Alfredo Manteiga Fernández «O ferreiro de Infesta Jr.»

? un verdadeiro facedor de marabillas, que xa participou dous anos consecutivos na ARTE Mostra SANTIAGUI?O DO MONTE.
Tamén participou na Modelama de Vilagarcía de Arousa no ano 2007 con Diploma de jParticipación. Modelama 2008 de Vilagarcía con Medalla de Bronce. Centro Cultural Escala de A Coruña no ano 2009 con Medalla de Prata. Participa coa Asociación Mirándolle os Dentes na Esposición FEGACLASIC 2009 de Pontecesures.

Traballos expostos:
1. O Despertador (30X20X40)
2. Clásicos (20X10X30)

REVISTA ARTE MOSTRA DE PADR?N.

O pleno de maio

Valoración do BNG sobre o acontecido no pleno ordinario do luns 25 de maio de 2009.

O BNG de Pontecesures fai as seguintes valoracións:

1ª En relación coas mocións apresentadas polo BNG. sinalar que, unha e outra vez que o BNG apresenta mocións para a súa aprobación , ás cales o equipo de desgoberno ve moi difícil votar en contra, este usa a estratexia de apresentar mocións alternativas ou enmendas á totalidade, como nesta ocasión, variando un pouco as peticións do BNG e só para non dar por boa a inciativa do noso grupo intentado ocultar así a súa falla de inciativa en temas como os tratados.. O BNG lamenta esta actitude pero aínda así e pese a elo, o noso grupo municipal votou afirmativamente aos cambios introducidos, pois o que se pretendía era por un lado a retirada por parte da Igrexa dos símbolos franquistas e relacionados coa guerra civil que figuran na fachada da igrexa parroquial de Pontecesures, e por outro deixar plasmada a actitude de Pontecesures en contra da producción de cultivos tranxénicos.

2ª. En relación coa proposta do tripartito acerca da modificación feita no IBI, o BNG mostrouse a favor de subirlle o IBI á autopista ao tipo máximo que permite a lei, pero manifestou que lle sorprendía o silencio mostrado unha vez máis polo PP do Sr. Randulfe, que intenta pasar desapercibido sobre as cuestións de impostos, cando hai dous anos a súa principal promesa electoral foi a baixada de impostos para os veciños e veciñas, e o único que fixo foi, pola contra crear impostos novos ??apretando? máis aos cesureños.

No apartado de rogos e preguntas, estas xiraron fundamentalmente sobre cinco asuntos, como forn a festa da lamprea, a feira do automóbil,o alumeado público, a tala de árbores do centro do pobo e a organización do entroido, amén de outras preguntas sobre arranxos e propostas de obras.

Festa da lamprea: O BNG lamenta a actitude deste ??desgoberno? en relación coa compra das lampreas e cos ??Valeiros? pois encargóulle esta únicamente a dúas persoas sen ofertarlle a posibilidade ao conxunto dos valeiros e máximo cando este ano foi un ano de lampreas..

Os mesmos integrantes do equipo de goberno do PP e Sabariz puxeron en dúbida a procedencia das lampreas desta edición, mentras polo PP se decía que todas as lampreas procedían do Ulla, o tránsfuga afirmaba que él non sabía de onde eran as lampreas. A acaldesa nin sabe nin responde e é de coñecemento de todo o pobo que as lampreas non eran siquera galegas.

Así o tripartito admitíu que non se falou cos valeiros, que tiñan que ser estos os que foran a ofrecerllas si querían, e o que é peor, desprezaron públicamente a este colectivo do noso pobo, sinalando que non lle importaba esta festa, que non colaboraban con ela e que preferían ??quedar na cama ese dia?, en palabras do tránsfuga Sabariz. Esta actitude do tripartito contra os valeiros parécenos totalmente inadmisible.

Feira do automóbil: No pleno quedou constatada a nula implicación do desgoberno municipal coa feira de automóbil Fegaclasic. Non só coas respostas dadas aos concelleiros do BNG no turno de preguntas senón no propio informe que leu a alcaldesa das actuacions desta para coa asociación cultural ??Mirándolle os dentes? dende o mes de xaneiro ata a propia feira, informe que no seu conxunto mostra con rotunda claridade a cantidade de obstáculos e trabas burocráticas que se lle impuxeron á organización cultural formada por veciños de Pontecesures. O seu desexo foi claramente que a feira fracasara.

Non contestaron, razoadamente nin cun mínimo de seriedade, porque dende o concello non se fixo aportación económica algunha á feira, só se lles ocorreu dicir que xa puxeron os municipais a traballar esos días e eso custou cartos en horas extraordinarias (como si non tiveran aos municipais a traballar esos días nos actos que celebraron na prazuela o sábado e o domingo con motivo das letras galegas). A alcaldesa minteu ao afirmar que todos os anos se celebraban actos das letras galegas o sábado e mailo domingo, cando é a primeira vez que no domingo se celebra algún acto, curiosamente para ter desculpas para que os organizadores da feira non poideran usar a prazuela. Todo foron obstáculos e trabas boicoteando a feira: baños, cortes de tráfico, etc

A mesma Maribel Castro, nun acto de cinismo e mala educación comeza o seu informe de presidencia felicitando aos grupos que participaron no festival das letras galegas e nin unha soa mención á asociación cultural ??Mirándolle os dentes?. Ante a pregunta, de porque non actuou nesta ocasión coa representación institucional que obstenta asistindo a algún dos actos da Feira, é á que foi invitada formalmente, resposta que ??non sabía que tiña que facer alí e que tiña cousas máis importantes que facer e que non ten porque dicilas aquíí e que xa mandou a un concelleiro que fora por alí?, mostrando deste xeito un aboluto desprezo á asociación, aos veciños que a compoñen, á feira e ao que supón de prestixio para Pontecesures e a todos os veciños en xeral.

O Grupo Municipal do BNG manifestou a vergoña axena que supoñen estas actitudes de todo o equipo (do PP de Randulfe, do tránsfuga e máis da alcaldesa Maribel Castro) para cun evento tan importante para este pobo como xa é Fegaclasic. Tremendamente lamentable antepoñendo intereses propios e ánimos revanchistas co interés de todo o pobo.

Alumeado público.
Voltouse a preguntar polos permisos aos veciños para colocar o alumeado público nas rúas centrais do pobo, contestando o Sr. Randulfe (prácticamente non tiña intervido em todo o pleno e para como o fixo mellor que seguira calado) que si se lle habían pedido permiso aos propietarios de todas as vivendas onde se instalaron as catenarias, citando o grupo municipal do BNG toda unha serie de edifícios onde con total seguridade se colocaron tales sen a mínima consideración de falar cos seus propietarios, deixando ao concelleiro do PP como um ??mentireiro? unha vez mais. A xuízo do BNG este tipo de alumeado non é o idóneo para este pobo, non só estéticamente (poden considerarse auténticas ??bacenillas colgantes?) que cun pouco de vento non farán outra cousa que meter ruido, senón que mais cableado polas paredes e atravesando a rua de parte a parte amosan unha imaxe do pobo que non nos gusta em absoluto.
Dende o BNG pedimos que se proceda ao soterrado do cableado (telefônica, electricidade, etc) pois é o que se está a facer em todas partes.

Organización do entroido
Despois da deficiente e nefasta organización do entroido neste ano, na que a Sra. Alcaldesa se repartiu os premios para si misma, e de diferentes categorias, o BNG preguntou porque se estaba a ??marear? aos pais dunha parella que resultando cun premio no concurso de disfraces, a dia de hoxe ainda non se lle dou este. ¿Como é posible que lle outorguen um premio e logo non se lle entregue porque según o ??desgoberno municipal? o premio xa llo deron a outros e agora non saben a quen foi?. A que altura de esperpento chega a actuación da Sra. Alcaldesa e dos seus socios, que fan ir polo concello aos pais dos afectados xa em tres ocasións e inda hoxe non recibiron tal premio, figurando como merecedor del na páxina web ofical do concello de Pontecesures. A resposta, ante a evidencia dos feitos, non foi outra que se intentará facer mellor para a próxima e xá está.

Tala de árbores xunto ao monumento ao Coche de Pedra. O BNG preguntou porque se habían talado as árbores nesa zona, se a política deste desgoberno era talar árbores e sustituir por cemento. Previamente, nos informes de presidencia, por primeira vez, a Sra. alcaldesa delegou este tema no tránsfuga (debe ser que ela non tiña estudiado o asunto) e este leu um amplísimo dossier, que o único interesante que viña a decir era que as árbores estaban em fase de senescencia, é dicir que ian indo para vellas, e que aconsellaban cortalos e comprar outros.

Dende o noso grupo municipal manifestámonos totalmente en contra desta decisión e poñemos en tela de xuízo tal informe, pois quixemos contar coa opinión dunha experta na materia, que se personou no lugar e da análise dos restos, asegurou que estas non tiñan enfermidade algunha e que ao seu xuízo gozaban de perfecta vitalidade, atendendo ao estudo das raíces, resina e outros elementos.

O tránsfuga manifestou que non coñecía nin oira a nadie do pobo, salvo aos ??nacionalístas? que estivera disconformes coa tala destas árbores. A resposta do BNG foi: ??vostede non oe o que non lle convén?

Gobierno y BNG de Pontecesures vuelven a polemizar por la feria del automóvil.

El grupo de la oposición en Pontecesures, el BNG, volvió a poner en tela de juicio la actuación del gobierno local en relación a la celebración de la feria del automóvil Fegaclasic, celebrada el 16 y 17 de mayo, organizada por la asociación Mirádonlle os Dentes.

No es la primera vez que el Bloque acusa al Concello de tratar de torpedear este evento y ahora insiste en este argumento. Critica la ausencia de la alcaldesa en los actos, la falta de colaboración económica del Ayuntamiento y que no se cortase el tráfico rodado por el centro del pueblo durante la ofrenda floral en el monumento del Coche de Piedra. El Bloque tiene claro que se trata de una «revancha» contra la asociación por parte del gobierno local que, este año, optó por organizar otra feria del automóvil en el mes de abril.

Desmentido de Sabariz

Por su parte, el concejal de Relacións Institucionais, Luis Ángel Sabariz, desmintió ayer que haya persecución alguna contra esta asociación ni su feria. Señala que sí hubo presencia institucional en varios actos y sí hubo colaboración a la hora de poner a disposición de la feria los baños de la plaza de abastos y de organizar el tráfico, y que si hubo algunos fallos no siempre pueden ser achacables al Concello. En todo caso, Sabariz avanza que en el pleno de esta noche el gobierno local dará las explicaciones necesarias al respecto de este asunto.

LA VOZ DE GALICIA, 25/05/09

El BNG califica de «atentado ecolóxico» la tala de árboles del Coche de Pedra.

El BNG de Pontecesures considera que la tala de los árboles de la plaza del Coche de Pedra constituye un ??atentado ecolóxico contra o entorno do centro do pobo?, del que culpa al gobierno tripartito, que ejecuta en la zona obras de remodelación que se financian con cargo
al Fondo Estatal de Inversión Local.

Los nacionalistas cesureños no esconden su ??malestar? por lo que califican como una ??tala indiscriminada? de los seis o siete árboles que existían en la citada plaza. Además, sostienen que son numerosos los vecinos de la villa a los que tampoco gustó el corte de los ejemplares, ??e máis tendo en conta que cando se presentou o proxecto das obras non se mencionou para nada a tala de árbores?. Por eso lamentan la eliminación ??radical? de la ??única zona do centro do pobo onde os veciños podían disfrutar dun espazo verde para o lecer, e donde se podía descansar nos seus bancos no verán, á sombra destas árbores? que, según calculan, llevaban plantados en esta plaza unos treinta años.
El gobierno tripartito explicó, a través del edil Luis Sabariz, que cuentan con ??información contrastada e documentada sobre a necesidade de tala destes exemplares?, puesto que su estado era de deterioro, algo ??visible para todos, pois tiñan follas secas e troncos medio rasgados. Eran árbores envellecidos e en malas condicións?, de ahí que decidiesen retirarlos para plantar en su lugar otros ejemplares en mejor estado.

Sabariz Rolán apunta que ??non está no ánimo do goberno cortar árbores e foi unha decisión moi difícil?, sobre la que ofrecerán información ??documentada e detallada? en el Pleno ordinario que se celebra mañana. En esta sesión, ??poñeremos a disposición tanto da oposición como dos veciños toda a documentación da que dispomos?. Ademas, lamenta la actitud del BNG ya que asegura que ??non é de recibo facer política con este tipo de cuestión?.

Fegaclasic. El Bloque cesureño también carga tintas contra el bipartito por ??non colaborar? con la Feira Galega do Automóbil Clásico (Fegaclasic), que tuvo lugar el pasado fin de semana en el municipio y que organizó la asociación cultural ??Mirándolle os dentes?. El grupo municipal del BNG sostiene que ??foi lamentable? la ausencia de la alcaldesa, Maribel Castro, en los actos y también critican que el Concello ??non fixera ningunha aportación económica esta feira e puxera todo tipo de impedimentos e atrancos para que se desenvolvese con normalidad?. Entre estos inconvenientes citan que ??non se cortou o tráfico rodado no momento da ofrenda floral e denegouse a utilización dos baños da praza da bastos, a pesar de que estaba solicitado por escrito?. Aseguran que el gobierno local ??actuou por revancha? y lo acusa de ??dividir aos veciños con estas actitudes pouco democráticas?.

El tripartito niega en buena medida estas acusaciones y explica que, tanto en la presentación como en la inauguración de la feria, ??estivo presente o concelleiro de Cultura, ao que, por certo, nin se achegaron a saudar?. En cuanto a la colaboración, revelan que pusieron a disposición de la organización el pedestal de ladrillo para el PO-2 ­que ??quedaron en devolver en 24 horas e pasaron cinco días e segue alí?, dice el grupo de gobierno­, los efectivos de Protección Civil y la Policía Local, que realizó horas extra, y les permitieron enganchar la electricidad para los juegos infantiles.

En cuanto a los baños de la plaza, ??estiveron abertos o sábado e o domingo pola mañá?, explica Sabariz, ??e pola tarde díxoselles que para telos abertos debían ter a unha persoa ao cargo por razóns hixiénicas e sanitarias, algo ao que se negaron?. Finalmente, acusa al Bloque Nacionalista Galego de ??politizar? el evento festivo.

DIARIO DE AROUSA, 24/05/09

Contestación do goberno local sobre as acusacións do BNG relacionadas con Fegaclasic.

NOTA DO GOBERNO LOCAL DE PONTECESURES CONTESTANDO AO BNG DE PONTECESURES EN RELACI?N CON FEGACLASIC.

Queremos contestar o seguinte:

1. Á rolda de prensa de presentación da feira asisteu o concelleiro de cultura. Ao acto inaugural asistiron o 1º tenente de alcalde e o concelleiro de cultura.
2. O concello colaborou coa feira dos días 16 e 17 de maio coa Policia Local (afrontou, naturalmente, o custo do pago ao personal por traballos fóra do seu horario ordinario), con Protección Civil, poñendo á disposición dos organizadores un pedestal de titularidade municipal para a súa colocación no recinto, e incluso permitindo, o día 17 alimentar, dunha instalación pública uns xogos inchables que estiveron nos terreos da feira. Por certo, o pedestal aínda non foi devolto á súa lugar de orixe.
3. Os baños da praza de abastos, próxima á feira, foron abertos en xornada de mañá. Pola tarde pecháronse pois a organización negouse a facerse responsable das instalacións, desentendéndose das súas obrigas en canto a conservación ou salubridade.
4. O concello curtou o tráfico, como se solicitou pola organización, na rúa Sagasta. O domingo non se fixo, pois así o dispuxo ??Mirándolle os Dentes?. O mesmo domingo solicitouse á Policía Local que se curtara o tráfico en San Lois perante unha breve cerimonia no monumento do ??Coche de Pedra?. A policía accedeu sen intervir membro algún do goberno local, pero, ao parecer, pola densidade de tráfico e por unha colisión, a intercepción dos vehículos demorouse e o acto retrasouse un pouco. Lamentamos o sucedido pero non houbo intencionalidade para prexudicar ou afear a cerimonia.
5. No pleno ordinario do día 25 dárase todo tipo de información sobre estas cuestións, podendo consultar todos os documentos os concelleiros e os veciños de Pontecesures. Dende logo non se voltará a recorrir ao Valedor do Pobo para consultar documentación como nos tempos de Álvarez Angueira, felizmente superados.
6. Nin prexodicou nin torpedeou Fegaclasic o goberno local. Os nacionalistas cesureños tratan de sacar tallada promovendo a confusión e predispoñendo aos organizadores contra o concello. Eles saberán ó porque deste escoramento tan descarado. Dende logo quedou moi claro de que parte están. Defendendo os intereses municipais por suposto que non

Pontecesures, 22 de maio de 2009.

O desgoberno cesureño continúa coas súas

O BNG de Pontecesures quere felicitar á ASOCIACI?N MIRÁNDOLLE OS DENTES polo éxito da Feira do automóbil FEGACLASIC celebrada os pasados 16 e 17 de maio. Durante estes 2 días foron moitos os visitantes a este evento de distintos lugares de Galicia, así como doutros lugares do estado español no que tiveron a posibilidade de ver de primeira man a amplia exposición de automóbiles antigos de todo tipo que ofrecía a Feira e tamén de mercar recambios para vehículos clásicos que se ofertaban nos stands que se instalaron para a ocasión.

Esta feira supón un antes e un despois no auxe de Pontecesures como referente de feiras destas características, facéndolle recuperar ao noso pobo a condición de pioneiro en feiras do automóbil antigo e, ao mesmo tempo, dándolle proxección a nivel de toda a península ibérica ao Concello de Pontecesures.

O BNG tamén quere calificar de lamentable a ausencia da primeira autoridade do pobo, a señora Alcaldesa, nos actos desta feira nos cales non fixo acto de presencia en nengún dos días. Tamén lamentamos e criticamos que o Concello de Pontecesures non fixera nengún tipo de aportación económica a esta feira e ademáis puxera todo tipo de impedimentos e atrancos para que este evento se desenvolvese con normalidade.

Así, non se cortou o tráfico rodado polo centro do pobo no momento da ofrenda floral no monumento do Coche de Pedra, denegar por parte do concello á organización da feira a utilización dos baños da plaza de abastos aos visitantes da feira, por poñer algúns exemplos.

A Asociación Mirándolle os Dentes tiñan solicitado por escrito tanto o corte de tráfico, que non chegou a producirse; e a utilización dos baños, que lles foi denegada tamén por escrito. Para nós estas actitudes son reprobables e son unha mostra máis do talante antidemocrático do goberno que estamos a padecer en Pontecesures.

O BNG considera que esta feira dalle un lugar privilexiado a Pontecesures no eido da compraventa e exposición de vehículos clásicos e pezas para os mesmos. E nesta ocasión o goberno local de Pontecesures, encabezado pola Sra. Alcaldesa, non estivo á altura á hora de apoiar como corresponde a unha actividade que tanta proxección lle dá ao noso pobo.

Entendemos que o equipo de goberno actuou por revancha ao poñer impedimentos para a celebración da Fegaclasic e que pretenden dividir aos veciños de Pontecesures con estas actitudes pouco democráticas.