«Eu funlle moi fiel a Angueira; e a Maribel tamén».

Luis Ángel Sabariz, candidato da Agrupación Cidadá de Pontecesures, e membro do goberno.

O edil de Relacións Institucionais defende seu pacto con Castro e o PP
Tralo seu fugaz paso polo PSOE, Sabariz volve encabezar a Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP).
-¿Non son sete moitas listas para Pontecesures?
-Foi unha sorpresa motivada polas escisións do PP, que derivaron en dos listas máis. En Pontecesures non hai tanta inquedanza política. Semella que foi máis unha pelexa por ser cabeza de cartel.
-¿E non afectará a gobernabilidade?
-Pode motivar dificultades para formar goberno, pero tamén ten consecuencias positivas, como que haxa que consensuar as decisións. Nós xa temos experiencia en gobernar nestas circunstancias.
-¿Con quen gobernou mellor, con Angueira ou Castro?
-Con Angueira fixemos un moi bo traballo. Eu funlle moi fiel. Melloramos o colexio, o club náutico e moitas outras cousas. E a Maribel (Castro) tamén. Con Angueira xurdiron discrepancias e pasou o que pasou.

-¿Se hai catro anos, cando se presentou polo PSOE, Angueira non encabezara o BNG tería vostede gobernado cos nacionalistas?
-O problema era Angueira. En absoluto o BNG. E iso xa o dixemos no seu día.
-Valore estes catro anos de goberno.
-Sacamos boa nota. A pesares de que os tres concelleiros do PP estiveron o derradeiro ano e medio un pouco apartados da xestión do goberno.

-¿Cales son as súas propostas para estes comicios?
-Na situación económica que vivimos hai que facer o que se poida. Nós facemos unha defensa a ultranza do tren de proximidade. Queremos tamén mellorar o monte municipal e aproveitar as augas naturais que hai nel. Propoñemos seguir a facilitar a participación da xente nos plenos, porque cremos na transparencia na xestión e en que haxa garantías na selección do persoal, que se faga con publicidade e equidade.
-¿E cando fala ca xente pola rúa que sensación ten?
-Ben. O prognóstico era que este goberno durara tres meses, que fora unha catástrofe, e non foi así. Fixemos moitas cousas, como o campo de fútbol, a mellora da rúa Deputación, da Plazuela, do alumeado, o arranxo da zona de Porto e das instalacións deportivas, o desfile de Entroido ou a Festa do Churro. Pero a min me parece que no que si melloramos moito foi no mantemento. Hai máis limpeza e coidado das instalacións municipais.

-E falando de festas, ¿como vai a da Lamprea?
-Estase potenciando. En boa lóxica, haberá que tratar de dinamizala, porque é un dos sinais de identidade de Pontecesures ao que non podemos renunciar.

Luis Ángel Sabariz Rolán
4 de setembro de 1956, Vilagarcía
Funcionario da Administración local
Casado con tres fillos
Presentouse por primeira vez en 1999 como segundo da lista da ACP. Foi concelleiro e no 2003 encabezou esta lista, que tamén acadou representación. De 1999 a 2006 gobernou con Luis Álvarez Angueira (BNG). No 2007 presentouse co PSOE, do que foi expulsado por entrar a gobernar con Maribel Castro e o PP.

LA VOZ DE GALICIA, 05/05/11

María Antonieta perdeu a cabeza en Valga.

Cada vez é máis difícil sorprender cun bo disfrace, pero foron moitos os que o conseguiron no concurso de Entroido celebrado en Cordeiro o pasado domingo, tanto que os gañadores como outros participantes, caso de María Antonieta levou a súa propia cabeza decapitada na man e que si venceu en Campo Lameiro.
No certame infantil a gañadora individual foi A pequena labrega (Valga), seguida de A dama da piña (Redondela), Pavo Real (Padrón) e El domador de Dragóns (tamén de Padrón).
Mendo café (Caldas) e Os reis das chapas (Valga) foron as mellores parellas, mentres que en grupos e comparsas gañaron Caixa sorpresa (Moraña) e O jaliñeiro (Portas).
Na modalidade de adultos, La gárgola (Vilagarcía) e A laconada (Valga) gañaron na categoría de disfrae individual. En parellas, Os barcos do Marco Antonio (os dous de Valga). En grupos e comparsas, A colleita da troula (Portas), A arrincadeira: aventuras en pañais (Valga) e O recuncho da costureira (Pontecesures).
Finalmente o premio especial foi para Os carrexadores do petróleo do Ulla (Valga).

DIARIO DE PONTEVEDRA, 16/03/11

El Entroido se depide en Padrón a pesar de la lluvia.

Padrón se deshizo en premios para los disfraces más conseguidos y más originales. El ganador en la categoría infantil individual fue A pequena labrega. El mejor adulto fue para A Gárgora, mientras que En un lugar de la Mancha se hizo con el premio al mejor disfraz en pareja.
En la categoría de grupos de menos de 20 miembros, los ganadores fueron Travesuras en pañales, mientras que en la categoría de más de una veintena de miembros los ganadores fueron Malo será que Benedicto non volva.

LA VOZ DE GALICIA, 13/03/11

Comezaron, con moitos nenos, as actividades de entroido para nenos. Estivo a TVG.

Aínda que as 31 prazas estaban esgotadas, ampliouse o cupo para admitir aos 38 solicitantes. Estiveron esta mañá no Centro Social de 10 a 13 horas e foron divididos en tres grupos para facer caretas de araña, de pirata e de pallaso. Causou sorpresa, para as monitoras e para os nenos, a presenza das cámaras da Televisión de Galicia. A reportaxe emítese hoxe, 7 de marzo, a partir das 13:47 horas no programa «Galicia, noticias mañá».