Sobre as dúas da pasada madrugada, o ter coñecemento un grupo de veciños de Pontecesures, que as luces do ximnasio estaban acendidas con ruido no interior, achegaronse ao patio escolar e lograron reter a catro xoves que presumiblemente saían do ximnasio (xa apagaran a luz). Os contedores da porta do ximnasio estaban no chan, e había botellas enteiras e rotas a carón da entrada do ximnasio e das portas do edificio de secundaria.
Tamén había botellas no interior do ximnasio preto das colchonetas, varias sillas volteadas e papel hixiénico polo solo da instalación. Foi forzada, para entrar, a porta do recinto deportivo.
Mañá sera colocada unha nova pechadura e será presentada a correspondente denuncia no Cuartel da Garda Civil de Valga.
As persoas retidas, foron identificados pola Garda Civil tras presentarse no lugar avisada polos veciños. Tres xoves viven en Pontecesures e outro de Padrón. Había máis xoves que fuxiron do lugar cando se decataron da presenza dos veciños.
Aberto o prazo de preinscrición de alumnos no CPI Pontecesures.
Por parte do centro anunciouse que, entre o 2 e o 31 de marzo, está aberto o prazo de preinscrición de alumnos no CPI Pontecesures para o curso escolar 2009/2010.
As tres mesas electorais de Pontecesures estarán no Colexio.
Por segunda vez, as tres mesas electorais para os comicios autonómicos do 1 de marzo, estarán no CPI Pontecesures. O acceso a mesa U, de 706 electores, será pola porta segunda do edificio de secundaria, entrando pola verxa do patio fronte ao Pino Manso. Os electores desta mesa son os de Condide, Couto, Carreiras, Toxa, Grobas, Fenteira, Infesta, Praza de Pontevedra, Paxareira e unha marxe da Avda. de Vigo (dirección Vigo á esquerda).
O acceso á mesa A, será pola primeira porta do edificio de secundaria, entrando tamén pola verxa do patio fronte ao Pino Manso. Ten 912 electores, que son os que corresponden ao resto do municipio, do A ata o G coma inicial do primeiro apelido.
Ten o mesmo aceso a mesa B e está composta por 920 electores (do H ata o Z coma inicial do primeiro apelido).
Excursión á neve da ANPA do CPI Pontecesures. Mañá remata o prazo de inscrición.
A excursión a Cabeza de Manzaneda, organizada pola Xunta Directiva da ANPA, será o sábado 7 de marzo. O prezo para os nenos socios é de 3 ?, e para os adultos socios é de 15. Para os nenos non socios o prezo é de 20 ?, e para os adultos non socios de 25.
A saída dos autobuses será ás 8:00 horas da beirarrúa de educación infantil do CPI, estando prevista a chegada á estación invernal ás 11:00 horas. Entre esa hora e ás 14:00 está previsto o paseo libre. O xantar será entre ás 14:00 e ás 15:30 horas no resturante. Dende o remate do xantar, ata ás 16:30 horas poderase disfrutar dun novo paseo libre. Rematado éste, entregarase a merenda aos rapaces e terá lugar a saída para Pontecesures, estando prevista a chegada para ás 20:00 horas.
Os ingresos para asistir débense facer na conta da ANPA en Caixanova nun prazo que remata mañá día 23 de febreiro.
No caso de que non haxa neve a excursión será suspendida e serán devoltos os cartos ingresados.
Mañá festival de entroido no CPI Pontecesures.
Será as 11:30 horas, e o tema dos disfraces será o terror. Así os alumnos irán de vampiros, de demos, de bruxas, de esqueletos, de zombis, etc….
Están convidados ós pais/nais para presenciar o desfile.
Alumnos de Cesures en Galiciadixital.
Un grupo de alumnos do CPI Pontecesures visitarán hoxe a exposición Galiciadixital, organizada pola Secretaría Xeral de Comunicación. Trátase dunha innovadora mostra permanente interactiva baseada en promocións virtuais e multimedia de primeira liña realizadas en Galicia e na que veñen traballando máis de cen persoas, empresas do eido audiovisual e as universidades galegas. As novas tecnoloxías introducen ó visitante nunha atmósfera especial, unha viaxe de sensacións, imaxes, luces e sons que o envolven. a sede permanente de Galiciadixital está no Mosteiro de San Martiño Pinario, en Compostela.
DIARIO DE PONTEVEDRA, 18/02/09