Pontecesures está adherido a la APLU.

La Axencia para a Protección da Legalidade Urbanística es un organismo dependiente de la Consellería de Medio Ambiente. Esta la define como «un ente público de natureza consorcial que ten encomendada a función de control e disciplina urbanística en Galicia». Sus principales deberes son «a asistencia técnica e xurídica aos concellos adheridos e a formación e concienciación cidadá» sobre los problemas derivados de un mal uso del paisaje. Según la última información oficial, en estos momentos han delegado sus competencias en materia de protección urbanística 66 municipios gallegos. La intención de la Xunta es que «un dos retos para a actual lexislatura é seguir medrando», y para ello el gobierno local invita a los municipios a adherirse a una agencia que, al menos en lo que a Arousa se refiere, no goza de demasiadas simpatías: solo Meaño y Pontecesures están integrados en este organismo.

La Voz de Galicia

O alcalde de Pontecesures estivo no acto de promoción do Camiño Portugués pola Costa.

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do deputado delegado de Turismo Rías Baixas, Santos Héctor Rodríguez, dos alcaldes de Barro, Caldas, Pontecesures, Vigo, A Guarda, O Rosal e Oia e das concelleiras de Pontevedra, Baiona, Nigrán e Redondela, presentou esta mañá as actuacións promocionais que realizará a institución provincial este ano en FITUR e que terán como protagonistas ós concellos polos que transcorre o Camiño Portugués pola Costa. No transcurso dos actos de presentación en Pontevedra e Vigo deuse a coñecer o spot realizado para promover o Camiño Portugués pola Costa e o tema que o músico Teo Cardalda compuxo para a actuación promocional de Turismo Rías Baixas que leva por título «Un lugar en el mundo».

Carmela Silva subliñou que «o xoves Rías Baixas volverá sorprender en FITUR, porque o noso modelo de promoción turística quere ir máis aló, queremos transmitir unha imaxe vangardista, innovadora, rompedora, única; unha imaxe que, este ano, sen dúbida algunha dará moito que falar». A Presidenta recordou que o eixo central da promoción do destino Rías Baixas este ano será o Camiño Portugués pola Costa, «un camiño que parte desde Oporto pola costa Atlántica e conecta en Redondela co Camiño Portugués de interior».

Silva tamén explicou as principais razóns polas que se escolleu este eixo promocional para o 2017, recordando que «o Camiño pola Costa foi oficializado o pasado ano 2016 e precisa un impulso que contribúa ó seu maior coñecemento por parte dos nosos visitantes, porque estamos convencidas e convencidos de que debe converterse nun referente clave para o turismo na provincia de Pontevedra». Amais, a Presidenta da Deputación de Pontevedra remarcou que «esta ruta ten unha achega moi singular: o mar e os concellos polos que transcorre». Neste contexto, Carmela Silva fixo fincapé no protagonismo dos concellos nesta actuación promocional que a través do Camiño Portugués pola Costa percorre quince municipios da provincia (A Guarda, O Rosal, Oia, Baiona, Nigrán, Vigo, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Pontevedra, Barro, Portas, Caldas, Valga e Pontecesures) e os aspectos relacionados coa súa cultura, patrimonio, historia, termalismo ou o medio ambiente.

Máis polo miúdo, Carmela Silva destacou os atractivos turísticos desta ruta «que ten no mar, no Océano Atlántico, o elemento fundamental que a distingue do resto do Camiño e converte este percorrido nunha experiencia inesquecible». Ademais, a Presidenta da Deputación de Pontevedra mencionou «o patrimonio histórico dos quince concellos polos que transcorre a ruta; as tradicións ligadas ó mundo pesqueiro; a arqueoloxía, sendo un dos destinos con maior cantidade de xacementos galaicos e romanos, os Castros do Trega na Guarda, da Cabeciña en Oia, de Valga, da Lanzada, ou os cascos históricos como é o de Pontevedra, no que é un pracer pasear e integrarse coas súas xente; o enoturismo e a cultura do viño, que tanto contribúen á desestacionalización do turismo e gozar das augas termais e das súas propiedades, como as de Caldas, calmar os pes nos mananciais termais, na fonte da Burga ou no lavadoiro termal a carón do Camiño».

Carmela Silva asegurou que todas estas experiencias formarán parte da promoción da Deputación de Pontevedra e adiantou que se lles achegará ós presentes un caderno de viaxe, «para guiar os pasos das peregrinas e peregrinos que se decidan a percorrer o Camiño pola Costa, no que terán espazo para escribir a propia experiencia que van vivindo, etapa a etapa; un caderno no que se desvelará, en Madrid, un elemento sorpresa e único do que tan so lles podemos adiantar que é inédito en FITUR, que é un xeito creativo, vangardista e único de dar a coñecer a nosa provincia, converténdonos, unha vez máis, nunha provincia innovadora, xa que ten que ver coas novas tecnoloxías, coa aposta que ten este novo goberno da Deputación por transmitir unha imaxe vangardista da provincia».

Ademais do modo de promover o destino Rías Baixas, a Presidenta da Deputación de Pontevedra tamén deu a coñecer a axenda para os vindeiros días en FITUR, centrada nun contacto permanente con turoperadores, representantes do sector turístico e medios de comunicación co obxectivo de transmitir os atractivos de Rías Baixas. Así, o día da inauguración oficial da feira, 18 de xaneiro, a Presidenta provincial manterá unha reunión ás 11:30 con representantes da Deputación de Xaén no stand de Andalucía (pavillón 7) para abordar cuestións relativas á «Ruta dos Íberos e Fenicios» da deputación andaluza que entronca co proxecto que a institución provincial está a desenvolver cos castros. De feito, Carmela Silva informou que «hai estudos que sinalan que esta ruta iniciada en Xaén tiña moita relación coa nosa provincia, chegaba ata aquí».

Nese mesmo encontro con responsables da Deputación de Xaén tamén se analizarán temas relacionados cos castelos xa que, tal e como asegurou a Presidenta da Deputación de Pontevedra, «Xaén desenvolveu tamén un plan de usos para os castelos da súa provincia como fixemos nós con Sobroso e Soutomaior e queremos analizar vías de colaboración para promover estes elementos arquitectónicos».

Tamén o 18 de xaneiro ás 13:30 no stand de Turespaña (pavillón 9), a Presidenta da Deputación de Pontevedra apoiará á Alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, na presentación que realizará da vila como Cidade Europea do Viño. E xa pola tarde, ás 16:00, a institución provincial participará na reunión de «Sismotur: Smart Talk sobre Tecnoloxía Blockchain e aplicacións ó turismo», no pavillón 10

Pola súa banda o xoves, a maiores da presentación do destino Rías Baixas ás 12:00 no stand de Turgalicia (pavillón 9), a institución provincial apoiará a Vigo na presentación que realizará das Illas Cíes e que continuará cun almorzo no Espazo Atlántico de Pepe Solla. Pola tarde, ás 16:00, a Deputación de Pontevedra asistirá á presentación que a Mancomunidade do Salnés e o Concello de Cambados realizarán no stand de Turgalicia e ás 16:30 reunirase co Director Xeral da Escola de Organización Industrial (EOI). Xa pola noite, ás 20:30, representantes da institución provincial asistirán na Galería de Cristal do Palacio de Cibeles á «Noite Q 2017» onde se fará entrega da renovación do distintivo Q de Calidade para as oficinas do Palacete das Mendoza e do Mosteiro de Armenteira.

A Presidenta engadiu que «como queremos ir máis aló, ter máis presenza e aproveitar as sinerxías que se xeran en Madrid no momento en que se celebra FITUR, con milleiros de persoas procedentes de todo o mundo que se dan cita na capital durante esta semana, ata finais de xaneiro un dos autobuses turísticos de dous andares de Madrid, que percorre a capital, estará rotulado cun vinilo coa imaxe de Turismo Rías Baixas, do Camiño Portugués pola Costa». Neste contexto, Carmela Silva engadiu que «hai que estar alí onde están milleiros de persoas, para atraer cada vez máis a un maior número de visitantes a Rías Baixas».

Xa para rematar, a Presidenta da Deputación falou da música que acompaña as imaxes que Turismo Rías Baixas amosará ó mundo en Fitur. A este respecto, Carmela Silva manifestou que «estamos tan orgullosos da nosa provincia, da súa creatividade, da extraordinaria cultura, da nosa música, que imos levar música galega a FITUR, música que se fai por homes e mulleres con gran presenza nacional e internacional como Teo Cardalda, que leva a nosa provincia coa súa música por todo o mundo, e que compuxo un tema inédito que se vai presentar en FITUR e que se estrea hoxe en Pontevedra titulado «Un lugar en el mundo».

Páxina oficial de Deputación

Once de los nuevos treinta paneles informativos de la Ruta da Lamprea están en el río Ulla.

La nueva señalización que la dirección xeral de Turismo ha desplegado en la Ruta da Lamprea discurre por 18 concellos gallegos en torno a los tres ríos en los que se pesca este preciado pez: el Ulla, el Tambre y el Miño. Son en total treinta paneles con los que se pretende ofrecer información al visitante con la que pueda interpretar la importancia medioambiental de la lamprea y del entorno en el que habita. Además, también se han instalado otros cinco paneles promocionales. La intención de la Xunta es poner en valor unos recorridos en los que se conjugan a la perfección medio ambiente, gastronomía y turismo.

El Ulla, en el que destacan las pesqueiras de Padrón, es protagonista en esta nueva señalética, ya que once de los paneles recién instalados están en este río. Otros cinco están en el Tambre, otro de los cauces importantes del área de Compostela, mientras que los 19 restantes han sido desplegados en la ribera del Miño. En este cauce, Arbo destaca entre los municipios dedicados a la pesca de la lamprea y fue precisamente este concello el que la directora xeral de Turismo, Nava Castro, visitó recientemente para examinar los trabajos de instalación de la nueva señalética del itinerario.

Durante esa visita, Castro explicó que el objetivo de la nueva señalización es mejorar la accesibilidad a los puntos que integran diversos itinerarios de la ruta. En concreto, la actuación ha consistido en la colocación, por una parte, de la señalización dinámica informativa en carreteras, a través de paneles promocionales, y, por otra, de señalización estática situada al principio de cada uno de los tres recorridos en zonas céntricas o de máxima afluencia de visitantes en los municipios gallegos que integran la Ruta da Lamprea.

Los concellos de la zona que forman parte de este itinerario son Teo y Padrón en la ribera del río Ulla, y Brión en la del Tambre. En estos cauces también están involucrados en la iniciativa Pontecesures, Valga, Catoira y A Estrada en el Ulla, y Outes y Noia en el Tambre. Del Miño figuran Arbo, As Neves, Crecente, A Guarda, Tui, Tomiño, O Rosal, Ponteareas y Salvaterra.

La Voz de Galicia

O BNG critica a Augas de Galicia polos investimentos en Pontecesures.

Populares de Pontecesures, aquí Cores Tourís comentándolle á concelleira de Medio Ambiente (BNG) e ó voso concelleiro de obras (daquela alcalde en funcións…) que Augas de Galicia non podía colaborar económicamente co Concello de Pontecesures no proxecto presentado para o saneamento do regato que verte ó Telleiro porque era unha competencia municipal (proxecto presentado en incontables ocasións, por certo)
http://www.xunta.gal/?/cores-touris-visita-pontecesures-par?
Aquí a señora Beatriz Mato que non debe saber que o saneamento é competencia municipal
http://www.farodevigo.es/?/augas-galicia-invie?/1523976.html
Aquí os convenios firmados por Augas de Galicia con 65 concellos dos que, CASUALIDADE!, 57 son do partido popular 🙂 🙂
http://www.bng.gal/?/12/listaxe-convenios-augas-de-galicia.?
Coidado coa hemeroteca, populares!!

BNG de Pontecesures

O PP de Pontecesures carga contra a oposición do BNG.

Non convén empezar o ano con crispación, aínda que por alusións e agora que a xente anda teimando nos propósitos de ano novo, quén lle ía a dicir á actual portavoz do BNG e á súa mastermind que ó remate este ano 2016 ían a rematalo ostentando o insólito record de ser quen menos tempo ocupara o despacho de alcaldía no que levamos de historia do noso concello.
Un ano que agora remata no que amba-las dúas empezaron disfrutando, unha, das meles dun salario a final de mes no posto de alcaldesa por descarte e a outra centrada unicamente na súa faceta de defensora dos desaforos á maltreita cultura cesureña., iso sí… das outras funcións de Muller e Xuventude e Medio ambiente (onde o actual goberno tivo que lidiar con solucións ás continuas denuncias por vertidos ó Ulla non solucionadas polo anterior goberno) nada de nada….
? probable que este repentino exceso de ocio faga que dende o pasado mes de maio anden ámbalas dúas «a toque de cornetín», como diría un antigo concelleiro xa apartado da política, a rebufo do que vai facendo o equipo de goberno.
Hai agora un ano andaban pola hemeroteca queixas do estado do peirao, das farolas, de árbores taladas había meses e aínda sen recoller, e unha ben aproveitada foto dunha decena de nenos que participaba nos programas Nadal na Rede, iso sí… sen carpa. Todos os carteis dos eventos máis destacados levaban a apostila : ?? En caso de choiva, a actividade realizarase no (Centro Social, Pavillón, etc).
Coas posibilidades que ofrece o non ter xa a 3 concelleiros nun equipo de goberno cobrando a fin de mes , puido o equipo de goberno actual colocar carpa e algunha outra licencia adicional, como a redución dos inexplicables gastos de mantemento dos vehículos municipais, a redución de costes das brigadas de incendios, conseguindo cumprir obxectivos de desbroce e poda con creces, mellora do estado xeral do pobo, etc, etc
? probable que esta actitude da actual oposición vaia empeorando a media que avanza a lexislatura, centrados como están ultimamente na cousa cultural e deportiva, e teñamos que lembrarlle os papeis desempeñados polos anteriores titulares de estas concellerías, algún deles cobrando exclusiva polo desempeño desas funcións, as hemerotecas son sempre xuíces implacables.
Pois iso… que este ano que empeza nos depare e mellor das sortes, con saúde e tamén traballo, para tod@s…

Populares de Pontecesures