TEATRO NO CENTRO SOCIAL «LEONARDO E OS FONTANEIROS» UNHA OBRA DE MARÍA VICTORIA MORENO, SÁBADO 22 DE SETEMBRO ÁS 22.00 HORAS NO CENTRO SOCIAL.

Co patrocinio da Deputación de Pontevedra UB? TEATRO trae, este sábado 22 de setembro ás 22.00 horas no Centro Social de Pontecesures, a obra «LEONARDO E OS FONTANEIROS», unha obra de María Victoria Moreno autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2018.
Ao final da representación repartiranse libros desta autora para tódol@s asistentes.

TEATRO, COMEDIA XESTUAL, CLOWN NO CENTRO SOCIAL DE PONTECESURES. SÁBADO 15 DE SETEMBRO ÁS 22.00 HORAS: A COMPANÍA PÍSCORE CO SEU ??CONCERTO SINGULAR?.

O Concello de Pontecesures continua coa súa programación cultural de verán, neste mes de setembro con 3 espectáculos teatrais no Centro Social. Se o pasado sábado 8 era o turno da compañía Fulano, Mengano e Citano con ??TOP MANTA?, este sábado 15 ás 10 da noite a compañía Píscore ofrecenos ??CONCERTO SINGULAR?. Este ciclo de teatro remata o sábado 22 de setembro coa obra ??LEONARDO E OS FONTANEIROS? da compañía Ubú Teatro para público infantil e familiar, unha obra orixinal de María Victoria Moreno ??autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2018-.

PÍSCORE

??Concerto Singular?

A compañía Píscore chegan para levar a todas as prazas e teatros a mellor comedia musical e xestual. Son unha compañía que naceu na primavera do 2016 e que homenaxea co seu nome á famosa ??Esther Píscore?, trasunto da musa da danza, Terpsícore, nun coñecido gag de Les Luthiers. Teñen a premisa de facernos rir dende o virtuosismo musical, a elegancia e unha estética moi próxima á comedia xestual máis clásica.

O espectáculo

Premio do Público Festiclown 2017

Que acontece cando se convoca a catro grandes solistas para un único concerto? Catro prestixiosos músicos fronte a un grande conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Eles están dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante. Organizarse xa non vai ser tan doado. Píscore achéganos a mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual, o clown e a participación do público.

Críticas dos socialistas de Pontecesures ao alcalde en relación coa hostalaría.

Preguntamos ao alcalde se non consideran capacitados aos hosteleiros de Pontecesures para realizar os servizos de cátering para os eventos do noso concello (Festa da Lamprea, Día das Letras Galegas, Día do Mercado), xa que nin lles pide orzamentos para levalos a cabo.

O alcalde prefire que estos servizos sexan realizados por empresas de fóra do Pontecesures que os da propia vila -os que pagan os impostos eiquí, os que colaboran en eventos e festas,…-. En palabras textuais «el non mira o Rh das empresas».

Bonito xeito de promocionar a hostelería local!

Socialistas de Pontecesures