Los alcaldes de Vilagarcía y Cesures ponen en juego los medios municipales.

El recibimiento institucional de los ganaderos movilizados, tanto en Vilagacía como en Pontecesures, ha sido impecable. Ellos, por una parte, aseguran no querer interferir en la vida cotidiana de ninguna de las dos poblaciones. «Non vimos a molestar a ningún veciño, senón a loitar polo noso», afirmaba Luis Cejo, de Silleda, a las puertas de Larsa. Su objetivo es la industria.

La alcaldesa de Cesures, Cecilia Tarela (BNG), no dudó en acudir de madrugada a Nestlé y ofrecer a los tractoristas el pabellón municipal para ducharse y descansar. Por la mañana repitió la visita. También el socialista Alberto Varela se personó en a As Carolinas para poner a su disposición las instalaciones que precisasen. El portavoz de Agricultura del grupo parlamentario del PSdeG, Pablo García, le acompañaba. «O pobo e os concellos moi ben», reconocían los ganaderos.

La Voz de Galicia

Padrón no cine: a primeira película muda.

A ledicia na cara dunha noiva, a inquietude do noivo e o nerviosismo dunha testemuña… son, probablemente, as primeiras imaxes cinematográficas que existen de Padrón. Un acontecemento particular e privado como foi un voda, permítenos coñecer algunhas persoas e paisaxes desta vila. A igrexa de Santiago, a ponte do Carme, a finca do Carballal, a praza do Pan…, son imaxes que están presentes neste filme, de pouco mais de tres minutos, que amosan tanto a representación eclesiástica coma a festiva e lúdica. Neste tres minutos podemos visualizar, nunha calidade deficiente, diversos aspectos da cerimonia.

Os primeiros fotogramas da película céntranse na chegada da noiva á igrexa parroquial de Padrón situada na praza do Pan. Así obsérvase, en primeiro lugar, o vehículo da noiva, -trátase dun coche marca Buick, matrícula C-2726-, que aparca diante das esqueiras que facilitan o acceso ao edificio relixioso. A continuación, a noiva descende e, xunto co padriño da voda e familiares, entra na igrexa. Nos seguintes fotogramas, faltos de iluminación, apreciase a cerimonia da velación, onde se pode intuír a presenza dos noivos, padriños e sacerdote. A saída do templo dos recen casados, acompañados de familiares e curiosos, é retratada polo cámara mediante un travelling que permite visualizar aos asistentes e, como non, aos vehículos situados na citada praza. O autor recrease nos presentes, invitados e espectadores que posan, rin e falan á cámara, e entre esta multitude, subido ao estribo dun coche, parece estar un fotografo, que ben podería ser Xaime de Sousa Guedes Pacheco, fotógrafo vigués moi famoso naquel momento e do que se ten constancia da súa presenza nesta cerimonia. A partir de aquí o autor da película vai gravar, desde a ponte do Carme, aos invitados que se desprazan ata a finca do Carballal, lugar onde se celebraba o banquete. Por último, o cámara remata a súa gravación na finca antes mencionada. Alí, a partir dunha vista xeral dos edificios que a compoñen, o autor vai retratando aos invitados. Mulleres con mantilla, homes de traxe, mozas, nenas, nenos? desfilan polo ollo do autor ata que, uns poucos, se agrupan para, primeiramente, posar e logo desfilar cara á cámara. De súpeto, como ven sendo habitual neste filme, as escenas trasládanos ata, o que podería ser o final da cerimonia.

Este evento celebrouse o mércores 22 de maio de 1929, na igrexa parroquial de Santiago de Padrón ante o párroco José María Meléndez. Os contraentes foron Dolores Pérez Estévez e Joaquín San Martín Orense, acompañados dos seus padriños, Isidoro Pérez Artime, pai da desposada, e Cristina Orense de San Martín, nai do noivo. Xunto a eles aparecen Estanislao Pérez Artime que actuou como delegado do xuíz, José Pérez Artime, Simeón García, Carlos del Valle Inclán e Eugenio San Martín Orense, que exerceron de testemuñas. Mentres que entre os asistentes destacaban unha parte moi importante daqueles industriais, comerciantes e banqueiros, procedentes doutras rexións españolas que chegaron a finais do século XVIII e principios do XX a Galicia e que, co tempo, se estableceron definitivamente nesta terra. Deste xeito, algunhas das persoas que participaron neste evento tiñan as súas raíces na localidade rioxana de Ortigosa de Cameros. Por exemplo, Simeón García Nieto, os irmáns Isidoro, José e Estanislao Pérez Artime, Jacobo Rey Daviña, empresario e banqueiro; Miguel Martínez de la Escalera Torres; Francisco e Ignacio Riestra, fillos de José María Riestra Pérez, tamén coñecido como o marqués de Riestra; Carlos del Valle Inclán, irmán maior do novelista e autor teatral Ramón María, casado con Catalina Peña Artime.

Polo que respecta á autoría da película non existen, polo de agora, datos fidedignos que permitan identificar, sen ningunha dúbida, ao seu autor. Pero se temos en conta varios factores podemos supoñer que, probablemente, fose José Gil y Gil o pai deste filme, pero a visualización de película e a comparación coa súa produción, lévanos a dubidar da súa autoría. Os problemas de visualización, a escasa luminosidade de varias escenas, a inestabilidade de varias tomas e a baixa calidade dalgunhas secuencias… son factores que inciden nesta teoría. Polo tanto, é factible que a autoría da cinta puidese ser obra dun afeccionado que cunha cámara cinematográfica filmase este enlace. Téñase en conta que Padrón xa entrara no mundo do cinematógrafo en 1910, cando Estanislao Pérez Artime e Eugenio San Martín inauguraron no mes de marzo do citado ano un aparato cinematográfico. Amais, en 1928, a Xunta Provincial de Sanidade autorizou a instalación no convento do Padres Dominicos de Padrón dun aparato de proxección cinematográfico. Asemade, nos salóns denominados Cesures e Latorre, existentes nos concellos de Pontecesures e Padrón, respectivamente, era usual celebrar sesións cinematográficas.
Quizais os labores de restauración da película podan achegar datos que permitan solucionar este problema.

La Voz de Galicia

O Camiño de Santiago a Padrón.

Consérvanse innumerables testemuñas e relatos de peregrinos de distintos países que, dende a Idade Media, seguían unha arraigada tradición: tras visitar en Compostela as reliquias de Santiago, continuaban viaxe cara a Padrón para coñecer a orixe da tradición xacobea, que establece que foi a esta localidade onde chegaron por mar a Galicia os restos do apóstolo arredor do ano 44 despois de Cristo. Posteriormente foi levado nun carro de bois ata Compostela onde sería enterrado no monte Libredón. Neste espazo, é sobre os seus restos mortais, ergueuse a catedral de Santiago. O edificio de estilo románico foi construído entre os anos 1075 e 1211. Ao longo do tempo fixéronse numerosas ampliacións ata chegar ao resultado actual.

Por este motivo, a vila de Padrón é desde a Idade Media o epicentro da Tradición Xacobea, pois ademais de ser, tras Compostela, a segunda meta para moitos peregrinos, é un dos poucos lugares da Península Ibérica onde a tradición sitúa a predicación do apóstolo Santiago, concretamente no monte Santiaguiño entre os anos 34 e 42 da nosa era.

Padrón é, ademais, o punto de partida da última etapa dos peregrinos que seguen o Camiño Portugués a Santiago.

Referencias a Padrón no Codex Calixtinus (S.XII):

O Codex Calixtinus, texto referencial da tradición xacobea, non deixa lugar a dúbidas:

-O primeiro emperador paneuropeo, Carlomagno, viaxou ata Padrón: “despois de ir visitar o sepulcro de Santiago, [Carlomagno) chegou a Padrón sen achar resistencia e cravou unha lanza no mar, dando grazas a Deus e a Santiago por levalo ata alí, ao tempo que dicía que non puidera ir antes”. Libro IV.

-Das sete portas de entrada a cidade de Santiago, só unha se cita como de saída e é xusto a de Padrón: “a quinta, Porta Falqueira que leva a Padrón”. Libro V.

-O mesmo sucede coas igrexas da cidade. So unha se vincula cun camiño de saída da cidade. ? de novo o padronés: “a sexta, a de Santa susana, virxe, que está á beira do camiño a Padrón”. Libro V.

Afonso XI de Castela

O Rei Afonso XI de Castela armouse cabaleiro na Catedral en 1332. De seguido o monarca partiu de Santiago e foi a Padrón en romaría “porque a aquel lugar chegou o corpo de Santiago”

Rodrigo de Luna (S.XV)

O arcebispo compostelán, Rodrigo de Luna, mellora as instalacións do hospital de peregrinos de Padrón. El mesmo explica o motivo: “por canto os fieis cristiáns que con moita devoción visitan cada día nosa igrexa de Santiago, continuando as súas romarías ate a nosa igrexa de Padrón”.

Testemuñas de Peregrinos

Temos moitas testemuñas de peregrinos que despois de chegar a Santiago continuaban viaxe cara a Padrón, como especifican nos diarios e relatos que nos deixaron:

-Nompar II, señor de Caumont, 1417. Na súa guía para futuros peregrinos narra: “este é un lugar [Padrón] a onde o Señor Santiago chegou por mar; o corpo e a cabeza chegaron separadas nunha barca de pedra, todo isto sen intervención allea, e eu vin a barca á beira do mar”.

-Sebald Ortel, de Nuremberg, Alemaña, 1522: “Partimos de Santiago o día de todos os Santos e ao mediodía e chegamos a Padrón. Foron catro millas”.

-Os duques de Nomtpersier, despois de facer a ofrenda ao Apóstolo na Catedral de Santiago, continúan viaxe cara a Padrón para venerar o Pedrón. Chegan o 28 de xullo de 1852.

-O cardeal e arcebispo de Santiago, Martín Herrera, peregrina a Padrón o 28 de xullo de 1902. O motivo puido ser a entrega dunha reliquia á parroquia de Santiago de Padrón. Tamén durante o seu mandato fixéronse obras de acondicionamento do monte Santiaguiño.

-A inglesa Annette Meakin, conta no seu Diario de Viaxe de 1907 que aínda lle explican que “a maioría dos peregrinos, despois de ter cumprido con Santiago, ían a Padrón a ver o lugar a onde o corpo do apóstolo chegara á terra”.

-O historiador e eclesiástico Luciano Huidobro y Senra comenta no seu libro Peregrinaciones Jacobeas, publicado en 1948 que “complemento obrigado da visita a Compostela é sempre a de Padrón”

Isto e so un exemplo, pois hai moitas máis referencias relativas a visita dos peregrinos a Padrón,despois de visitar a tumba apostólica en Compostela.

La Voz de Galicia

Vecinos de varias zonas de Padrón tienen problemas para ver la televisión.

Vecinos del casco urbano de Padrón y de otras zonas próximas, incluso limítrofes de Dodro, tienen problemas para ver la televisión, debido a fallos en la cobertura de la señal de la Televisión Digital Terrestre (TDT). Uno de ellos explicaba ayer que, en su casa, dispone de dos televisores y lleva una semana sin apenas «poder ver nada en ningún dos canais».

En su caso habló con un técnico que, al parecer, le comentó que podía deberse a unas pruebas que están haciendo en Padrón de la cobertura 4G.

Así se lo comentaron también al Partido Galeguista Demócrata de Padrón que, ante los avisos recibidos por parte de vecinos de varias calles del casco viejo y zonas anexas, presentó el jueves un escrito en el Concello. En este caso, también habla de que «os afectados sofren, dende hai varios días, fallos de recepción da sinal de TDT polo que non poden ver a televisión».

El PGD consultó a técnicos en la materia y le explicaron que «pode ser causa de que están probando a cobertura 4G na zona do casco de Padrón». Los vecinos afectados residen puntos como la avenida de Pontecesures, rúa Herreros, barrio de A Trabanca y zonas limítrofes con Dodro. El grupo galleguista solicitó al Concello que averigüe «o que está acontecendo».

El gobierno local también recibió quejas de vecinos y ya está mirando cuál es el problema.

La Voz de Galicia

Los tractores llegan a Vilagarcía y Pontecesures.

trane

Los ganaderos alcanzaron anoche la fábrica de Nestlé en Cesures y esta mañana esperan bloquear también la de Larsa en la capital arousana.

El conflicto del sector lácteo acaba de alcanzar Arousa. Ganaderos de Rodeiro, Lalín, A Estrada y Silleda se dirigían anoche a Vilagarcía para bloquear, a partir de esta mañana, el funcionamiento de la planta de Larsa en la capital arousana. El mismo plan reza para la factoría de Clesa en Caldas de Reis. Pero la primera avanzadilla está ya en Pontecesures desde las 22.30 horas de ayer. El acceso a la fábrica de Nestlé fue rodeado por una veintena de tractores. Sus propietarios no están dispuestos a ver cómo la industria y las políticas de precios malogran una actividad centenaria en Galicia. «Isto temos que solucionalo si ou si», afirmaba uno de sus portavoces. De momento, el Concello cesureño ya ha mostrado su solidaridad con el sector. La alcaldesa, Cecilia Tarela, ordenó la apertura del anexo del pabellón municipal de deportes para que los manifestantes puedan ducharse y descansar.

La Voz de Galicia

El BNG pide la correcta rotulación en la N-550 del lugar de A Escravitude.

El BNG de Padrón solicita la correcta rotulación de la señal del lugar de A Escravitude en la carretera N-550. Este grupo presentó un escrito en el Concello demandando al Ministerio de Fomento el cumplimiento de la Lei de Normalización Lingüística de Galicia, una vez que, «a día de hoxe o lugar segue rotulada nos sinais na forma acastrapada de Esclavitude».

La Voz de Galicia