Estamos xa a venres e non teño constancia de novas nos xornais dixitais (que son os que podo ver dende o sur) da Festa da Lamprea. Non sei de que maneira o concello xestiona a comunicación institucional, so sei que non o fai ben.
Un exemplo claro témolo en que a única referencia atopada (hoxe) non é dunha nova dunha edición xeral de Galicia, nin dunha nova da edición Arousa, é da edición Deza-Tabeirós da Voz de Galicia (ver nova), que ven a ser unha entrevista ó pregoeiro.
Fai un mes estaba a ver na televisión, nun canle de cociña (non me preguntedes porque vexo esas canles 😉 ) e atopeime cunha reportaxe sobre a lamprea, saía a festa, a preparación … estaba quedo, mirando aparvado, todas esas imaxes, veciños, e esa exaltación desa importante riqueza gastronómica que temos: A Lamprea.
Agora parece que pasa o de sempre, non facemos publicidade do noso, e esperamos que nos coñezan, esperamos ter presenza e so temos silencio. A miña moza leva un gabinete de comunicación e fai milagres: Para a apertura dunha pequena tenda de zapatos consigue que a prensa (televisión, radio e xornais) esté alí, no noso caso temos producto, temos historia, temos bo facer … pero non teñen constancia, nin os noso veciños, nin os forasteiros, nin a prensa. Non dúbido que a TVG esté na festa, só faltaría o contrario, só que tiñamos que estar antes.