Obradoiro de Cantos de Nadal en Pontecesures.

cartelCantamoscheReis_2014_web

 

Dentro do programa de actividades organizado polo Concello de Pontecesures para este Nadal, o luns 30 de decembro, ás 12 horas, o Centro Social acollerá o obradoiro ??Cantámosche os Reis?, promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Dirixido a público de tódalas idades, Cantámosche os Reis é unha actividade coordinada por Pablo Díaz e Olga Kirk que ten como obxectivo difundir as cancións en galego propias destas datas, así como animar aos asistentes a recuperar a tradición de interpretar nadais, aninovos e reis polas casas de cada localidade.

Máis Info:

http://cultura.xunta.es/actualidade/nova.php?id=4824&lg=gal

Obradoiro de Nadal en Pontecesures.

A Federación Provincial de ANPAS de centros públicos de Pontevedra (Delegación Ulla/Umia) organiza este obradoiro SCRAPBOOKING (libro de recortes) para os días 26, 27 e 28 de decemnbro.

Información: Tfno.: 630/262097

As inscricións pódense formallizar no baixo do edificio San Lázaro (rúa San Lois nº 16) os días 20, 23 e 24 de decembro, en horario de 11:00 a 12:30 horas.

Colaboran:
Concello de Pontecesures
ANPA Infesta
Asociación Cesureña de Comercia
Librería Cativos
Comercial Moncho
Librería Manola
Ferretería Hermanos Castro Figueira
Chupa Chups

Tadavía non coñecemos á directora pedagóxica da gardería municipal.

No día de hoxe recibeu este concelleiro, a través da alcaldía, unha invitación da «dirección e as traballadoras da Escola Infantil Municipal de Pontecesures» para asistir ao festival de Nadal da escola que terá lugar o día 20 do mes que andamos no polideportivo municipal.

A verdade e que quedei sorprendido polo térmo «dirección» da invitación pois, como xa foi exposto aos medios, xa imos para catro meses dende que comezou o curso e non coñezo á directora, como tampouco a coñecen os demais integrantes da oposición municipal, moitos pais/nais, e a comunidade educativa en xeral.

A alcaldía facilitounos o nome da directora pedagóxica en setembro pasado (logo de solicitalo por escrito) pero en dúas ocasións presentámonos os concelleiros da oposición no centro e alí non estaba a directora. Considérase así que se está a incumprir a normativa que indica que a directora ten que asistir ao centro a diario como o restante persoal da gardería.

Hai máis dun mes que foi denunciado este feito nos medios, e nin por parte do goberno local, nin da fundación adxudicataria do servizo, deusenos explicación algunha do que estaba a suceder. Segue sen coñecerse á directora pedagóxica e iso prexudica, obviamente, a formación dos alumnos/as.

Polo exposto, este concelleiro non vai asistir ao festival do Nadal. Suponse que nesta festa sí estará a directora, pero non desexo participar nesta especie de «paripé». Cando ten que estar a directora, é nos labores docentes de todos os días. A miña ausencia é a forma que teño de expresar a queixa polo que está a suceder.

Pontecesures, 18/12/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

O Concello de Pontecesures coloca alumeado de Nadal nas rúas centrais.

O concelleiro Roque Araújo informou onte que «tal e como estaba previsto» a instalación do alulmeado de Nadal nas rúas centrais de Pontecesures terá lugar o vindeiro sábado pola mañá. Así completarase o que colocou a brigada de obras. «Esta actuación complementa a decoración levada a camo polos comerciantes locais, tal e como se acordara no seu momento».

Diario de Pontevedra