En resposta á nota do goberno local cualificando de ??emporcallador? a este concelleiro polas críticas sobre a cuarta edición desta festa celebrada o pasado 4 de xullo, quero puntualizar o seguinte:
1. Como integrante da corporación, e como veciño de Pontecesures, son libre de opinar sobre este ou sobre outro tema municipal. Iso é opinar, non ??emporcallar?. Sigo a dicir que festa foi totalmente devaluada, que foi moi negativo o troco de horario nesta edición, que non houbo ambiente festivo ao eliminarse o grupo musical do evento, e que os veciños degustaron os churros sí, pero sen participar en festa algunha.
2. A faciana de moitas das churreiras ás 22 horas indicaba todo. Desmontaban os postos en silencio e con total indiferencia, cando outros anos eran as verdadeiras protagonistas. A ledicia e o ambiente festivo entre os veciños foi nas tres primeiras edicións moi salientable con baile participativo simpático e entrañable na Plazuela.
3. ? certo que houbo unha verbena en sitio distinto nesa noite, totalmente allea á festa do churrro. Pero verbenas hai moitas na zona nesta época, e a Festa do Churrro é única, e debe ser potenciada ao máximo en Pontecesures.
4. Dende o goberno local todo foron pegas, minusvalorando o labor das churrerías en relación do custo da festa. Pois foi máis cara calquera verbena e parece que queremos criticar sempre o noso en lugar de ??facer pobo? con un acto festivo de exaltación dun doce tradicional en Pontecesures. que debe ser de todos e para todos os cesureños.
5. Como ACP pensamos así e solicitamos que se corrixan estes temas para a edición do ano que ven. Esta é a verdadeira intención desta crítica e a función da oposición municipal xa que recollemos o parecer de bastantes veciños que coinciden coas nosas apreciacións.
6. Tamén o goberno local fai a acusación de que quero poñer á hostalería en contra do concello. Pois ben; ata o de agora as opinións se limitaron á recoller o sucedido coa IV Festa do Churro e non se citou aos hostaleiros para nada. En canto aos outros actos festivos do Carme 2011 xa faremos a valoración oportuna e teremos cousas que dicir. Seguro.