No día de onte foi presentada en A Estrada como cabeza de lista do BNG para os comicios locais 2007 en dito municipio a traballadora social do concello de Pontecesures, Raquel López Doce que leva prestando servizos na nosa vila dende 1994.
O responsable local do partido Xosé Magariños e Gonzalo Constenla facían pública a decisión adoptada por unanimidade pola asemblea local, ratificando a decisión anterior do consello comarcal.
Raquel López naceu en Figueroa de Arriba en 1967 e milita no BNG dende 1990. Foi responsable local do partido dende 1997 ata 2003 e actualmente exerce coma concelleira (voceira do grupo municipal), vicerresponsable comarcal e membro das comisións nacionais do BNG.