ESTE MERCORES DIA 28, A PARTIR DAS 18.30 H VISITA DE 2 XOGADORES DO OBRADOIRO A PONTECESURES

 Este mércores día 28 contaremos no pavillón de Pontecesures ca presencia de 2 xogadores do plantel do Rio Natura Monbus Obradoiro da ACB, que se desplazarán ata o noso polideportivo para pasar un rato cos integrantes dos nosos equipos.

Esta visita, ígual que a do base do Obradoiro Andrés Rodríguez en xuño do ano pasado, é posible en virtude do acordo de colaboración firmado entre o Obradoiro CAB e o noso club, así coma o Concello de Pontecesures. 

(Andrés Rodríguez na súa visita ó polideportivo cesureño hai 1 ano).

Xa sabedes: xogadores/as, adestradores, directiva do club e aficionados en xeral estades convidados/as a acercarvos ó pavillón este mércores pola tarde. 

CONVOCATORIA PARA A 1ª XUNTANZA DO OBRADOIRO PARA DEIXAR DE FUMAR EN PONTECESURES.

cartel deixar de fumarREDUX

 

A primeira xornada do OBRADOIRO PARA DEIXAR DE FUMAR será o luns día 24 de marzo a partir das 20.00 horas no Centro Xuvenil na rúa Raimundo García Domínguez ??Borobó? (a carón do Biblioteca Municipal).

Informasé que aínda quedan prazas dispoñibles para participar nesta actividade. Os interesados/as que queiran inscribirse poden facelo anotándose nas oficinas do concello ou ben chamando ao tlf. 986 564 410.

Outra decepción: Pontecesures non opta a un obradoiro de emprego.

Con decepción coñece esta agrupación de que o noso concello non está incluído nos que solicitaron obradoiros de emprego ao abeiro da Orde da Consellería de Traballo e Benestar do 23 de decembro de 2013 (DOG do 10/01/14).
En base ao número de desempregados o Concello de Pontecesures non podía solicitar o obradoiro de emprego só, senón que tiña que facelo xunto con outro ou outros da zona (por exemplo sí o fixeron conxuntamente Valga, Cuntis e Moraña). Pero o goberno local de Pontecesures, coa pasividad habitual nestes case tres anos que levamos de mandato, non xestionou a solicitude con outros concellos e un ano máis nos quedamos sen obradoiro de emprego. Non se traballa, non hai ilusión, non hai xestión, nin sequera se tenta conquerir as axudas doutras administracións.
Con tantos desempregados que temos, xoves como maiores, resulta triste o sucedido. Moito falar as forzas que integran o goberno que ían adoptar medidas para paliar o desemprego e agora atopámonos con isto. Moito criticar a xestión do goberno anterior (por certo, no período 2007/2011 sí houbo un obradoiro de emprego), cando agora temos un goberno totalmente ineficaz. A única medida a prol do emprego do actual goberno foi retribuirse a eles mesmos coa adicación exclusiva de tres dos seus membros por primeira vez na historia de Pontecesures. E moitos non entendemos para que.
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

Os Concellos de Catoira e Pontecesures animan aos fumadores a inscribirse nun obradoiro para abandonar a súa adicción.

cartel deixar de fumarREDUX

 

Os Concellos de Catoira e Pontecesures lembran que está aberto o prazo de inscrición nun obradoiro para deixar de fumar organizado polo seu respectivo Servizo Municipal de Prevención das Drogodependencias. En Catoira celebrarase no Edificio Multiusos e en Pontecesures no Club Xuvenil (a carón da Biblioteca Municipal). Lémbrase que o tabaquismo é a primeira causa de mortalidade evitable no estado español. Ocasiona anualmente uns 55.000 falecementos en España, o 16% do total nas persoas maiores de 35 anos. Actualmente, a taxa de mortalidade dos fumadores triplica á dos non fumadores, o que fai que un 30 a 35% dos primeiros falezan antes de cumprir os 65 anos. Con iso a súa vida redúcese nuns 10 a 15 anos.

O tratamento que se utilizará nas sesións baséase no método de redución gradual de nicotina, que permite controlar a dependencia física e psicolóxica que provoca o tabaquismo sen sufrir ningún síntoma do síndrome de abstinencia que provoca a deprivación da nicotina. As sesións serán de unha a semana durante as 5 primeiras semanas e logo espazadas cada 15 días durante dous meses máis.

O obradoiro comezará a impartirse no mes de marzo. En función da demanda, organizaranse grupos de mañá ou de tarde, cun límite de 15 prazas por grupo.

As persoas interesadas en participar neste obradoiro deberán inscribirse no concello de Catoira no teléfono 986546014 e en Pontecesures no 986564410 ou por correo electrónico enviando os datos persoais e de contacto a concello.catoira@eidolocal.es ou xuventude@pontecesures.org

Esta actividade ten unha cota de inscrición de 10 euros.

Obradoiro de Cantos de Nadal en Pontecesures.

cartelCantamoscheReis_2014_web

 

Dentro do programa de actividades organizado polo Concello de Pontecesures para este Nadal, o luns 30 de decembro, ás 12 horas, o Centro Social acollerá o obradoiro ??Cantámosche os Reis?, promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Dirixido a público de tódalas idades, Cantámosche os Reis é unha actividade coordinada por Pablo Díaz e Olga Kirk que ten como obxectivo difundir as cancións en galego propias destas datas, así como animar aos asistentes a recuperar a tradición de interpretar nadais, aninovos e reis polas casas de cada localidade.

Máis Info:

http://cultura.xunta.es/actualidade/nova.php?id=4824&lg=gal

Obradoiro de Nadal en Pontecesures.

A Federación Provincial de ANPAS de centros públicos de Pontevedra (Delegación Ulla/Umia) organiza este obradoiro SCRAPBOOKING (libro de recortes) para os días 26, 27 e 28 de decemnbro.

Información: Tfno.: 630/262097

As inscricións pódense formallizar no baixo do edificio San Lázaro (rúa San Lois nº 16) os días 20, 23 e 24 de decembro, en horario de 11:00 a 12:30 horas.

Colaboran:
Concello de Pontecesures
ANPA Infesta
Asociación Cesureña de Comercia
Librería Cativos
Comercial Moncho
Librería Manola
Ferretería Hermanos Castro Figueira
Chupa Chups