A Asociación Cultural San Roque de Porto quere informar a todos os veciñ@s e achegad@s que aínda que este ano debido á crise sanitaria xerada polo Covid´19 NON se celebrarán as Festas de Porto como ven sendo habitual no mes de agosto, SI que celebraremos a tradicional MISA na honra a San Roque o vindeiro día 21 de agosto ás 12:30 h. na Igrexa Parroquial.
Así mesmo, poñemos en coñecemento de que todos aqueles que teñan un ramo da poxa do ano pasado, quedará na súa posesión atas as festas do próximo ano 2021.
Moitas grazas pola comprensión e esperámosvos a todos no San Roque de 2021.
O Concello de Valga vén de convocar, un ano máis, o Concurso da Caña do País, unha iniciativa que se enmarca dentro da programación da edición número trinta da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, que se celebra na última fin de semana do mes de agosto. Ao certame poden concorrer destiladores artesanais dados de alta no rexistro da Axencia Tributaria. Entre os mellores produtores repartiranse setecentos euros en premios. O concurso consta das tres modalidades habituais: caña branca, tostada e de herbas. Os interesados en participar deben acudir ás oficinas municipais a solicitar as botellas correspondentes e, despois, presentar os licores debidamente embotellados. O prazo permanecerá aberto ata as dúas da tarde do día 26 de agosto. As catas das augardentes terán lugar os días 27 e 28 de agosto no Centro de Interpretación da Caña do País. O produtor da mellor caña branca será gratificado con trescentos euros, mentres que os primeiros premios dos licores de herbas e tostado ascenderán a douscentos. Os segundos clasificados recibirán un trofeo e un diploma conmemorativo. O vencedor de cada unha das modalidades quedará obrigado a vender ao Concello o garrafón premiado.
Igual que nas seis edicións anteriores, Valga acollerá un ano máis o roteiro-concurso Tapa a Anguía. Esta actividade é xa unha parte máis da programación da tradicional festa da Anguía e Mostra da Caña do país, como un xeito de promocionar un dos produtos protagonistas e que todos os anos pon á vila no mapa: a anguía. Tamén se busca con esta iniciativa incentivar o consumo nos locais de hostalería do municipio valgués.
Para esta edición xa están escollidos os participantes, que serán seis establecementos da vila: o Café-bar Couceiro, o Bar Juan, a Cafetería Auditorio, a Pastelería Caprichos, o Café-bar O Pontellón máis o Bar Pardal. A ruta concurso consiste nunha degustación de tapas de anguía, que posteriormente se someterán a votación tanto poular como por un xurado profesional, e os locais que resulten gañadores recibirán os Mandís de Ouro, Prata e Bronce. Asemade, o xurado escollerá unha tapa que se poderá desgutar na festa da Anguía do 2021.
Será o concello o encargado de levar o animal, xa limpo, aos diversos establecementos para que poidan elaborar as tapas. Ademais, só por votar, os asistentes entrarán automáticamente nun sorteo de dez vales de 30€ para gastar nun comercio local.
A ruta-concurso Tapa a anguía deste ano levarase a cabo as dúas últimas fins de semana de agosto, os días 22, 23, 29 e 30. Os petiscos serviranse de balde entre as 12.00 e as 15.00 horas, e os sábados tamén pola tarde de 20.00 a 23.00 horas.
El cesureño Elías Sanmarco ha reunido alimentos que serán repartidos entre 75 familias con niños en situación vulnerable de Padrón, Pontecesures y Valga.
Elías Sanmarco es un hombre de acción.
Una de esas cabezas inquietas que no paran de girar, que tienen que
estar siempre tejiendo planes, soñando cosas. Y si eso es así
normalmente, imagínense en este tiempo de confinamiento. Elías, el alma
del espectáculo El Show de los Payasos, estaba un día viendo la tele. A
través de ella conoció la historia del cantante Huecco, que decidió
poner en marcha una campaña de recogida de alimentos para las personas
mayores que los necesitasen. «Para min, os maiores tamén son o primeiro. Pero se lle preguntas a eles que é o máis importante, diranche que son os cativos»,
explica Sanmarco. Acababa de ponerse en marcha la imaginación de Elías,
que sin perder tiempo, levantó el teléfono e hizo una primera llamada a
una empresa amiga. «Díxome que o que eu quixera, que aportaba galletas, leite… Ao ver como reaccionaba, xa me acabei de animar». Y comenzó así un periplo telefónico por dieciséis empresas de la comarca del Baixo Ulla. «A resposta foi incrible, todo o mundo quixo colaborar».
Así tomó forma un alijo de 300 litros de leche, 75 cajas de galletas,
chocolatinas a borbotones, fruta, agua, zumos, una docena de huevos y
hasta bacalao. Cada producto lleva una pegatina que indica el nombre de
la empresa que lo donó, porque Elías no quiere llevarse méritos que no
son suyos. «Eu o único que fixen foi coordinar un pouco todo isto». Y seguirá haciéndolo, porque aún está pendiente de recibir un buen lote de doscientas bandejas de hamburguesas y yogures. «Cando os recibamos tamén serán repartidos», explica Sanmarco.
¿Y cómo se organiza ese reparto? Han sido los
servicios sociales de Valga, Pontecesures y Padrón los que le han
comunicado a Elías cuáles son las familias con niños pequeños que peor
lo están pasando en este confinamiento. Son ocho familias valguesas,
diecisiete cesureñas y cincuenta de Padrón. Los servicios de protección
civil se encargarán del reparto, a excepción de Pontecesures, donde el
propio Elías, con la ayuda de trabajadores municipales, se encargarán de
hacer llegar las cajas solidarias a su destino.
Sanmarco ha adquirido, además, un compromiso con todos los niños del Baixo Ulla. «O 16 de maio tiñamos previsto facer a nosa festa de 19 aniversario; non vai poder ser, pero a festa non a suspendemos, aprazámola. En canto pase isto imos facer unha festa grande, chea de sorpresas. É o mesmo cando sexa: en agosto, en setembro, mesmo en Nadal. Haberá colchonetas, música… e lume!».