O nomeamento de Xavier Senín (Pontecesures, 1949) como membro correspondente da Real Academia Galega foi unha das poucas alegrías durante esta etapa de pandemia. No seu haber, cómpre destacar que foi un dos axentes que traballaron para conseguir o desenvolvemento e a consolidación da Literatura Infantil e Xuvenil galega, un labor co que aínda continúa. Actuou como xestor, editor, tradutor, animador cultural… Soubo implicar creadores diversos, divulgadores, críticos e investigadores en prol dunha literatura pouco considerada.
Desde o período preautonómico, foi artífice de cursos, seminarios, encontros e obras colectivas, ademais de verter á lingua galega gran número de obras da LIX universal, como por exemplo as aventuras de Astérix creadas por R. Goscinny e A. Uderzo, unha serie que segue viva con novos creadores e da que seguimos a gozar grazas ao seu labor como tradutor. Parabéns, Xavier!
blanca.roig@usc.es
El Correo Gallego