O Náutico Pontecesures cede o liderado na Liga Nacional de Jóvenes Promesas, e cae ao terceiro posto.

Tras o selectivo para os equipos nacionais españois absoluto no Campionato de Europa e Sub-23 e Júnior no Europeo e no Mundial, o encoro asturiano de Trasona servíu a pasada fin de semana de escenario da Copa de España de Jóvenes Promesas Cadetes de 1.000 metros. Unha cita con dous campións arousáns e un terceiro podio da zona.

Os títulos foron para a gran promesa da canoa do Salnés, Manuel Fontán Señoráns, que lucíu o escudo do Náutico O Muíño de Ribadumia no máis alto do podio do C-1 A, cun crono de 4.38,990 e unha enorme superioridade, a 4,8 segundos do segundo clasificado, Nicolás Sprimont, do Náutico Port Pollença. Unha actuación semellante asinaría dez minutos despois Carla Frieiro Carril, das Torres-Romaría Vikinga, vencedora da proba de K-1 A feminina en 4.27,801, 5,073 segundos menos cá segunda, Lucía Zamora, do E.P. Aranjuez. O C-4 masculino das Torres rematou segundo.

Por equipos, o Náutico Pontecesures non puido reter o primeiro posto da Liga Nacional de Promesas, sexto en Trasona e agora terceiro na xeral.

La Voz de Galicia

Máis de 70 arousáns na Copa de España de 1.000.

O encoro asturiano de Trasona é esta fin de semana o escenario da segunda cita do calendario da Liga Olímpica de Sprint Hernando Calleja. Tras o Campionato de España de Inverno, sobre distancias de 2.000 e de 5.000 metros, chega a Copa de España de 1.000 metros, 500 para as mulleres e para o K-4 masculino, este último con vistas ao troco do calendario olímpico.

Serán 73 os padexeiros arousáns en acción, das Torres-Romaría Vikinga (26), do Breogán (24), dos náuticos O Muíño (5) e Pontecesures (10), e dos piragüismos Cambados (3) e Illa (5).

La Voz de Galicia