O Sábado 11 ás 11.30 h. o equipo infantil masculino iniciará a súa andaina nesta tempada 2008-09 ca disputa do seu 1º partido de liga. Será no cpabellón da Estrada, contra o EDM Estradense. Este equipo infantil formado por 11 nenos de Valga e Cesures, mais a aportación dun alevín que xogará a maioria da tempada cos infantis ademais de co seu grupo, conforman a plantilla dun grupo que espera repetir os éxitos da pasada campaña.
Outros 2 equipos do club: os nenos cadetes, e as nenas infantís, empezalles a liga nesta xornada, pero en ambos casos por ser grupos impares, tocoulles descansar ós nosos equipos, polo que non será ate a vindeira semana cando empecen a xogar encontros oficiais.
Por ultimo o senior vai iniciar tamén a súa temporada a vindeira semana, na liga de 1ª división zonal. O 1º rival da liga vai ser un vello coñecido: o C.B. Grove, pois nos ultimos anos xa se tiveran enfrentado en varias ocasións, inda que fai 3 anos que non coincidimos.
O partido será na nosa casa, e unha victoria serviría para coller moral ante un dificil campeonato que se presenta, pois ademais de 3- 4 equipos favoritos dos 10 que conforman a liga: Laxe, Meco Grove, e Ribadumia, o resto tampouco son «cenicientas» polo que lograr as victorias necesarias para permanecer outro ano na categoria, é o obxetivo básico nestes momentos para os nosos xogadores. Son 18 partidos de liga, e con 7-8 victorias aseguraste estar na liga outro ano mais.
Alevíns e benxamíns inician os seus respectivos campeonatos mais adiante: No caso dos alevins a súa liga iniciarase a finais deste mes ou principios de novembro. Os benxamíns xogan por concentracións 5 – 6 veces na tempada, en distintos polideportivos da zona arousana, algún deles na nosa casa.