Depositan vellos enseres domésticos preto do miradoiro do Galiñeiro.

A uns cincuenta metros da entrada ó miradoiro do Galiñeiro, nun cruce cun camiño de terra, foron depositados nestes días diversos enseres vellos (unha nevera, restós de colchóns, etc…). Son actitudes incívicas de persoas que prexudican a todos. Habendo como hai un servizo de recollida de trastos vellos en determinados días, non é de recibo que acontezan estes feitos.
Maña será presentada denuncia na Garda Civil de Valga. Espérase que o luns sexa retirado o lixo por operarios municipais.

Uns gamberros causan destrozos no mirador do Galiñeiro.

Neste mirador recentemente rehabilitado nunha actuación do LEADER PLUS e situado no monte municipal ??Salgueiras-Lagoa?, houbo hai uns días destrozos causados por descoñecidos.
En concreto, foron desmontados dous bancos de pedra, e danadas papeleiras e unha farola de alumeado. Tamén foron substraídos os canos da fonte.
Operarios municipais xa están a proceder ós arranxos solicitándo o goberno local (ademáis de lamentar estes feitos que atentan contra o patrimonio de todos) a colaboración cidadá por se algunha persoa ten algún dato sobre o autor ou autores.

Novos sinais en Pontecesures.

Nestes días estanse a colocar en Pontecesures varios sinais e paneis informativos sobre zonas de interese do noso municipio. En concreto vanse colocar nove sinais orientativas en puntos próximos e estas zonas e oito paneis nos mesmos lugares. Esta información afecta ó Mirador do Galiñeiro, ó do Pino Manso, o monumento ó Coche de Pedra, o Alfolí, a ponte romana interprovincial, o cruceiro de San Lázaro, a capela do Pilar, etc..

Tamén será instalado no centro da vila un punto de información multimedia para indicar zonas de interese do territorio Ulla-Umia.

O custo desta actuación en Pontecesures é duns 13.000 euros que son afrontados na súa totalidade pola ADR Ulla-Umia a través do programa LEADER PLUS que adxudicou os traballos á empresa de sinalizacións Sebagasa.

Con satisfacción recíbese este investimento que é moi importante para mellorar a información sobre as zonas de interese na nosa vila.

Destrozan as luminarias da farola principal, recentemente instalada, no Mirador do Galiñeiro.

No día de onte a Policia Local percatouse que foron rotas as dúas luminarias da farola principal do Mirador do Galiñeiro.

Realmente é dificil alcanzar con pedras, ou outros obxectos, esas luminarias, pois están a 10 e 11 metros de altura, respectivamente. Non se descarta que se houbera utilizado algún tipo de escopeta para facer o dano.