Os que colaboren coas festas do Carme de Cesures poden gañar unha fin de semana no Hotel Carlos I de Sanxenxo.

O luns, 26 de abril, tivo lugar na Casa do Concello de Pontecesures unha xuntanza presidida pola alcaldesa de Pontecesures, Maribel Castro, e na que estivo tamén o concelleiro de relacións institucionais, Luis Sabariz, con un grupo de veciños que van colaborar na recadación de donativos para as Festas do Carme 2010.

Máis de 20 persoas asistiron á reunión e formáronse 4 equipos de traballo para comezar a pedir donativos polas casas a partir do luns, 3 de maio.

Como novidade para este ano, é co fin de incentivar a recadación, entregarase unha rifa ás persoas que colaboren económicamente coas celebracións. O luns, 5 de xullo, ao rematar a xa tradicional Festa do Churro, terá lugar o sorteo entre as rifas. O titular do número agraciado será agasallado para aloxarse do 3 ao 5 de setembro ao Hotel Carlos I de Sanxenxo (dúas persoas) e disfrutar dunha escapada relax esa fin de semana.
Tamén recibirán a rifa, as persoas que ingresen o donativo na conta aberta para tal fin en Caixanova Pontecesures.

Analizáronse tamén aspectos organizativos das festas que terán lugar os días 2, 3, 4 e 5 de xullo de 2010.

Festas en San Miguel de Valga 2010.

Sábado 1 de maio. Festa na honra da Virxe do Carme.
-Ás 13 horas, Misa Solemne e ao rematar sesión vermouth a cargo da charanga “O Santiaguiño”.
-Pola noite verbena con actuación das orquestras Sintonía de Viigo e Versalles de A Coruña.

Domingo, 2 de maio. Festa de San Miguel.
-Ás 12 hoas, concerto da Banda de Música de Valga.
-Ás 13 horas, Misa solemne e ao rematar sesión vermouth amenizada pola Banda de Música de Valga.
-Ás 16:30 horas, xogos a cargo de PEKEXOGO con inchables, futbolín humno, touro mecánico e demais xogos.
-ás 19:30 horas, actuación do grupo de gaitas e danzas de Valga.
-Pola noite verbena co grupo Limón.

Haberá carpa.

Reunión coas persoas que van pedir polas portas para as Festas do Carmen 2010.

Ás 21:00 horas do día de hoxe, 26 de abril, terá lugar, na Casa do Concello de Pontecesures, a reunión dos responsables do goberno local cun grupo de persoas que se van a encargar de recadar polas portas os donativos para as Festas do Carme 2010.
Faise un chamamento a todas as persoas que queiran colaborar para que asistan a dita reunión. Canta máis xente mellor.

“A maioría dos fillos do resto dos mariñeiros non lle gusta este oficio, é difícil que continúe”.

Como o seu pai case trinta anos antes, Marcos coñeceu pronto o oficio de valeiro. No seu caso comezou na herdanza familiar con 16 anos. «Xa ía antes, as fins de semana. Gustábame», conta. Convertida xa no seu medio de vida, a pesca «ségueme a gustar, e creo que me seguirá gustando». Aínda sendo unha ocupación «bastante fastidiada» na que «de vacacións, nada. O único, os tres días da festa de Cesures» e mais as fins de semana que obriga a parar a normativa.
Marcos recoñécese unha rara avis . «Á maioría dos fillos dos valeiros cos que falo non lles gusta isto. Parece difícil que o oficio continúe», di o vástago de Antonio. De feito, ao seu irmán menor, Iván, semella non estar tan cómodo no negocio familiar, se ben o seu pai matiza que o chaval ten agora 17 anos, e as cousas que se teñen na cabeza a esas idades.
A intención de Marcos é a de «seguir pescando cando o deixe o meu pai. Sobre todo, tal e como están os tempos», nos que unha ocupación segura é un tesouro.
Atrancos da administración
Neste punto, Antonio comenta que o sector «se está a poñer moi mal pola crise. O peixe ten pouca saída e pouco valor. Estáse a pagar por el case coma hai dez anos».
Pero isto non é o único que pode estar tirando para atrás a moitos posibles novos pescadores. «A administración aburre a xente que quere seguir no mar con tantos atrancos. A pesca estána eliminando as propias autoridades con tanto título e papeis que piden», lamenta Antonio.

LA VOZ DE GALICIA, 25/04/10