O Extrugasa Río Ulla de categoría cadete feminina, campión.

A falta de dúas xornadas para rematar a liga da delegación arousana de baloncesto cadete feminina a equipa cesureña proclamouse campión ao gañar onte ao C.B O Grove por 34-73 na localidade meca.

Ao rematar esta liga, as rapazas vanse enfrontar a equipos doutras delegacións para tentar o ascenso á Liga Galega I.

Parabéns ás xogadoras, técnicos/as e directivos/as do club por este éxito.

 

Asignacións de 2013 para asociacións culturais e deportivas acordadas polo pleno de Pontecesures.

O pleno celebrouse na mañá de hoxe e o acordo foi adoptado por unanimidade. O reparto foi o seguinte:

Club Náutico, 12.000
CB Extrugasa Río Ulla, 2.600
Ulla CF, 2.600
Pontecesures CF, 500
ANPA CPI Pontecesures, 1.000
AC Xarandeira, 1.000
Asociación A Barcarola, 1.000
AC Algueirada, 1.000
AC Pontecesures, 1.000
Asociación A Estornela, 1.000
Club TX RACE, 300
Agrupación Voluntarios Protección Civil, 300