A ACP solicita ao Xacobeo a colocación de indicadores do albergue de Pontecesures no Camiño.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Foi dirixido no día de onte a Sr.D. Andrés González Murga, conselleiro delegado da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo o seguinte escrito:

“”Resulta realmente unha mágoa que o Albergue Peregrinos de Pontecesures, recentemente inaugurado e que esta situado fronte ao edificio administrativo do CPI Pontecesures a escasos metros do Camiño Portugués onde pasan os peregrinos, non teña nin un cartel anunciador do albergue no propio camiño para desviarse e facer uso das instalacións de desexarse.

Parece ser que se está a encargar pola sociedade a cartelería para este fin, pero a demora parece non ter límite e cada vez son máis os peregrinos que percorren o camiño a partir desde mes.

Mediante a presente, solicítase que se activen as xestións para que os indicadores sexan colocados con toda urxencia, co fin de potenciar o uso e aproveitamento do albergue.

Pontecesures, 3/4/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures”


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.