Dentro do Grupo IV da liga de fútbol veterán, o equipo cesureño venceu por 0-2 ao Idago. Marcha 6º na táboa con 10 puntos, pero a 3 puntos só da cabeza.
O vindeiro sábado recibe en Pontecesures ao Catoira que vai 3º, con 12 puntos. Partido moi interesante e de gran rivalidade
Deportes
O Salud de Valga cae derrotado na liga de fútbol veterán.
Perdeu a domicilio co Santo Paio por 3-2 e agora marcha no posto 11º do grupo VI da competición con 5 puntos, logo de 5 prtidos xogados. O vindeiro sábado recibe ao Poio que vai un posto máis abaixo.
Deportes
El Pontecesures C.F. gañou a domicilio en fútbol sala.
Xogaron onte, 2 de outubro, en Cangas, e gañaron por 2-3. Agora levan 6 puntos porque tamén gañaron o primeiro encontro en Pontecesures.
Persoeiros
Apaixonado do fútbol que recuperou o Furia.
Se a Casa Vella é «case a miña vida», o fútbol e a paixón persoal de Xenaro Barreiro. Unha paixón que leva máis aló da afección exercendo como apóstolo do balompé entre os seus veciños. Así foi como, xunto cun grupo de amigos, se decidiu durante unha desas boas comidas e fartura e conversa a recuperar o Furia, un equipo desaparecedo durante a Guerra Civil. Era o ano 1996, e o Furia se nutriu case ao día seguinte dunha boa canteira da man da asociación de pais de alumnos do colexio de Baño. O maior porblema do club, o trato discriminatorio que, denuncia Barreiro, ten o concello de Valga, favorecendo, afirma o veciño Cordeiro, «onde adestra o fillo do alcalde», sinala o rexente da Casa Vella. «Nós temos un campo en Campaña, no que non podemos practicamente cobrar entrada porque ten unha rexiña pola que se ve todo, mentres o Cordeiro xoga no campo de arriba», con moitas máis comodidades. No Furia, Barreiro viviu o episodio máis feliz da súa vida pública. «No ano 97 tiñamos tres nenas no equipo cadete. Pxémolas a xogar cos rapaces. e na Federación Galega dinnos que non podían. Empezamos a recorrir, a recorrir e a recorrir. Presentamos informes de sociólogos, psicólogos e pedagogos. Ata que conseguimos que en todas as competicións deportivas dependentes das federacións galegas poidan xogar homes e mulleres sen distinción. Inda o outro día me chomou a nai dunha rapaza de Asturias para preguntarnos polo caso porque vira a nosa web». «Foi unha época marabillosa», rememora.
LA VOZ DA GALICIA, 02/02/10
Deportes
A Cacharela/Karymo, campión do II Memorial de Fútbol 7 «Victoriano Trenco».
Gañou a final está mañana no campo «Ramón Diéguez» de Pontecesures ao Cafetería Sol y Mar. O tempo regulamentario rematou con empate a un tanto. Nos penalties, a Cacharela/Karymo marcou os tres lanzamentos, mentres o Sol y Mar marcou só dous.
Os resultados das semifinais que se disputaron antes foron:
Caf. Sol y Mar, 2
A Palmeira, 1
Rosalía Vet, 2
A Cacharela /Karymo, 4
Deportes
O domingo 26, semifinais e final do II Memorial de fútbol 7 «Victoriano Trenco».
Resultados dos encontros de cuartos de final disputados o pasado domingo, 19 de setembro:
Desigual, 0
A Palmeira, 2
Extrugasa, 2
Caf. Sol y Mar, 2
(clasificada a Caf. Sol y Mar por penalties)
Rosalía Vet., 3
Bar Muelle, 1
Joyería Riveiro, 1
A Cacharela/Karymo, 3
O domingo, 26 de setembro, disputaranse as dúas semifinais no Campo de Fúbol «Ramón Diéguez», simultáneamente ás 10 horas. Os enfrontamentos serán:
A Palmeira-Caf. Sol y Mar
Rosalía Vet.-A Cacharela/Karymo
Ás 11:30 horas terá lugar a apaisoante final entre os gañadores. Espérase a presenza de moitos afeccionados.