Comezará ás 16:00 horas no pavillón polideportivo con exposición dos traballos de pintura, manualidades e punto de cruz. Dende as 16:30 horas exhibicións de tenis, baile moderno, danza clásica e teatro.
Ao remate seranlle entregados agasallos aos nenos/as que participaron nas actividades 2008/2009 e a outros que gañaron o certame das Letras Galegas 2009.
De seguido terá lugar unha pequena festa de despedida con dúas colchonetas, mesa de debuxo, maquilladora de fantasía, barra de bar e unha tómbola para recadar fondos cara ao vindeiro curso. Para rematar terá lugar a festa da escuma.
Prezo para os nos socios: 2 euros.
A ANPA agradece a colaboración co festival do Concello de Pontecesures, do CPI Pontecesures, de Chupa Chups, de Elías Sanmarco Enrique e do Grupo Xarandeira.
Relación de premiados no concurso “Letras Galegas 2009” das ANPAS de comarca.
O acto celebrouse no Auditorio de Ferreirós, correspondéndolle á ANPA do CEIP Ferro Couselo de Cordeiro organización do evento.
Logo da actuación do contacontos Cándido Pazó, entregáronse os premios aos nenos dos colexios participantes (CEIP de Baño-Valga e Ferro Couselo de Cordeiro, e CPI Progreso de Catoira e Pontecesures).
TERCEIRO DE PRIMARIA
1º Jacobo Dopazo Ferreiro (CPI Pontecesures)
2º Rubén Villanustre Loureiro (CPI Catoira)
3º Andrea Novo Agrafojo (CEIP Baño) e Manuel Serramito Gómez (CEIP Ferro Couselo)
CUARTO DE PRIMARIA
1º Antía Figueira Gómez (CEIP Ferro Couselo)
2º Antía Sobrino Romero (CPI Catoira)
3º Samuel García Castro (CPI Pontecesures) e Iván Sanmiguel Lorenzo (CEIP Baño)
QUINTO DE PRIMARIA
1º Julia Ribeiro Castiñeiras (CPI Catoira)
2º Julia Viqueira Valero (CEIP Baño)
3º Sabela López Caldelas (CPI Pontecesures) e Roi Pereira Angueira (CEIP Ferro Couselo)
SEXTO DE PRIMARIA
1º Iria Esperón Abril (CEIP Baño)
2º Sergio Martínez Gómez (CPI Pontecesures)
3º Laura Sanjurjo Susavila (CEIP Ferro Couselo)
Ademáis o 6º curso do CEIP Ferro Couselo gañou o I Premio de Investigación Escolar cunha recompilación etnográfica de Manuel de Gens.
Para rematar o acto interpretáronse unhas pezas por un grupo de pandereteiras de Cordeiro.
Mañá venres, día 15, entréganse os premios “Letras Galegas 2009” das ANPAS de Catoira, Valga, Cordeiro e Pontecesures.
Participaron neste concurso, que se celebra xa hai máis de dez anos, os alumnnos/as de 4º, 5º e 6º de educación primaria do CPI Progreso de Catoira, do CEIP Xanza de Baño-Valga, do CEIP Ferro Couselo de Cordeiro e do CPI Pontecesures.
Nesta edición a organización, que é rotatoria, correspóndelle á ANPA do CEIP Ferro Couselo de Cordeiro.
Os traballos consistiron en redaccións ou poemas en galego e foron xulgados polos mestres de primaria dos centros.
O venres día 15 de maio, ás 19:00 horas no Auditorio de Ferreirós terá lugar a entrega de premios nun acto aberto ao público.
A ANPA do CPI Pontecesures felicita a todos os participantes e convida a nenos e maiores a asistir a este acto de entrega de premios.
Mañá teatro no CPI Pontecesures.
Mañá xoves, día 14 de maio, ás 20:00 horas, na bibioteca do CPI de Pontecesures, alumnnos/as e profesores/as representarán a obra “A VODA DE ESGANARELLO”.
O prezo é de 3 euros, e a recadación será destinada á excursión de remate de curso dos alumnos/as de 4º da ESO.
Unidade didáctica de piragüismo no Club Náutico de Pontecesures.
Nos meses de maio e xuño de 2009 haberá formación teórica e práctica da modalidade de piragüismo dirixida a alumnos/as en idade escolar do CPI Pontecesures, CEIP Xanza de Baño-Valga e CEIP Flavia de Padrón
Alumnos da ESO do CPI Pontecesures interésanse por www.pontecesures.net.
Para incluir no “Voceiro do Pino Manso” que é a revista que elaboran os alumnos do centro, catro alumnos/as de 4º da ESO estivéronse a interesar polo funcionamento, antigüidade e outras cuestións relacionadas con esta páxina.
Dende logo é unha honra que este medio informativo conte cada vez con máis seguidores.