Programa do VI Festival Santa Cecilia de Corais.

Celebrarase o festival o sábado 24 de novembro ás 20 horas na Igrexa Parroquial de Padrón. O programa será o seguinte:

CORO «A BARCAROLA» DE PONTECESURES
¡Ay! linda amiga (Cancionero de palacio siglo XVI)
Cancao Alentejana (M. Faria)
A lavandeira de noite (Tradicional, arreglos C. Núñez)
Pregúntale a las estrellas (Arreglos Yolanda Eiras)

Dirixe: Yolanda Eiras Moreiras.

CORAL POLIF?NICA DE BETANZOS
Jardín de ensueño-Habanera (Popular-Arreglo)
Cantares (J.M. Serrat/L. Cangiano)
Soos ah will be done-Espiritual (Willian L. Dawson)
Malpocadiño (F. Parra)

Dirixe: Manuel López Castro.

CORAL POLIF?NICA DE PADR?N
Rosa Amarela (Héctor Villalobos)
Solamente una vez (A. Lara)
Alecrín (Tarciso)
Boaideiro (Adelino Martíns)

O grupo «Algueirada» participa hoxe nun festival folclórico en Baiona.

Mixturado co grupo «Chorima» de Rois, o grupo folclórico cesureño «Algueirada», participa hoxe no festival de referencia que comeza ás 19 horas nesa vila turística.
Logo de disfrutar duns días de convivencia no Centro de Educación Ambiental «EQUAL» en A Barra-Coles (Ourense) os días 25, 26 e 27 de agosto, os integrantes de «Algueirada» desprázanse ilusionados a este importante festival, aínda que hai algunhas baixas polos exames de setembro.
Tamén o luns pola mañá, actuará o grupo cesureño nas festas de Imo-Dodro.

O sábado, día 1 de setembro, Festival de Canto e Música Relixiosa en Pontecesures.

Organizado pola Asociación de Amas de Casa «A Barcarola», o sábado día 1 de setembro, ás 20,30 horas celébrase este festival na Igrexa Parroquial de Pontecesures.

Participarán:

* Grupo Xuvenil de Cordeiro.
* Coro da Escravitude.
* Coro Infantil de Herbogo.
* Coro de Carcacía.
* Coro da Armenteira.
* Felisa (solista).
* Coro «A Barcarola» de Pontecesures.

«Xarandeira» participa mañá no festival folclórico das festas de Caldas de Reis.

O grupo folclórico cesureño «Xarandeira» da asociación cultural do mesmo nome actuá mañá día 13 de agosto, a partir das 19 horas nun festival no escenario acuático de Caldas de Reis. Actuarán tamén os grupos folclóricos «Los Torronchos» (Segovia), «Retrouso» (Cela-Bueu) e «As Burgas» (Caldas de Reis).
O festival forma parte dos actos das festas patronais que se celebran en Caldas na honra de San Roque.