Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sucesos

Novas inundacións en Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

chuviaSobre ás 15,30 horas do día de hoxe, e como o día 22 de outubro pasado houbo, inundacións no noso municipio. Ao desbordarse pola estrada nacional N-550 un pequeno regato que separa en Redondo, polo marxe esquerdo indo en dirección Pontevedra, os termos municipais de Valga e Pontecesures, ía gran cantidade de auga que entrou na vivenda de Ramón Seone “Budiño” en Redondo 85 (xa sofreu o asolagamento o domingo 22 de outubro). Este rego pasa por baixo da estrada nacional, a altura da vivenda situada en Redondo 96, e ao estar obstruído motivou que entrara tamén auga no soto da vivenda en Tarroeira de Juan J. Barreiro Gómez. Hai que salientar que este regato, que segue para A Charca, foi estreitado no seu cauce por recheos en dúas fincas (unha no comentado marxe esquerdo indo para Valga) e outra no marxe dereito onde se veñen depositando escombros hai tempo. No derradeiro pleno xa denunciou este concelleiro que son obras sen autorización e causan agora estos problemas porque o cauce é insuficiente para trasladar tanto auga. Non tiven contestación e o problema segue a ser moi grave.

Tamén acumulouse moito auga, coma sempre, na intersección da estrada nacional coa rúa Doutor Mosquera en Condide e isto motivou a entrada de auga no soto dunha vivenda unifamiliar de Rosana Vicente construída hai pouco tempo.

Tanto Protección civil como a Policía Local tiveron que empregarse a fondo para levantar as tapas dos sumidoiros facilitando a evacuación do auga e para indicar o perigo aos automobilistas.

Para rematar dicir, que coma noutras ocasións saltaron as tapas da beirarrúa fronte aos conxelados Neixon e gran cantidade de auga ía pola rúa San Lois ata a intersección coa rúa Carlos Maside aparentemente sin que houbera danos.

Luis Angel Sabariz Rolán

Máis sobre isto

2 comentarios

  1. Flor

    Yo pasé por alli e iba muchísima agua. Aunque varios vecinos ponían tablas y materiales delante de la puerta de la casa de Seoane, poco podían hacer. Ví a Sabariz también por allí interesándose por lo que sucedía. Muy buena la información.Es el verdadero cronista oficial de la villa.

    Responder
  2. Bécquer II

    El pueblo lleno de lodo
    con Sabariz de cronista
    es el gran protagonista
    Angueira pasa de todo.

    Ni siquiera se baldea
    el personal a dormir
    lo que queda por sufrir
    el alcalde se escaquea.

    Dió pocas instrucciones
    yo no le veo ni un día
    y ruega la mayoría
    luego en las elecciones.

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.