Convocado el concurso de carteles para la Festa da Anguía.

El Concello de Valga ha convocado el concurso de carteles para la Festa da Anguía y la Mostra da Caña do País que se celebra en agosto. Las bases podrán consultarse a través de la página web municipal y los originales deberán enviarse al registro del Concello de Valga. Las obras deberán hacer referencia obligatoria a los dos productos de la fiesta y la técnica es libre. El concurso tiene dos categorías, una infantil y otra para adultos, y la obra ganadora se utilizará para ilustrar el cartel anunciador de la fiesta.

LA VOZ DE GALICIA, 08/06/11

Luis Sabariz: ??No ano 2004 o PSOE non quixo pactar con Angueira porque estaba condenado?.

Un grupo de asistentes al mitin de ACP.

Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP) celebró ayer un mitin en el Centro Social en el que su candidato a la Alcaldía, Luis Sabariz, calificó como ??moi digna? la labor realizada en los últimos cuatro años por el gobierno tripartito del que él formaba parte junto al Partido Popular y la independiente Maribel Castro. Sabariz dijo estar ??satisfeito? con las actuaciones y la labor realizadas, y ello a pesar de que ??o PP non estivo á altura e Randulfe no último ano apartouse un pouco?. Citó, por ejemplo, la mejora del campo de fútbol, el Taller de Empleo, los arreglos en el pabellón, la reforma de la plaza de abastos, de la Plazuela ­un proyecto ??histórico que vai quedar para moitos anos?­ y las calles centrales, el acondicionamiento de la plaza del Coche de Pedra, el alumbrado del centro, la mejora de la Rúa Deputación, el saneamiento de Grobas y Fenteira o la creación de la Festa do Churro. Pero, lo que para él resulta igual o más importante si cabe, ??normalizouse a situación democrática? del Concello. ??Onde van aqueles plenos inquisitorios, con berridos e incluso ca Garda Civil!?, dijo. En este sentido, indicó que ??creo que ningunha persoa que veu ao Concello foi mal tratada nin mal atendida, polo menos por min. Déronse todo tipo de explicacións aos veciños. Que houbo erros? Sen dúbida, pero eu estou satisfeito?. Porque, además, ??somos un dos escasos concellos que non ten débedas con bancos?.
Esta legislatura la contrastó con el último mandato del nacionalista Luis Álvarez Angueira, cuando ??se negaban cousas e tiñamos que acudir ao Valedor do Pobo para conseguir información. Iso cambiou co actual goberno?, incidió. Sabariz Rolán explicó a los asistentes los motivos por los que, tras las elecciones de 2007, no apoyó a Angueira para ser investido alcalde. Se refirió especialmente en este punto a la polémica por el consumo de combustible del Patrol de Obras. ??Sabariz non está tolo. ? un tema matemático. Os datos, os tíckets, as facturas están aí e están sendo investigados polo xulgado?. Dijo que ??non me gusta ir á xustiza contra niguén?, pero ??vinme obrigado? después de que Angueira no explicase en los plenos el consumo ??tremendo? de gasoil.

Por casos como este, incidió, no lo apoyó en la investidura a pesar de que la dirección del PSOE ­partido del que fue candidato en 2007­ lo presionaba para hacerlo. Cuando los socialistas lo ficharon, recordó, ??advertímoselles que con estes antecendentes non podiamos apoiar a Angueira e respondéronnos que non había ningún pacto? a nivel autonómico entre PSOE y BNG. Pero, al final, sí que les impusieron el pacto y al no votar por Álvarez Angueira sino por Maribel Castro para la Alcaldía el PSOE retiró las siglas tanto a Sabariz como a su compañero Alfonso Diz. La decisión de ambos fue muy criticada, incluso desde la agrupación local del PSOE. ??Hai moita hipocresía?, afirmó sobre esto, y reveló las negociaciones que en 2004 se llevaron a cabo entre BNG, ACP y PSOE para formar un tripartito. ??Xente que hoxe vai na lista do PSOE dicía entón que estaban dispostos a entrar no goberno, pero sempre e cando Angueira non fose alcalde porque estaba condenado por atentar contra a liberdade sindical. Eles non quixeron pactar, pero cando eu me neguei todo foron críticas?, explicó. En este mismo sentido, lamentó que se critique que haya apoyado a Maribel Castro como alcaldesa, pero ??cando ela gobernou con Angueira ninguén dixo nada?.

Aludió también Sabariz a los comentarios que desde otros partidos y algunos ciudadanos se vierten en su contra. ??Houbo unha desconsideración total para intentar que non me presentara. Pero outra xente valora o meu labor. Eu preocúpome por Pontecesures? y por ello pidió el respaldo de los votantes el próximo domingo en las urnas.

DIARIO DE AROUSA, 20/05/11

Programa electoral da ACP.

-Fomentar que os veciños que residen en Pontecesures estean empadroados.

-Ampliar o horario de atención ao público na Casa do Concello

-Comprometerse a que se abra unha quenda de rogos e preguntas do público ao remate dos plenos ordinarios.

-Darlle máis celeridade á xestión orzamentaria do Concello e aos pagos da institución.

-Potenciar as funcións e competencias da Policía Local.

-Garantir a publicidade e a transparencia na selección dos traballadores.

-Remodelar o edificio de Protección Civil e solicitar un novo vehiculo para a agrupación de voluntarios.

-Xestionar con Portos de Galicia o arranxo e ampliación do pantalán embarcadoiro do peirao.

-Potenciar a utilización das augas soterradas do monte municipal Salgueiras-Lagoa para abaratar o custo do subministro da auga da traída.

-Adoptar medidas de aforro enerxético na iluminación pública.

-Continuar coa rexeneración do monte municipal e instar á Xunta para que elabore o novo plan de ordenación do mesmo.

-Impulsar a creación de solo industrial na Tarroeira.

-Conveniar coa Deputación de Pontevedra a realización da obra de urbanización da Avda. dos Namorados de Porto.

-Xestionar con Augas de Galicia a execución da obra de saneamento integral do municipio para tratar todos os vertidos na EDAR.

-Poñer en marcha o servizo de recollida de lixo en Grobas-Fenteira, con periodicidade semanal.

-Desenvolver o polígono 10 do PXOM con rehabilitación do Muiño da Chancela e construción dunha zona de lecer entre Infesta e a Avda. de Vigo.

-Aprobar o inventario municipal de bens para defender as propiedades do concello.

-Acondicionar, anchear e instalar unha varanda de protección na rúa Miguéns Parrado na contorna da Igrexa Parroquial.

-Impulsar a obra de rehabilitación integral da zona portuaria.

-Potenciar o noso centro de saúde, para que contemos cun segundo médico e co servizo de pediatría.

-Xestionar coas administracións a construción de beirarrúas na Avda. de Arousa e arranxo das da N-550.

-Rematar as beirarrúas de rúa Ullán.

-Acondicionar a zona da canle inutilizada en Condide solucionando os problemas de salubridade.

-Continuar coas obras de ancheamento nos interiores de Porto, Toxa, Carreiras, San Xulián e nos demais lugares.

-Instar a que o Camiño Portugués sexa sinalizado polo trazado verdadeiro, é dicir, polo interior de Condide , polo Couto e por Carreiras.

-Estudar a posibilidade de ampliación do pavillón municipal para dar resposta ás demandas de maior utilización.

-Acondicionar os vestiarios do campo de fútbol.

-Xestionar a construción dun espazo para comedor escolar no CPI Pontecesures e crear o plan madruga en colaboración coa ANPA.

-Potenciar o servizo de asistencia a domicilio para as persoas discapacitadas e maiores.

-Organizar actividades de tempo libre para nenos e maiores.

-Organizar cursos de formación para desempregados.

-Continuar na potenciación das festas patronais, da festa da lamprea e da festa do churro.

-Utilizar puntualmente para outros usos o albergue de peregrinos nos períodos de ausencia de usuarios.

-Xestionar a incorporación da gardería de Pontecesures na rede de escolas infantís da Xunta de Galicia por razóns económicas e de funcionamento.

-Continuar a traballar para que o ferrocarril continúe en servizo pola vía actual, mantendo e potenciando o traxecto de cercanías Vilagarcía-Santiago.

Un neno de oito anos sofre feridas nunha perna tras ser atropelado por un coche en Eugenio Escuredo.

Un neno de oito anos de idade resultou ferido nun atropelo que tivo lugar na tarde de onte na zona do peirao de Pontecesures, nas inmediacións do lugar no que se estaba a celebrar unha festa infantil neses intres. O atropelo produciuse arredor das catro e media da tarde na rúa Eugenio Escuredo, á altura da curva do Telleiro.
O rapaz, que non estaba acompañado polos seus pais, senón por un amigo, cruzou a estrada dende a marxe máis próxima ao río cara a zona na que estaban instalados os xogos e inchables da festa infantil. Antes de atravesar a calzada mirou cara o lado dereito para comprobar si se achegaban vehículos pero, ao parecer, non mirou á esquerda, segundo explicou máis tarde a Policía Local de Pontecesures. Era precisamente pola esquerda por onde se achegaba o coche que finalmente atropelou ao neno, que reside no municipio de Dodro.

O condutor, veciño de Pontecesures, tentou evitar o accidente e realizou unha manobra evasiva en canto se percatou da presenza do peón na calzada, pero non foi quen de evitar o atropelo. Bateu co corpo do neno á altura do espello retrovisor dereito e o menor saiu rebotado a consecuencia do impacto. O rapaz sufriu feridas nunha perna, que posiblemente tiña rota, e foi trasladado nunha ambulancia asistencial ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

DIARIO DE AROUSA, 17/05/11

Carta do candidato da ACP, Luis Sabariz, aos veciños/as de Pontecesures.

Prezado/a veciño/a

Como ben saberás, os compañeiros/as da Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP) depositaron na miña persoa a responsabilidade de encabezar a candidatura coa que nos presentamos ás eleccións municipais do 22 de maio. En primeiro lugar quixera agradecer publicamente ás persoas que conforman ACP a súa confianza en min e o seu desinteresado traballo en favor de Pontecesures. Podo asegurarvos que todos os compoñentes desta agrupación encaramos, cargados de ilusións e de proxectos de futuro, estes comicios.

Nesta pasada lexislatura, o traballo dos representantes de ACP propiciou a estabilidade do goberno municipal, prestixiando a institución e superando situacións anteriores onde as irregularidades, os enfrontamentos e a limitación dos dereitos estaban á orde do día.

O labor foi importante. As actuacións no campo de fútbol, no pavillón, na biblioteca, na praza de abastos, na Prazuela, no cemiterio municipal, no albergue de peregrinos, na Praza do coche de pedra, nos parques, nas rúas centrais e nas dos diversos lugares, as obras de saneamento en Grobas e Fenteira, en Carreiras, no monte de Porto, a potenciación de eventos festivos como a cabalgata de reis, as festas patronais, a festa do churro, o desfile de entroido, os festivais folclóricos, son algúns dos logros incluídos nunha xestión moi digna, deixando ao concello nunha aceptable situación económica nesta situación xeral de crise.

Quero facer especial fincapé no ferrocarril porque consideramos que temos, dende o Concello, que facer todo o posible para que a entrada en servizo do AVE non ocasione a supresión do tren en Pontecesures. ? decisivo seguir loitando para que teñamos sempre un tren de cercanías entre Vilagarcía e Santiago pola vía actual.

Teño que dicir, con toda humildade, que sei que o meu esforzo e dedicación é valorado positivamente polos veciños/as, cousa que sinceiramente agradezo. Pois ben; o 22 de maio é a data para demostrar ese apoio á ACP co teu voto, xa que sin el non é posible seguir traballando por Pontecesures e por todos vós.

Unha aperta.