MOTOBAZAR MCDONALS de VILAGARCIA = 41
EXTRUGASA RIO ULLA = 59
Gulli (11), Pedrito (8), Diego (7), Victor (-), Pino (4), Pedro (-), Nacho (11), Santi (9), e Pepi (9).
Conseguiuse o primeiro obxetivo da temporada: ser campeóns da ??liga regular?, cando inda nos quedan 3 partidos por disputar. E foi na casa dun dos aspirantes a entrar no cuarto posto ( o 2º e 3 º parecen decididos para Portonovo e Cuntis), o Motobazar de Vilagarcia, que tivo as suas ausencias nesta ponte festiva.
De inicio Extrugasa se esperaba unha zona 2 ?? 3 pechada, coma así foi, e a consigna era clara: mover o balon sen apuro buscando a mellor opción. Santi anotou os 5 primeiros puntos, poñéndonos xa por diante. O Extrugasa defendeu forte en individual todo o encontro, e así colleu as primeiras diferencias no marcador (min 5: 2 ?? 11). Cun Pino moi tapado pola zona pechada local, pero moi forte no rebote, os outros 4 xogadores do Extrugasa seguia movendo o balón con bo criterio. Antes de finalizar o cuarto, 2 triplas de Gulli e Diego deixaron o marcador no fin deste 1º cuarto nun 7 ?? 19.
O 2º cuarto empezou con mais do mesmo: voltou a xogar Nacho por Pino, pero seguia moi tapado pola defensa local, e un pouco fallón, normal logo do parón practicament de todo o mes de abril. Así Gulli cunha tripla, e 2 triplas mais un contraataque de Pedrito puxeron o marcador nun 15 ?? 30 para o Extrugasa. Os cesureños baixaron un pouco nos minutos finais do cuarto para chegar ó descanso 22 ?? 32 ventaxa que poido ser maior se Gulli anota algunha tripla mais das que intentou, todo seles lanzamentos cómodos. Pero xogou 40 minutos direxindo ó equipo de defendendo por momentoa algun dos peligrosos do Motobazar.
Na reanudación o partido estabilizouse nunha diferencia arredor dos 10 puntos. Pino e Pepi foron os que anotaron neste periodo, gracias en parte a un Santi moi activo á hora de surtir de balóns interiores. De feito este cuarto empatouse a 11, polo que o marcador era 33 ?? 43.
No ultimo os locais quixeron arriscar, pero a boa defensa cesureña cortou moitos balóns, ou aseguraba o rebote defensivo, e en ataque logo de unha tripla de Gulli, e unha canasta exterior de Diego, por fin apareceu Nacho. 11 puntos consecutivos seus nos derradeiros 5 minutos supuxeron o 41 ?? 59 final.
Agora Pontecesures ten que xogar 3 partidos que lle van servir para que xogadores coma Nacho ou Peñaño dispoñan de minutos, pero sen sobrecargalos, para que collan o ritmo para o fin de semana da final a 4, e tamén para que os menos habituais xoguen mais tempo nestes partidos.