
Dirixidas a alumnos/as dende o 2º ciclo de Educación Infantil ata a E.S.O.
Prazo de solicitude: dende o 9 de agosto ata o 15 de setembro.
DESCARGA DE BASES, BANDO INFORMATIVO E FORMULARIO DE SOLICITUDE:
Dirixidas a alumnos/as dende o 2º ciclo de Educación Infantil ata a E.S.O.
Prazo de solicitude: dende o 9 de agosto ata o 15 de setembro.
DESCARGA DE BASES, BANDO INFORMATIVO E FORMULARIO DE SOLICITUDE:
. DIA 2/9 (XOVES): COMENZAN SÓ OS/AS NOVOS/AS ALUMNOS/AS.
. DIA 3/9 (VENRES): INCORPORANSE ALUMNOS/AS DE CURSOS ANTERIORES ( O PRIMEIRO DÍA SÓ 2 HORAS).
. DIA 6/9 (LUNS): ACUDIRÁN TODOS OS/AS ALUMNOS/AS NOS HORARIOS MARCADOS POLA TITORA CORRESPONDENTE.
LISTADO DEFINITIVO DAS PRAZAS CONCEDIDAS PARA AS SOLICITUDES DE NOVOS/AS ALUMNOS/AS DE CARA Ó VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2021-22 DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DO Concello de Pontecesures.
O PRAZO DE MATRICULA DESTAS PRAZAS CONCEDIDAS É DO 1 Ó 15 DE XUÑO.
A LISTAXE REFIRESE AS PRAZAS PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2021-22.
IMPORTANTE: O PRAZO PARA COMPLETAR A DOCUMENTACIÓN É ATE O LUNS 26 DE ABRIL (ULTIMO DIA).
PODESE CONSULTAR AQUI O DOCUMENTO: http://www.pontecesures.org/vercontenido.asp?ar=1&id=96&sec=7
O prazo para a presentación de solicitudes para a preinscrición do alumnado de nova matrícula para o vindeiro curso 2021/2022 no CPI Pontecesures continúa aberto. Os/as pais/nais ou titores poderedes facer a vosa solicitude ata o 22 de marzo.
Máis info en:
O Centro Rural Agrupado (CRA) de Valga organiza unha xornada de portas abertas co obxectivo de dar a coñecer as súas instalacións e tamén o proxecto educativo que se desenvolve nas escolas que o conforman: Campaña, Chenlo, Ferreirós, Forno, Vilarello e Xanza, centros nos que se imparte o segundo ciclo de Educación Infantil (de 3 a 6 anos).
A xornada, a través da que se divulgará o proceso de matrícula e o proxecto educativo do centro, terá lugar o venres, 26 de febreiro, a partir das 15.30 horas. As visitas serán individuais e cumprindo todas as medidas anti-COVID e estarán dirixidas polas titoras das seis escolas, segundo a información facilitada polo Concello.
Nesta actividade poden participar familias, tanto de Valga coma doutras localidades, interesadas en matricular aos seus fillos ou, simplemente, en coñecer o funcionamento do CRA e das seis escolas que o integran, que contan neste curso cun total de 59 alumnos matriculados, o que supón unha media de 10 por aula.
ALUMNADO O prazo para presentar as solicitudes de admisión nas escolas do CRA valgués para o vindeiro curso 2020-21 estará aberto entre o 1 e o 20 de marzo, para nenos nados no ano 2018, que comezan o segundo ciclo de Infantil, aínda que tamén poden incorporarse rapaces nacidos en 2017 e 2016 que queiran cambiar de centro.
“O número de alumnos mínimo para manter as seis escolas está garantido para o próximo curso”, confirma o director do CRA, Adrián Baloira. “As familias cada vez buscan máis este tipo de centros máis próximos, con ensinanza máis individualizada e cunha ratio pequena de alumnos que permite impartir unha educación de calidade”.
O Centro Rural Agrupado de Valga conta actualmente con alumnado de Valga, pero tamén doutras vilas da contorna como Pontecesures, Catoira, Cuntis ou Padrón. “De cara ao vindeiro curso tamén recibimos o interese de familias de Teo, Rois e Caldas de Reis, que veñen expresamente polo tipo de educación que se imparte nas nosas escolas”, indica o director.
Coa mesma estrutura e funcionamento que calquera outro centro educativo público, o CRA de Valga destaca pola adaptación ás características da súa contorna e ás necesidades do alumnado, promovendo un ambiente educativo familiar nun entorno natural próximo que facilita a adaptación dos cativos.
PROFESORADO O equipo docente do CRA está formado por seis mestras titoras, é dicir unha por aula; por mestres de apoio á E.I (traballo que fan na aula xunto coa titora); por unha mestra especialista en Inglés (que imparte dúas horas semanais en cada aula); un mestre especialista en Música (2 horas semanais en cada aula); mestre especialista en Física (2 horas ás semana en cada aula); unha mestra de Relixión Católica; un orientador; e dúas coidadoras para o alumnado con necesidades educativas especiais.
Tamén integran a plantilla docente un auxiliar de Conversa nativa en lingua inglesa que acompaña na docencia á mestra especialista de inglés; unha mestra especialista en Audición e linguaxe para a atención do alumnado con necesidades especiais, que ademais realiza unha sesión semanal en cada aula para un programa da estimulación da linguaxe de todo o alumnado; e unha mestra especialista en Pedagoxía terapéutica que atende ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que o require.
El Correo Gallego