Sobre ás 15,30 horas do día de hoxe, e como o día 22 de outubro pasado houbo, inundacións no noso municipio. Ao desbordarse pola estrada nacional N-550 un pequeno regato que separa en Redondo, polo marxe esquerdo indo en dirección Pontevedra, os termos municipais de Valga e Pontecesures, ía gran cantidade de auga que entrou na vivenda de Ramón Seone «Budiño» en Redondo 85 (xa sofreu o asolagamento o domingo 22 de outubro). Este rego pasa por baixo da estrada nacional, a altura da vivenda situada en Redondo 96, e ao estar obstruído motivou que entrara tamén auga no soto da vivenda en Tarroeira de Juan J. Barreiro Gómez. Hai que salientar que este regato, que segue para A Charca, foi estreitado no seu cauce por recheos en dúas fincas (unha no comentado marxe esquerdo indo para Valga) e outra no marxe dereito onde se veñen depositando escombros hai tempo. No derradeiro pleno xa denunciou este concelleiro que son obras sen autorización e causan agora estos problemas porque o cauce é insuficiente para trasladar tanto auga. Non tiven contestación e o problema segue a ser moi grave.
Tamén acumulouse moito auga, coma sempre, na intersección da estrada nacional coa rúa Doutor Mosquera en Condide e isto motivou a entrada de auga no soto dunha vivenda unifamiliar de Rosana Vicente construída hai pouco tempo.
Tanto Protección civil como a Policía Local tiveron que empregarse a fondo para levantar as tapas dos sumidoiros facilitando a evacuación do auga e para indicar o perigo aos automobilistas.
Para rematar dicir, que coma noutras ocasións saltaron as tapas da beirarrúa fronte aos conxelados Neixon e gran cantidade de auga ía pola rúa San Lois ata a intersección coa rúa Carlos Maside aparentemente sin que houbera danos.
Luis Angel Sabariz Rolán