Entroido no CPI Pontecesures

Este venres 17 de febreiro de 2012, a partir das 11h30, o CPI PONTECESURES celebra o Entroido. Trátase dunha actividade común a todo o centro e a ela están convidados as familias dos alumnos e alumnas.

Este ano o tema escollido é o das Olimpiadas. Os diferentes grupos de nenos e nenas desde educación infantil até educación secundaria obrigatoria, pasando por educación primaria desfilarán no pavillón municipal de Pontecesures ante os seus familiares caracterizados de diferentes maneiras alusivas ao deporte olímpico e realizando diferentes bailes.

Tendo en conta os tempos que corren, cheos de negros presaxios, nada mellor que a suspensión que nos permite o Entroido para divertirnos e rirnos e así liberarnos das tensións. Por iso, animamos a todas as familias a que se acheguen ao pavillón municipal de Pontecesures para dar acubillo á ilusión dos nenos e nenas.

Charla para a educación dos alumnos da ESO do CPI Pontecesures o 29 de febreiro.

O mércores día 29 de febreiro, ás 19:30 horas terá lugar esta charla na biblioteca do CPI Pontecesures destinada aos pais/nais dos alumnos/alumnas da ESO.
Na sesión informativa e formativa abordaránse os datos dun estudo que ven de realizarse recentemente con tódolos alumnos da ESO de Ponteceures e que refrexan uns resultados interesantes e chamativos, como por exemplo: tempo que adican a estudar, internet, televisión, asinaturas suspensas, consumo de tabaco, de alcol, asistencia ó botellón….entre outros datos.
Analizaranse temas como ofracaso escolar, consumo de drogas a idades moi tempranas, transtornos na conduta alimentaria, abuso das novas redes sociais etc…condutas que de non reconducilas poden chegar a condicionar, en moitas ocasións, de forma irreversible o seu futuro, máxime na sociedade actual que demanda cada vez persoas máis formadas.

Alumnos de 3º e 4º da ESO do CPI Pontecesures desprazáronse en tren a Santiago para asistir a unha actividade.

No día de onte 16 alumnos da ESO, 8 de de 3º e 8 de 4º, e dous profesores de francés, desprazáronse ende Pontecesures a Santiago en tren (ida e volta) para asistir a unha obra de teatro no Colexio «La Salle».
? de agradecer esta iniciativa do colexio na defensa dos medios de transporte públicos facendo constar que ao tratarse dun colectivo a viaxe tivo unha rebaixa do 40% sobre o importe dos billetes.

A partir do 31 de xaneiro, e por uns días, o autobús do transporte escolar de Porto non sairá do campo de fútbol.

As obras de canalización do gas na rúa do Campo van impedir, perante uns días, que o autobús do transporte escolar dos alumnnos de Porto para o CPI Pontecesures comece o seu percorrido, como está establecido, a carón do campo de fútbol ao non poder circular por esta rúa.
Así o 31 de xaneiro e uns días máis, o autobús sairá dende a rúa Calera de Porto e chegará, logo das clases, ao mesmo punto.

Clases de lingua inglesa no CPI Pontecesures

O alumnado do CPI PONTECESURES de 4º-5º e 6º de Educación Primaria está recibindo clases de conversa en lingua inglesa os xoves pola tarde, en horario extraescolar.

As clases que se imparten en grupos que non superarn os 10 alumnos/as queren incidir no obxectivo de mellorar a competencia oral en lingua inglesa , tanto en comprensión coma en expresión.

As clases son impartidas por profesorado do CPI.