No Grupo 4 da Liga de Fútbol Veterán, o Joyería Riveiro, debutou na Liga o pasado sábado cun empate sen goles no feudo do Jamones Ramiro.
Pola súa parte, e dentro do grupo 6, o Salud Veteranos de Valga comezou a liga perdendo co Ponte Bora por 3-1.
Deportes
Resultados dos primeiros partidos do II Memorial Victoriano Trenco de fútbol 7.
Celebráronse os partidos de ida da primeira eliminatoria o sábado, 5 de setembro, no «Ramón Diéguez» de Pontecesures cos seguintes resultados:
T. Veiga/Bar O Belén, 0
Desigual, 1
A Estornela, 0
A Palmeira, 2
C. Ulla-Sar. 0
Extrugasa, 3
A Casa Vella, 2
Caf. Sol y Mar, 2
A Redonda, 2
Rosalía Vet., 3
Valdeza/Bar Juan, 1
Bar Muelle, 0
Benjamín Ramos, 3
Joyería Riveiro, 7
Elite Electricidade, 0
A Cacharela/Karymo, 0
Os encontros de volta celebraranse o domingo, 12 de setembro, en horarios de 9 a 12 horas.
Concello
Resposta á nota dos socialistas cesureños sobre a piscina e o campo de fútbol.
En relación coa nota enviada aos medios de comunicación sobre o funcionamento da piscina municipal e a necesidade da obra de pavimentación nun lateral do campo de fútbol «Ramón Diéguez», respóstase o seguinte:
1. Xa se infomou onte sobre o número de usuarios e do custo do funcionamento da piscina, durante estes dous meses. Continuar máis tempo, supón un gasto importante nestes intres de crise. Estase a valorar a próroga por uns días, en función das previsións do tempo e a disponibilidad da empresa encargada do servizo.
2. Consideramos bastante exitosa a tempada deste verano na piscina. Moitos usuarios e boa calidade das augas foron a tónica dominante, e non houbo incidencias salientables, tendo en conta que é unha instalación que xa ten os seus anos con problemas na conservación, sobre todo, dos azulexos do vaso. Adoptáronse medidas de mantemento da instalación para dar o mellor servizo posible.
3. Coincidimos cos socialistas en que a obra de pavimentación do perímetro nun lateral do campo de fútbol é necesaria. Estudouse a inclusión da obra no Plan E 2010 pero quedou fóra, por mor das obras en Grobas, escola infantil, biblioteca e entorno, pavillón, rúa do Campo, e outras no propio campo de fútbol.
4. Tamén se solicitou a obra á Secretaria Xeral para o Deporte, xunto con outra para o ximnasio que se está a construir a carón do pavillón. Optouse por esta última, pois só era factible unha solicitude. Fixose despois de consultar a cuestión coa administración autonómica e nos concederon 3.531,45 euros para a instalación eléctrica do ximnasio. Primaron as cuestións económicas, pois a obra a pavimentación no campo ten un orzamento de 52.748,44 euros e a cifra que se podería conceder era mínima en relación co custo da obra.
5. Nesta lexislatura, fixéronse uns investimentos récord no campo de fútbol, valorados en máis de 500.000 euros. Botouse a herba artificial, instalarónse novos banquiños, recolléronse as augas pluviais do campo, acondicionáronse os vestiarios e o edificio administrativo, arranxouse o muro perímetral, instalouse alumeado na tribuna, acondicionouse un local baixo dita tribuna, etc… Con dar unha volta polo campo e comparar o estado actual e o que tiña en 2007, cando entrou este goberno, nótanse as diferenzas.
6. Queda por facer agora esta actuación, e imos tratar de buscar unha solución máis económica, para tentar que se realice.
? moi doado facer críticas e utilizar o termo «o goberno local renuncia» para facer política, sen molestarse en vir ao concello a consultar a documentación. Non renunciamos a nada, pero gobernar é priorizar. Non hai posibilidades de facer todo o que se quere, e necesidades sempre hai.
Pontecesures, 01/09/10
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de relacións institucionais
Concello
El PSOE de Pontecesures exige el retraso del cierre de la piscina municipal para el próximo día 15 de septiembre.
La agrupación local del Partido Socialista de Pontecesures exige al tripartito que retrase el cierre de la piscina municipal de la localidad para el próximo día 15 de septiembre. Los socialistas señalan que el gobierno local tiene previsto echar el cierre a las instalaciones mañana mismo, una fecha que ellos consideran demasiado próxima dado que los niños no empiezan las clases hasta el día 10 y la piscina es una actividad de ocio para esta franja de edad.
Explicaciones. Desde la agrupación local socialista también insisten en que el Concello debe responder cuanto antes al hecho de que, según ellos, se haya renunciado a una subvención con la que podría haberse acometido el pavimentado lateral del campo de fútbol ??Ramón Diéguez?, una obra que el PSOE considera ??imprescindible?.
Los socialistas sí hacen referencia a la concesión explícita de una subvención al Concello para acometer el acondicionamiento del gimnasio del pabellón municipal que, al parecer, es una obra que sí se va a ejecutar.
Así las cosas el PSOE entiende que deben ser los concejales que gobiernan en el Concello de Pontecesures los que deben explicar las subvenciones.
DIARIO DE AROUSA, 01/09/10
Deportes
Datas do II Memorial «Victoriano Trenco» de fútbol 7.
Será os días 5, 12, 19 e 26 de setembro, no campo Ramón Diéguez de Pontecesures.
Nas xornadas dos días 5 e 12, os encontros comezarán ás 9 horas, mentres que nas do 19 e 26 comenzarán ás 10 horas.
Organizan o torneo a Asociación Cultural «A Estornela» de Pontecesures e a Xoiería Riveiro tamén de Pontecesures.