A celebración das “Letras Galegas” da pasada fin de semana.

Solidariedade, música e gastronomía déronse cita esta fin de semana en Pontecesures co gallo da celebración da nosas Letras.

O venres, a Biblioteca saeu á rúa. No troco libros por pienso 𝐫𝐞𝐜𝐨𝐥𝐥é𝐫𝐨𝐧𝐬𝐞 𝟗𝟕 𝐤𝐠 𝐝𝐞 𝐚𝐥𝐢𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐠𝐚𝐭𝐨𝐬 𝐞 𝐫𝐞𝐩𝐚𝐫𝐭í𝐫𝐨𝐧𝐬𝐞 𝐝𝐮𝐜𝐢𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐥𝐢𝐛𝐫𝐨𝐬 do expurgo de fondos bibliográficos.

AC Xarandeira e as pandereteiras de AC San Pedro de Carcacía actuaron o sábado amosando, unha vez máis, o seu dominio e experiencia na música e baile tradicional

A Ruta de Tapas das Letras Galegas reparteu máis de 1200 tapas, mostra do bo facer e implicación da hostalería cesureña. Nesta edición resultou gañadora a proposta 𝙈𝙤𝙧𝙙𝙞𝙙𝙖 𝘼𝙩𝙡á𝙣𝙩𝙞𝙘𝙖 𝙙𝙚 𝘾𝙖𝙛𝙚𝙩𝙚𝙧í𝙖 𝙊 𝙍𝙚𝙚𝙣𝙘𝙤𝙣𝙩𝙧𝙤.

𝐏𝐚𝐫𝐚𝐛é𝐧𝐬 𝐚 𝐭𝐨𝐝𝐚𝐬 𝐞 𝐭𝐨𝐝𝐨𝐬 𝐨𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐧𝐭𝐞𝐬 𝐞 𝐚𝐠𝐫𝐚𝐝𝐞𝐜𝐞𝐫 𝐚 𝐢𝐦𝐩𝐥𝐢𝐜𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐞 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐝𝐚𝐬 𝐯𝐞𝐜𝐢ñ𝐚𝐬, 𝐯𝐞𝐜𝐢ñ𝐨𝐬, 𝐡𝐨𝐬𝐭𝐚𝐥𝐞𝐫í𝐚 𝐞 𝐯𝐢𝐬𝐢𝐭𝐚𝐧𝐭𝐞𝐬 nesta fin de semana de homenaxe ás nosas Letras

Concello de Pontecesures

Letras Galegas 2024. Certame de Relato Curto en Pontecesures.

Na mañá de onte tivo lugar a entrega de premios do Certame de Relato Curto realizado polo Concello de Pontecesures no marco do Día das Letras Galegas deste ano.

Formando o xurado, contamos coa presenza de Mª Belén Senín Santiago e Ana Lorenzo Blanco, filólogas galegas e premiadas en certames de diferente índole literaria. Agradecer a súa colaboración altruista e profesionalidade para valorar os traballos realizados polos participantes.

A Alcaldesa Maite Tocino deu a benvida a participantes e familias, agradecendo a presenza e destacando o valor cultural e literario destas iniciativas. Posteriormente o Concelleiro de Educación, Deportes e Mocidade, Alberto Rivas, fixo entrega xunto co xurado dos premios aos gañadores do certame, que presentaron os seus relatos de forma anónima e firmados con seudónimo para garantir a transaparencia do mesmo.

O primeiro premio foi para o relato “Ata sempre, Jules” asinado por Sra. Bigotes e realizado por Helena García.

O segundo premio foi para o relato “Flor Amarilis” asinado por Froggy e realizado por Itxaso Illarramendi.

O terceiro premio foi para o relato “Luces Azuis” asinado por Pitán e realizado por Nicolás Calvo.

Parabenizar ás persoas gañadoras e animalas a seguir cultivando o talento literario en galego, de vital importancia para o futuro. Vémonos na próxima edición!

Concello de Pontecesures

LETRAS GALEGAS 2024 PONTECESURES

Actividades dirixidas a rapaces/as de 3 ata 16 anos.

Link para inscrición: Premer AQUI

O presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, novo académico da RAG.

Anxo Angueira, o presidente da Fundación Rosalía de Castro.

Anxo Angueira, o presidente da Fundación Rosalía de Castro. 

AReal Academia Galega (RAG) vén de elixir como novo académico de número ao escritor e investigador Anxo Angueira Viturro (Manselle-Dodro, 1961) como novo académico de número. O profesor da Universidade de Vigo, que preside a Fundación Rosalía de Castro ocupará así a cadeira que quedou vacante co falecemento o pasado mes de marzo do poeta Salvador García Bodaño-Zunzunegui.

A RAG tamén nomeou ao tradutor e profesor de lingua e literatura galegas Takekazu Asaka (Tokio, 1952), que xa era académico correspondente dende o 2017, como novo académico de honra. Premia así o seu traballo como tradutor ao xaponés de clásicos das letras galegas e o labor desenvolvido no seu país en prol da lingua e da cultura galegas durante os últimos tres decenios.

Anxo Angueira, a maiores do seu labor como profesor titular da área de Filoloxía Galega e Portuguesa da Universidade de Vigo, ten unha ampla traxectoria como creador literario, que lle valeu o premio Xerais, entre outros moitos. Tamén preside dende o ano 2012 a Fundación Rosalía de Castro. É un dos grandes especialistas do país na figura da poetisa e, en xeral, no orixe e as características do Rexurdimento.

Neste eido, editou boa parte das principais obras de Rosalía e é autor de traballos como Das copras de Sarmiento ós cantares de Rosalía de CastroCara a unha nova periodización do Rexurdimento (2013) ou Rexurdimento: a palabra e a idea (2019).

Como poeta, o académico electo ten no seu haber Val de Ramirás (1989), O valo de Manselle (1996), Libro da vertixe (1997), Fóra do sagrado (2007) e Palmeiras, piueiros (2021). Como narrador é autor de Bágoas de facer illas (1997), Pensa nao (1999), novela gañadora do Premio Xerais; A morte de A (2003) e Iria (2012).

La Voz de Galicia