A Barcarola inicia un nuevo curso con pintura, canto, manualidades y un taller de memoria.

La asociación A Barcarola de Pontecesures retoma hoy varias de sus actividades, en las que todavía se admiten inscripciones. Será el taller de pintura al óleo el encargado de inaugurar el nuevo curso esta tarde, entre las 18 y las 21 horas, en dependencias del Club Juvenil.

En estas mismas instalaiones se impartirá los viernes, entre las siete y las nueve de la tarde, “Arre nas túas mans”, unas sesiones dn las que la variedad está a la orden del día con patchwork, cerámica, mimbre, restauración, pintura en tela, encaje de Camariñas, estaño, trabajos en cristal, complementos, cuero y diseños para Navidad, entre otras actividades.

A Barcarola oferta también clases de canto, que tendrán lugar los martes de 20 a 22 horas en el Centro social. Además la asociación cesureña desarrollará, en colaboración con la Diputación, un curso de memoria de 30 oras de duración con una cuota de 6 euros por persona. Dará comienzo el 14 de octubre y la fecha límite para inscribirse es el día 10.

Los interesados en estas actividades pueden informars en la parafarmacia o en el recinto en el que se impartan las clases.

Diario de Arousa

El Auditorio de Valga acoge un concierto de dos bandas de la localidad.

La Asociación Cultural Musival y la Banda de Música Municipal de Vagla organizan este sábado a partir de las 21 horas en el Auditorio un concierto de las dos agrupaciones de la localidad. La actuación inicia la temporada del Ciclo Musical coas Nosas Bandas que, con notable éxito, se ha ido consolidando desde su creación.

El concierto lo abrirán los músicos de la Banda Infantil de Valga, con un futuro prometedor, y que están a cosechar grandes avances en su formación musical. Presentarán todo el trabajo que llevan preparando desde el curso pasado.

La actuación se cerrará con la Banda Municipal de Valga que incia su temporada otoño/invierno después de un verano muy activo en cuanto a conciertos.

La entrada al concierto en el Auditorio es totalmente gratuita.

Diario de Arousa

Apoio as familias con TDAH en Pontecesures.

O vindeiro martes, 30 de setembro, o Concello de Pontecesures, coa colaboración da Asociación Medrando á Par, presentará un novo programa educativo dirixido as familias que teñan fillos/as co Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividad (TDAH) e do cal poderase beneficiar toda a veciñanza de Pontecesures e dos concellos limítrofes que queiran participar, o acto de presentación terá lugar na biblioteca do CPI Pontecesures ás 12 da mañán, e nel explicarase o proxecto ás familias interesadas en asistir ao novo curso 2014/2015 que agora da comezo.

O obxectivo deste programa é fomentar a competencia educativa das familias coa creación de espazos para as familias, con reunións de apoio, nas que se desenvolverán actividades educativas nas que participarán conxuntamente profesionais e os pais/nais dos nenos/as que padecen este trastorno, que en ocasións polas propias características do trastorno é moi difícil de levar para moitas familias.

Un ano máis, o concello de Pontecesures, dende sempre preocupado polo apoio á familia, aposta por complementar e ampliar os servizos de asesoramento e atención educativa ás familias da nosa vila.

Dende o concello estamos convencidos da necesidade de contribuir con toda a axuda que sexa posible para facilitar recursos que den apoio aos pais e nais na difícil tarefa de educar ós nosos nenos e nenas.

Invitámosvos e animamos a que participedes.

“Toda a parroquia de Cruces está alarmada despois do sucedido”.

feran

 

A Garda Civil prosegue este martes coas pescudas para localizar aos autores do asalto á casa reitoral de Padrón ocorrido na noite do domingo, que se saldou co cura ferido e a súa asistenta falecida. O alcalde de Padrón recoñeceu esta mañá en Radio Obradoiro que “toda a parroquia está alarmada” pero quixo facer “un chamamento á tranquilidade” porque “se trata dun feito puntual”. Sobre a falecida, asistenta do párroco, sinalou “que era unha máis da parroquia” e trasladou o “pésame á familia e amigos” da vítima. Sobre a investigación en curso para dar cos autores do ataque, Antonio Fernández Angueira  explicou que está “baixo segredo de sumario” e que durante todo o día de onte a policía xudicial estivo na casa parroquial recollendo probas. Segundo apuntou, barállanse todo tipo de hipóteses e fixo fincapé en que “compre esperar” a que a investigación dea resultados. O alcalde dixo que a casa reitoral fora asaltada en dúas ocasións, pero explicou que fora “algo menor” e nun dos casos dérase cos culpables.

Segundo indicaron a Europa Press fontes da investigación, os axentes proseguen coas xestións para localizar o vehículo do cura, no que fuxiron os asaltantes. O cura da parroquia de Cruces regresou onte, tras recibir o alta hospitalaria, durante unhas horas á casa reitoral na que foi vítima do asalto para colaborar na investigación que leva a Policía Xudicial da Garda Civil. Segundo Fernández Angueira, o crego “só ten unhas mazaduras” pero está “moi afectado anímicamente” polo acontecido.

OS FEITOS

Os feitos sucederon sobre as 21,00 horas do domingo na casa reitoral situada na parroquia de Cruces, en Padrón. Foi o propio párroco o que chamou ás emerxencias tras ser amordazados a súa asistenta e el por varias persoas, tres, segundo as manifestacións do cura.

A casa reitoral estaba toda “revolta” cando chegaron as forzas de seguridade, segundo apuntaron fontes da investigación, que indicaron o “roubo” como móbil do suceso.

Efectivos da Policía Xudicial han acudido á casa reitoral para recoller probas e esclarecer o sucedido. Supostamente os asaltantes fuxiron no coche do párroco, un vehículo branco da marca Peugeot.

El Correo Gallego

CURSO DE COIDADOS BÁSICOS PARA PERSOAS DEPENDENTES: AMPLIACI?N DO PRAZO DE INSCRICI?N.

logodepo

 

Ao abeiro do Programa ACTÍVATE-CURSOS XUVENTUDE 2014 da Deputación de Pontevedra vaise impartir en Pontecesures un curso de 40 horas de COIDADOS BÁSICOS PARA PERSOAS DEPENDENTES. O curso está destinado, inicialmente, a mozos/as con idade entre 16 e 35 anos (ambos inclusive). Nembargantes, para completar o número de prazas poden inscribirse persoas que non cumpran o requisito da idade.

2º PRAZO DE INSCRICI?N: Por quedar prazas libres, ampliase o prazo de inscrición ata o 19 de setembro.

Os interesados/as en participar neste curso teñen o modelo de solicitude na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) na Casa do Concello. O impreso de solicitude acompañarase de fotocopia do DNI e tarxeta de demandante de emprego (de selo caso, non sendo requisito imprescindible). 2º prazo de inscrición: dende o 15 o 19 de setembro.

IMPORTANTE: OS QUE XA ESTÁN INSCRITOS NON TE?EN QUE VOLVER A FACELO.