha cousa, pero as básicas, como a educación e servizos sociais, vanse seguir mantendo porque entendemos que son prioritarias. Haberá que adaptarse ás circunstancias.

-Por de pronto, xa teñen paralizada a construción do edificio de usos administrativos por falta de cartos…
-Si, porque o edificio administrativo non é prioritario. Aínda que no Concello esteamos apretados, podemos traballar. Pero o resto das obras, sobre todo as de saneamento, vanse manter.
-¿Non cre que quizais se gastou moito en cemento nos últimos anos en detrimento de inversión produtiva?
-Houbo momentos como cando foi co Plan E que si se gastou en cemento, en obras que non eran prioritarias, pero había que gastar eses cartos porque senón os concellos os perdían.

-Fálase moito da necesidade de reformar o sistema de financiamento local, ¿que opina?
-Eu son partidario de que ten que haber un cambio. Os concellos teñen que ter outras aportacións. Na participación dos tributos do Estado hai que subir a porcentaxe. O que non ten sentido é dar servizos para os que os concellos non teñen competencias, como os servizos sociais. Nós, por exemplo, temos o centro de discapacitados desde hai anos, cando esta non é unha competencia do concello. Estamos dando servizos que son da Xunta ou do Estado. Outro exemplo é o da educación, onde asumimos os gastos de mantemento dos edificios, e conserxes…, sen ter competencias.

-¿Como ve a fusión de concellos?
-Iso é un tema bastante delicado. Somos moi localistas, e cada un de nós defendemos a capa e espada o noso territorio. Pero se as cousas están como están hai que ir reducindo persoal, e para reducir funcionarios sería necesario xuntar concellos, e especialmente aqueles de cen ou douscentos habitantes.

-Falando de fusións, a experiencia da Mancomunidade do Ulla non resultou moi ben…
-Eu teño experiencia de ter sido oitos anos presidente, e remítome a que somos moi localistas, e creo que non é positivo. Debemos intentar agrupar servizos, pero os alcaldes teñen que ter un compromiso serio de pagos e aportacións, non vale de nada mancomunar servizos se un non fai aportes, iso é o que provoca os problemas económicos.
«Haberá que eliminar gastos, pero en educación e servizos sociais vanse manter»
«Con plan E se gastou en cemento para obras que non eran prioritarias».

LA VOZ DE GALICIA, 30/09/11

Manuel Luis Álvarez Angueira: ??Imos loitar por seguir sendo independentes?.

??Completar o pavementado da periferia, adecentar a zona do peirao, dispor de un centro de actividades socioculturais, contar cunha nova circunvalación e rexenerar o Ulla son obxetivos claros para esta Corporación?

Desde Piñeiro Ares e Victoriano Trenco, o goberno en Pontecesures é cousa de dous, e ate de tres. As maiorías parecen pouco doadas,

As maiorías foron ata o ano 1996, e a partir de ahí houbo distintas fórmulas pero non con maioría absoluta.

Pregúntollo porque non se entende moi ben que nun concello de 1.500 votantes se presenten hasta 7 candidaturas.

Vaia por diante que todo o mundo ten dereito a presentarse. O que pasou aquí é, dende meu análise persoal, que o PP estaba roto e dividido. Sobre todo nestas últimas eleccións na forma de elección do candidato que xerou malestar. Isto é un pouco porqué se presentaron 7 listas.

Das que por certo sairon 6.

?ramos 106 candidatos o cal quere dicir que hai moita xente implicada, a nivel familiar e de amigos, co cal se hai 1.500 votantes coma ben dis, o voto está moi repartido. Aparte eu creo que das 7 listas, 4 eran de persoas do Partido Popular. Maribel Castro era una excepción, que durante a canditatura se presentou como Independiente de Pontecesures. E o señor Randulfe foi portavoz do PP ata o 22 de maio?

E a campaña pode decirse que non foi moi limpa, sobre todo contra a súa persoa.

Algunhas persoas pensan que na política vale todo, pero outros pensamos, como no meu caso, que a política ten unhos límites. A crítica está moi ben, pero pasar de ahí ás acusacións explícitas ou implicitas sáese do límite da crítica para entrar na descalificación persoal. Evidentemente, a mín non me poden acusar de nada se non estou acusado de nada.

¿Preocúpalle a denuncia presentada contra vostede?

Non, eu teño a conciencia tranquila. Iremos ó Xulgado e xa o xulgado resolverá o que corresponda cando chegue o mento.

¿Cómo están as contas?

Se lle digo a verdade é que as cotas municipais están nunha situación de preocupación que teremos que ver no equipo de Goberno. Porque hai unha serie de cousas das que polo de agora prefiro non falar e que sairán no seu momento. Dende logo, son unha sorpresa e incluso algunas nos parecen bastante grandes.

¿Sorpresas negativas, claro?

Por suposto, por suposto.

¿Esas contas limitan moito o gasto? ¿Queda capacidade de reacción?

Para alguna cousa, para ir facendo as cousas do día a día, pero debido á mala xestión do goberno anterior que non preveeu e que non planificou adecuadamente, obrigaranos a facer investimentos relativamente importantes.

? ser Pontecesures un concello pequeno e con moitos problemas resoltos, como ode saneamento, diríaxe que gobernar é atender o día a día.

Non, non, obxetivos importantes hainos sempre. Porque a ilusión da cidadanía é constante. Sí temos resoltos esos problemas de saneamento, pero quedan problemas de pavimentado na zona de extraradio, non tanto no centro do pobo; hai que mellorar toda a zona do peirao; nós consideramos necesario contar cun dentro de actividades socioculturais pola cantidade de asociacionismo. Hai que facer espacios de lecer para os veciños, un centro de día… En fin, moito maís.

Hai cinco anos nunha entrevista anterior vostede faloume de remodelar o muelle. Aínda seguimos nesas e con proxectos contrapostos.

Hai dúas lexislaturas, cando gobernábanos nós, prantexamos unha remodelación importante. Fomos a Portos e presentamos un proxecto portuario, pero co cambio de goberno de 2007, pouco máis tarde presentaron un proxecto de Portos, que nos pareceu interesante a todos e que incrementaba un pouco máis do que estaba previsto, pero non fixeron ningún tipo de investimento para este proxecto, estando incluso o PP na Xunta. Pasou o tempo i hai uns meses presentaron alternativas que foron descartadas por toda a Corporación, alternativas surrelistas que incluían eliminación da vía do tren ou darlle tránsito ás camións que viñan de Nestlé, acceso pola parte de atrás do Club Náutico… en fin, algo sin pes nin cabeza. Nós seguimos insistindo daquela que o proxecto válido era o inicial. Agora todo está en stan-bay, hai que retomar o tema e facer a partires de agora canto antes una reunión con Portos de Galicia para retomar o proxecto. Porque temos un río que poñer en valor e contar cun paseo e unha zona de lecer no muelle é importante

Acaba de anunciarse unha nova ponte para a variante na N-550 que enlazaría coa que vai de Cesures a Valga…

Non fai moito que saiu na prensa que esa variante se suspendera, o que non é certo, tal como nos confirmaron desde a Xefatura de Demarcación de Carreteras, que siguen adiante cos estudios e informes pertinentes e co trazado que no seu día consensuamos na Corporación e que era pola parte superior da Autopista dirección Valga, para entendernos.

A rexeneración do Ulla foi sempre unha das súas teimas personais. Qué cómpre facer?

Pois mire. En primeiro lugar que este concello e outros que verten no Ulla teñan o saneamento necesario. Hai que ser conscientes de que nós temos una depuración importante pero nos fai falta chegar ao 100%. Iso é costoso. Poremos todo o empeño pero precisaremos un reforzo por parte da administración. Pola nosa parte poremos todo o empeño

¿E a idea dun paseo peatonal á beira do dío?

Bueno, ese é un proxecto que tiñamos nós hai 5 anos. No medio da vía que ten Padrón, que fixeron as súas xestións porque tamén afecta a outros concellos. Entonces a idea sería recuperar ese axuda de costas de Pontevedra e da Coruña. A idea sería por un lado facer un paso peatonal aproveitando os antigos pilares enriba da ponte ao lado de Padrón e por outro lado un paseo matítimo que pagara o Estado dende a carretera nacional 550 ata un lugar chamado As Pesqueiras. Eso sería a maneira de poñer en valor algo para beneficio de todos. Tanto de Pontecesures, como de Padrón? Bueno, imos a iniciar o proxecto que o goberno anterior rechazou porque obrigaba a un canon de 1400 euros anuais.

Presumen de un tecido veciñal con moita xente xoven.

? que Pontecesures resulta atractivo para as parexas novas por os servicios que se prestan, aá dinamización social e veciñal, sen esquecer a propia ubicación geográfica perto de lugares como Vilagarcía Pontevedra, Padrón, Santiago, Ribeira, Boiro…

Falan de agrupar concellos.

Nós imos loitar por ser independentes. Xa o fixemos en 1925. Non queremor ser parte de outros.

El perfil.

Manuel Luis Álvarez Angueira (1.961. San Xulián Pontecesures) confésase nacionalista e militante en política dente os vellos tempos do instituto, aínda que na municipal entrou en 1991, da man do BNG onde milita.
Licenciado en Filosofía, ensina esa disciplina nun colexio i é un gran amante do deporte, especialmente remo e bicicleta. Ahora retoma a alcaldía perdida en 2007 e, dende a tranquilidade, normalidade e falla de euforia que demostra por tal feito, podería presidir o primeiro pleno recordando a vella cita de ??Decíamos onte…? Tamén o periodista, claro, que en catro anos apenas mudaron os problemas e as inquedanzas do pobo e do seu alcalde.

TIERRAS DE SANTIAGO, 23/08/11

Ángel Souto, Roque Araújo e Arturo Ferro elixidos presidentes das comisións informativas de Pontecesures.

Ángel Manuel Souto Cordo foi elixido presidente da Comisión de Obras, Urbanismo e Servizos por tres votos a favor (Álvarez Angueira, Arturo Ferro e o propio Souto) e dúas abstencións (Cadilla Piñeiro e Maribel Castro)
Roque Luis Aráujo Rey foi elixido presidente da Comisión de Asuntos Xerais por tres votos a favor (Margarita García, Cecilia Tarela, e o propio Araújo) e dúas abstencións (Juan Manuel Vidal e Flora Ferreirós).
Arturo Ferro González foi elixido presidente da Comisión Especial de Contas por tres votos a favor (Álvarez Angueira, Roque Araújo y el propio Ferro) e dúas abstencións (Juan Manuel Vidal y Maribel Castro). Nesta comisión informouse favorablemente a Conta Xeral 2010 e retirouse a proposta da delegación da recadación das altas do imposto de vehículos de tracción mecánica no ORAL ata ter máis datos sobre custo e outros detalles.