PAGO DA LOTERIA DE NADAL DO ULLA CF

loterias

Lembrar que a partir de mañán día 8 estarán dispoñibles para o cobro as participacións premidas na pasada lotería de nadal.

Ditos pagos efectuaranse en horario de 18:00 a 20:00 os martes, mércores , xoves e venres,  coincidindo cos entrenamientos.

Por UllaCF, hace

NOTA DO ULLA C.F. SOBRE O PAGO DA LOTERÍA DE NADAL

photo

 

Por motivos completamente alleos á directiva do Clube Ulla CF, vémonos na obriga de facer o pago das participacións premiadas no sorteo da Lotería de Nadal directamente nas oficinas do clube no campo de fútbol Ramón Diéguez.

Ditos pagos efectuaranse dende o vindeiro día 8 de Xaneiro en horario de 18:00 a 20:00 os martes, mércores , xoves e venres,  coincidindo cos entrenamientos.

Dende a Directiva do Ulla CF queremos pedir desculpas polos inconvenientes que, insistimos una vez máis, por motivos alleos á nosa xestión, están a producirse.

Por UllaCF, hace

En Pontecesures segue o Nadal: o alumeado dos lugares continúa acendido.

Esta agrupación criticou a mediados de decembro a ausencia de alumeado de Nadal nas rúas principais da vila. Logo das queixas, a última hora, o día 21 de decembro de 2013 colocáronse sete arcos en ditas rúas, que aínda non foron retirados co que pode dicirse que despois de ser o último concello en colocar as luces imos ser o último en retiralas. Pero hai que decir que, alomenos, os arcos permanecen apagados dende o remate das festas.

Agora ben; o que resulta insólito é que onte, 14 de xaneiro, pola noite aínda estivera activado un bo número de elementos do alumeado navideño colocado polo concello nos distintos lugares de Pontecesures (Infesta, Condide, Porto..). Os veciños contemplan con sorpresa como están acendidos ditos elementos.

Por unha banda o concello nos transmite que quere aforrar en enerxía, e por outra despreocúpase totalmente destes detalles. O pasotismo do executivo local está chegando a cotas realmente preocupantes e transmítese unha sensación de abandono lamentable.

Polo o exposto, a ACP insta ao goberno local para que ordena que se apague e se retire todo o alumeado de Nadal instalado no municipio dunha vez por todas.

Pontecesures, 15/01/14

Luis Ángel Sabariz Rolán

Concelleiro da ACP de Pontecesures