No pleno ordinario celebrado no día de onte ás 20,30 horas en 2ª convocatoria noutro acto máis de covardía tampouco se presentou o alcalde (así mesmo estivo ausente a 1ª tenente de alcalde Maribel Castro). A sesión foi presidida por José Antonio Baliñas como alcalde en funcións, asistindo os restantes concelleiros.
(más…)
Educación
Los alumnos de la guardería municipal de Pontecesures protagonizan un festival de Navidad.
El centro social de Pontecesures acogerá a partir de las cinco y cuarto de esta tarde un festival de Navidad en el que participarán los alumnos de la escuela infantil municipal. La actividad se engloba en el programa navideño que puso en marcha el centro educativo en colaboración con la Concellería de Educación cesureña. El programa se inició con la visita de los niños al belén artesanal de Valga y la entrega de sus cartas a los Reyes Magos en el buzón de la oficina de Correos. Aunque la sorpresa mayor llegó ayer cuando Papa Noel en persona visitó el centro.
FARO DE VIGO 22/12/06
Curiosidades
Festa aniversario do Show dos Pallasos en Pontecesures.
Celebrarase o 29 de decembro co seguinte programa:
-As 17 horas no Pavillón Municipal, reparto de merendas e agasallos. Haberá xogos (touro mecánico, granxa, exipcio, circuitos e futbolín humano).
-Actuación do SHOW DOS PALLASOS.
-Xabaxira do XABARIN CLUB con entrada gratuita. Que ninguén se esqueza de levar o carnet de socio/a.
-As 21, 30 horas no peirao, pregón a cargo do grupo RISOTERAPIA.
-Actuación dos humoristas PACHECO E LORENZO DE ARCADE.
-Espectacular verbena coas orquestras OS SAT?LITES e CAPITOL e o dúo internacional MONTSE e LUIS QUEIMADA.
Colaboran o Concello de Pontecesures, a Subdirección Xeral de Protección da Cidade e Camiños de Santiago da Consellería de Cultura e o XACOBEO.
No festival colabórase coa Asociación contra o cancro.
Cultura
Días movidos para a A. C. Xarandeira
A Asociación Cultural Xarandeira ven de pasar uns días ben intensos. Comezando os días 5 e 6 de agosto cunha actuación en Astorga. O día 13 participaron nun fabuloso Festival Internacional de Folclore en Santa Marta de Portuzelo (Portugal), volvendo para poderen actuar en Caldas de Reis ó día seguinte.
Cultura
Grupo local actuara na séptima edición da Feira Artesanal do Val de San Lorenzo
Segundo podemos ler no Diario de León, un grupo do Concello actuará en León no programa desta Feira, dentro da décima edición dun festival folclórico
(más…)
Cultura
O escritor Fernández Naval substitúe a Senín Fernández en Cultura
O narrador e poeta Francisco Fernández Naval substituirá na Subdirección Xeral de Cultura a Xavier Senín Fernández (Pontecesures, 1949), quen estivo neste cargo desde o 2 de outubro de 1987. Senín deixa o cargo cun enorme labor ás súas costas. A súa última acción foi a presidencia e coordinación da comisión para a elaboración da Lei do Libro. Cinco conselleiros Alfredo Conde Cid, despois viñeron Daniel Barata Quintás, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, Jesús Pérez Varela e Ánxela Bugallo e sete directores xerais contaron co seu traballo.Considérase un técnico e non un político, «senon non podería botar tantos anos. Para algunha xente serei mellor e para outra peor, hai algúns temas dos que entendo máis, doutros menos, hai cousas que me gustan máis e, o tema do libro sempre me gustou moito, sempre estiven metido nel», asegura.