Folga de recollida de lixo hoxe en nove concellos polo cativo plus de tóxicos.

Afectaralle a Ames, Brión, Rois, Lousame, Noia, Muros, Carnota, O Son e Pontecesures.

Os traballadores da planta de xestión de lixo da Mancomunidade Serra de Barbanza en Servia (Lousame) poranse hoxe en folga para reclamar un plus de tóxicos acorde co das outras instalacións galegas. Por iso, non haberá recollida nos dous concellos maiáns (Ames e Brión) e máis en Rois, Lousame, Noia, Muros, Carnota, Porto do Son e Pontecesures.

Segundo explicou Paulo Rubido, representante da CIG, nunha convocatoria xunto con CC OO e UGT, preténdese axeitar o convenio colectivo co estatal, que pasa pola consecución dun plus de tóxicos do 25 % para todos os empregados que traballan no sector do lixo, «co agravante de que, na planta lousamiá, existe un contacto máis directo, dado que a separación faise manualmente», e son as traballadoras as que separan, a man, o lixo.

O representante sindical salientou ademais que, precisamente por este feito, «esta planta é a que ten mellor resultado do Estado español e sexa considerada a segunda mellor planta de recuperación e reciclaxe de Europa». Rubido denunciou tamén a diferenza salarial existente porque, co incumprimento dese plus de tóxicos, «quen traballa en Lousame cobre até case un 45 % menos que un traballador ou traballadora que desenvolva o mesmo traballo, na mesma categoría, nas instalacións de Sogama, en Cerceda; ou que cobre un 16-17 % menos que un traballador ou traballadora da de Albada».

A folga inicialmente está convocada só para esta xornada, pero supón, en verbas da CIG, un «aviso a navegantes», xa que podería alongarse durante todas as festas do Nadal.

El Correo Gallego

III CONCURSO DE DECORACIÓN NAVIDEÑA “NADAL EN PONTECESURES” 2019.

Como nas edicións anteriores establecense 2 concursos:

1.- Para establecementos comerciais: Prazo de inscrición ata o 5 de decembro. Exposición do 8 decembro de 2019 ata o 8 de xaneiro de 2020.

2,.- Para asociacións, colectivos e veciños en xeral:  Prazo de inscrición ata o 13 de decembro. Exposición do 16 de decembro de 2019 ata o 8 de xaneiro de 2020.

 BASES III CONCURSO «NADAL EN PONTECESURES» Establecementos comerciais.
 BASES III CONCURSO «NADAL EN PONTECESURES» Asociacións, colectivos e veciños.
 Formulario de inscrición III CONCURSO «NADAL EN PONTECESURES» Establecementos comerciais.
 Formulario de inscrición III CONCURSO «NADAL EN PONTECESURES» Asociacións, colectivos e veciños.

RESULTADOS DO II Concurso de decoración NADAL EN PONTECESURES e II Concurso de decoración NAVIDEÑA DOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS.

Onte xoves 27 de decembro o xurado do II Concurso de decoración NADAL EN PONTECESURES E CONCURSO DE DECORACIÓN NAVIDEÑA DOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS visitou os distintos establecementos e asociacións participantes nesta segunda edición.

O xurado estivo composto por tres membros con coñecementos en distintas áreas como deseño gráfico, decoración, escaparatismo, etc.

O xurado estivo composto por:

  • Ramón Dominguez.- Profesor de música.
  • Xosé Mª Lomba Martínez – Titulado Superior en Conservación e Restauración de Bens Culturais.
  • Eva Gerpe Limeres – Estudante de último curso de Inxeñería de deseño industrial.

Os gañadores do II Concurso de decoración NADAL EN PONTECESURES E CONCURSO DE DECORACIÓN NAVIDEÑA DOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS proclamados por este xurado son os seguintes:

Asociacións e particulares

1º premio: GEDA – PRAZA DOS VALEIROS.

2º premio: GRUPO VECIÑOS DA TOXA CARREIRAS.

3º premio: ASOC. CULTURAL SANTA LUCIA DE INFESTA


GRUPO GEDA PRAZA DOS VALEIROS


GRUPO GEDA PRAZA DOS VALEIROS


VECIÑOS TOXA-CARREIRAS

 

VECIÑOS TOXA-CARREIRAS

 


ASOCIACIÓN SANTA LUCÍA DE INFESTA

 

ASOCIACIÓN SANTA LUCÍA DE INFESTA

Establecementos comerciais

1º premio: ELECTRODOMESTICOS FROIS

2º premio: ESTANCO PONTECESURES

3º premio: A CASA DOS NENOS

ELECTRODOMÉSTICOS FROIS

 

ESTANCO PONTECESURES

 

A CASA DOS NENOS

A ENTREGA DOS PREMIOS FARASE O VINDEIRO VENRES 11 DE XANEIRO AS 13 H. NA CASA DO CONCELLO.