Cordeiro amasa unha empanada de millo de corenta metros de longo.
Miembros da Sociedade Cultural de Cordeiro e veciños da parroquia de Valga están xa coas mans na masa, nunca mellor dito, para preparar a empanada de millo xigante que mañá pola tarde poderá degustarse no Teleclub. Chegará aos corenta metros de longo e os ingredientes serán, como de costume, do máis variado: zorza, chourizo, xoubas, bacallau, zamburiña, carne de porco, polo, atún, mexillóns… e este ano, como novidade, incorpórase o recheo de panceta, costela fresca e zorza. â??Ã? un dos que máis vai gustarâ?�, augura Manuel Carbia, presidente do colectivo organizador, que hai unhas semanas acudiu ao programa televisivo Luar para promocionar a súa festa gastronómica. Esperan que a xente responda e mañá sexan moitos os que se acheguen a Cordeiro a partir das sete da tarde para degustar a empanada. Cada ración costará dous euros, e tamén se poderán mercar tres pedazos por cinco euros. Os socios da Cultural de Cordeiro disporán de dúas racións gratuítas.
O traballo será frenético no Teleclub desde hoxe mesmo porque son os veciños os que se encargan de elaborar a empanada nun obradoiro no que estirarán a masa e prepararán todos os condimentos e produtos para os diferentes recheos. Xa a pasada fin de semana levaron a cabo algunhas tarefas de preparación, como o debullado do millo, colleitado en dúas parcelas de Setecoros e Moldes. A primeira acabou parcialmente arrasada polos xabaríns o verán pasado, o que incluso fixo temer aos organizadores que non puidera celebrarse esta edición da festa.
O forno de leña da panadería Campaña será onde se coza a empanada, distribuída en bandexas de dous metros. â??No forno entran doce bandexas, polo que se cocen vintecatro metros nunha soa fornadaâ?�, comenta Manuel Carbia. Nos últimos anos optaron pola profesionalidade dunha panadería, ao non convencerlles o â??experimentoâ?� cun forno eléctrico con rodas. â??A empanada entraba por un lado e saía polo outroâ?�, pero era un sistema â??complexoâ?� e que non garantizaba un sabor óptimo. â??Co forno eléctricoâ?� o produto é â??de máis calidade, e nós o que queremos é que a xente volvaâ?�.
Diario de Arousa
