Concerto de Nadal 2023 organizado pola Parroquia de Ponteceures.

O día 27 de decembro ás 20 horas na Igrexa Parroquial de Pontecesures terá lugar este concerto coa actuación do «Orfeón Voces Graves Arousa».

Éxito do I Torneo de Nadal das Basquetscolas, organizado polo Concello de Catoira e o Club de Baloncesto Río Ulla.


No torneo participaron as nenas e nenos das escolas de baloncesto de Cuntis, Padrón, Pontecesures e Catoira, resultando un éxito de asistencia, tanto da rapazada como de público.
Ao finalizar os encontros, o Presidente do CB Río Ulla, Juan Otero, a Concelleira de Obras, Vanesa Pérez, o Concelleiro de Deportes, Raúl G. Pato, e o Alcalde de Catoira entregaron cadanasúa medalla ás e aos participantes do Torneo.
O Concello de Catoira quere agradecer ao CB Río Ulla e máis a todas escolas que tomaron parte no torneo a súa implicación no evento.

Concello de Catoira

Bo Nadal a tod@s.

LISTA DE ADMITIDOS/AS NA LUDOTECA DE VERÁN 2023.

Pontecesures presenta un programa de Nadal «pensado para toda a familia».

Espectáculos de maxia e humor, obradoiros de cociña para a rapazada e para adultos e as visitas de Papa Noel, o Apalpador e os Reis Magos, as citas máis destacadas das festas.

Belén no barrio de Porto que realizan cada ano un grupo de veciñas cesureñas. DP
photo_cameraBelén no barrio de Porto que realizan cada ano un grupo de veciñas cesureñas.

A alcaldesa de PontecesuresMaite Tocino, deu a coñecer os detalles da variada programación de Nadal deseñada polo Concello, «pensada para toda a familia» e na que a gastronomía terá un papel moi relevante, sinala a rexedora. Dará comezo este venres co espectáculo Abracadáver, de Dani Blanco. A cita será ás 18.30 horas no Centro Social. Trátase dunha actividade que mistura o humor cos malabares, o escapismo e moitas outras sorpresas.

O día 22, entre as 17.00 e as 20.00 horas, o Centro social acollerá un obradoiro de cociña e repostería para adultos, unha proposta que se repetirá o 28 de decembro, no mesmo horario e emprazamento, pero destinado á rapazada. O día de Noiteboa chegará Papa Noel para percorrer a vila e as aldeas do municipio. O día 30 de decembro tocaralle visita ao Apalpador, acompañado por Os Monifantes, ás 19.00 horas.PUBLICIDAD

Con respecto á Cabalgata dos Reis Magos, a alcaldesa salientou que volverán saír as carrozas reais, «grazas á colaboración desinteresada dun grupo de veciñas, que están participando activamente na súa posta a punto e decoración». A comitiva partirá da Nave de Obras ás 17.00 horas do 5 de xaneiro. A chegada de Melchor, Gaspar e Baltasar á Prazuela está prevista en torno ás 18.30 horas.

Unha das grandes novidades da programación de Nadal será o 7 de xaneiro, día do patrón San Xulián, cando se celebre a tradicional Festa do Churro. Este evento gastronómico adoita ser unha das grandes citas das Festas do Carme, pero nesta ocasión desenvolverase por primeira vez nestas datas. Maite Tocino lembra que o pasado verán acordouse esta medida co tecido social, ante a imposibilidade de organizala a tempo dentro das Festas do Carme, ante a ausencia de programación realizada polo anterior Goberno local.

Ademais, tal e como sinalou a rexedora municipal, «entendemos que estas datas, xa en inverno, son máis axeitadas para poñer en valor este produto, polo que agardamos unha gran asistencia». Nesa xornada, está prevista a actuación de dous grupos de música tradicional da vila. A Festa do Churro estará amenizada polo dúo Nueva Era.

Diario de Pontevedra

LUDOTECA DE NADAL 2023 PONTECESURES

Ludoteca de Nadal 2023 en Pontecesures, dirixida a nenos/as de 3 ata 12 anos.

Actividade dende o 26 de decembro ata o 5 de xaneiro, de 9.00 a 14.00 horas no local anexo ao pavillón polideportivo municipal.


Prazo de inscrición ata o 21 de decembro de 2023.

BASES LUDOTECA NADAL 2023

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN LUDOTECA NADAL 2023