De tal palo, tal astilla: Antonio e Marcos Pesado.

A dos Pesado é unha das contadas familias que seguen a vivir en Cesures das augas do Ulla e da ría desde non recordan cando. Quizais desde que os romanos cataron as súas lampreas.

«Isto vén do meu pai, e antes do meu avó, e antes del do meu bisavó… ? unha herdanza familiar». Antonio Pesado Romay recoñécese incapaz de retrotraerse ao momento no que a súa familia ligou a súa subsistencia ás augas do Ulla e da ría de Arousa. O presidente dos valeiros de Pontecesures só lembra que «antigamente, todo o pobo, desta beira e da outra tamén, vivía do río», da vida que agocha baixo a súa máscara inerte. As historias dos romanos e a lamprea do Ulla como manxar privilexiado na capital do imperio animan a moitos a falar dunha actividade cos seus bos 2.000 anos de historia.
A industrialización da zona, co levantamento de Finsa e de Picusa do lado de Padrón, e da Nestlé en Pontecesures, derivou no abandono paulatino das artes da pesca da maioría dos veciños de Antonio Pesado. «O peixe xa non tiña valor». Pero os Pesado e arredor doutras trinta familias seguen a manter hoxe unha actividade que corre o serio risco de rematar convertida nunha curiosidade etnográfica.
Trece anos tiña Antonio cando comezou a ir pescar. «As miñas vacacións no colexio eran ir coa familia a traballar. Empecei co meu avó, cando xa case estaba retirado. Contábanme que antes ían mesmo ata a ría de Pontevedra en remo a pescar».
Non chegou tan lonxe Antonio, pero sí lembra ter traballado moitos anos baixo unhas duras condicións que, por sorte, xa non coñeceron os seus fillos. «Hoxe vas todos os días á casa. Cos motores dos barcos en media hora chegas á casa por moi lonxe que esteas. Pero ata os anos 80, cando a cousa comezou a cambiar, todo era a remo. E como precisabas case un día para chegar á desembocadura da ría, pasábaste toda a semana fóra. O peixe mandábase cada xornada á casa polo tren ou polos castromiles . Polas noites buscabas abrigo nun porto ou nalgunha praia, e durmías nunha dorna de cinco metros con catro ou cinco persoas máis».
Para probable sorpresa de moitos, os valeiros de Pontecesures non só viven da lamprea. Algo lóxico, por canto a tempada de captura desta especie prehistórica se estende tan só do 1 de xaneiro ao 15 de abril. A anguía é, de feito e con diferenza, o principal sustento dos pescadores cesureños, que complementan ademais a súa renda dedicándose ao chopo e mais á solla, explica Antonio.
No caso da súa familia as fontes de traballo diversifícanse. Porque ademais de dedicarse á pesca coa nasa-butrón, os Pesado manexan outra media ducia de artes na súa pequena flota de catro embarcacións, dúas grandes e outras tantas de pequeno tamaño. Unha empresa compartida con José Manuel, irmán de Antonio, e na que están tamén enroladas a muller e os dous fillos deste, ademais dun empregado, cando o habitual é ver a entre dous e tres valeiros asociados.
O marisqueo nos Lombos do Ulla é outra das actividades dos Pesado, que nos últimos anos están a experimentar a paulatina recuperación da cantidade e da calidade das especies do río despois de, lembra Antonio, as desfeitas contaminantes que se lles permitiron ás industrias no río, e que deixaron as súas augas nun delicado estado nos anos 90. As novas obras no porto cesureño servirán, ademais, para facilitarlles o traballo aos valeiros, di Antonio, que apunta como o dragado dos Lombos do Ulla para a rexeneración da praia Compostela rebaixou un metro o nivel do Ulla hai uns dez anos.
Recén rematada a tempada da Lamprea, os Pesado din que «foi un ano bastante bo. Os anos de moita chuvia e vento do norte son os mellores para a lamprea». E se «normalmente collemos lampreas duns 1,3 quilos, este ano colliámolas de 2. Houbo compañeiros que as colleron ata de 3». Do que non se atreve a opinar Antonio é do suposto carácter afrodisíaco deste peixe que, contan os vellos do lugar, se lle atribuía na antigüidade. «Din que era a viagra dos romanos».

LA VOZ DE GALICIA, 25/04/10

Estanse a desenvolver con celeridade tres obras do Plan E 2010.

Son as seguintes:

-O saneamento da variante da rúa do Campo de Porto, xa está practicamente rematado, coas tubarías e as tapas de rexistro instaladas. Tan só queda pendente a preparación do firme do camiño, logo da acción da maquinaria.

-No campo de fútbol Ramón Diéguez de Pontecesures, arranxouse a parte do muro de cerre perimetral que tiña risco de derrubo, nun dos fondos. Tamén foi practicamente rematada a beirarrúa no vial que separa o campo de fútbol das casas de protección oficial. Queda pendente a preparación do almacén baixo a tribuna e a colocación de iluminación na mesma.

-No polideportivo municipal, estase a construír unha varanda de separación entre os asentos da tribuna e os corredores. En breve serán substituídas as portas vellas e serán colocados os asentos de plástico que faltan na propia tribuna.
.
Luis Ángel Sabariz Rolán.
Concelleiro de Relacións Institucionais.

Portos de Galicia estudia la inclusión de Padrón en el programa Portos Xacobeos.

Portos de Galicia estudia, a petición del Partido Popular de Padrón, la incorporación del concello padronés en el programa de Portos Xacobeos, una iniciativa incluida dentro del programa de este año santo que tiene como objetivo dar a conocer a los ciudadanos los puertos de las distintas rutas jacobeas. El pasado miércoles hubo una reunión del concejal del PP Antonio Fernández con el presidente del ente público, José Manuel Álvarez Campana, para hablar del tema.
El motivo concreto fue la de tratar del pantalán de A Ponte, conocer de forma directa el programa de Portos Xacobeos y las posibilidades de inversión en Padrón, así como la realización de la misma dentro de los actos programados para el Xacobeo 2010.
En el encuentro, el presidente de Portos de Galicia y el edil del PP padronés coincidieron «na importancia que ten Padrón en todos los sensos», según aseguró Antonio Fernández. A pesar de que la capital del Sar no tiene zona portuaria adscrita, Portos de Galicia estudiará la «posibilidade para a realización de obras no porto de Padrón», añadió el edil popular. En esta línea, Antonio Fernández recalcó la «necesidade» de incorporar a Padrón al programa de Portos Xacobeos, «proposta que foi moi ben recibida polo presidente de Portos de Galicia», de acuerdo con la información aportada por el concejal del PP.

LA VOZ DE GALICIA, 24/04/10

Sabariz lamenta que la Xunta no confirme las aceras para la carretera PO-548.

La Dirección Xeral de Infraestruturas continúa sin confirmar que construirá aceras en el tramo de la carretera po-548 correspondiente al término municipal de Pontecesures, lo que causa una importante preocupación en el Concello, según manifestó ayer el concejal de Relacións Institucionais, Luis Sabariz.
Después de remitir varios escritos a la directora xeral, Isabel vila Barbosa, la respuesta no convence para nada a los cesureños que están intranquilos “pola inconcreción en canto á construcción das beirarrúas nos primeiros 500 metros da PO-548. Primeiro se nos dixo que o tema estaba en estudo. Agora que o caso ten unha especial atención, pero sempre dentro das posibilidades orzamentarias. Ou sexa, a cuestión queda nunha declaración de intencións”.
Así, Sabariz insiste en la necesidad de disponer de aceras en este vial, actualmente en obras y que sí las contempla para el tramo de Valga. Se refiere al “perigo de accidente” en toda la recta de Campaña, que es “considerable”. Los datos estadísticos de personas fallecidas y heridas “están na mente de todos”. La afluencia de peatones por los márgenes de este tramo “é constante” ya que por allí se dirigen al PAC de Baño-Valga, a la intersección que comunica non la N-550, etcétera.
“Resulta totalmente incomprensible que dos tres quilómetros da recta de Campaña se acondicionen e se fagan seguros os 2,5 de Valga e se deixen como están, inseguros, os 500 metros de Pontecesures. En consecuencia, prégase que se de prioridade máxima ao investimento nesta estrada autonómica de tanto tránsito, instó Sabariz a la directora xeral en una nueva carta.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 23/04/10

La Xunta no aclara si financiará la construcción de aceras en el tramo cesureño de la recta de Campaña.

Los accidentes se producen con frecuencia a lo largo de esta carretera que pasa por Cesures y Valga.

El Concello dice que la seguridad vial es necesaria en los 3 kilómetros de la PO-548

Hace más de un año, Pontecesures comenzó a luchar para que se incluyera en las obras para la seguridad vial de la PO-548 la construcción de las aceras en los 500 metros de la recta de Campaña que corresponden al municipio. La demanda surgió después de que se marginara a este término municipal del proyecto que todavía está ejecutando la Xunta de Galicia en la zona. La Administración, que manifestó en enero de este año su compromiso por incluir el tramo, ha rechazado ahora esta iniciativa señalando, no obstante, que «tendrá especial atención dentro de las posibilidades orzamentarias».
Desde el Concello se ha asegurado que esta noticia es una «gran decepción» para Pontecesures y que teniendo en cuenta la incidencia de accidentes en toda la recta, la inclusión de este tramo municipal es esencial para llevar a cabo una obra completa.
«Primero dixeron que o tema estaba en estudo, agora que o caso ten unha especial atención. A cuestión queda nunha declaración de intencións nunha zona na que os datos estadísticos sobre mortos en carretera están na mente de todos», señaló Luis Sabariz, concejal de Relacións Institucionais de Pontecesures.
Las obras que sí llevará a cabo la Xunta de Galicia en relación con este concello y que han surgido por la actuación que se desarrolla en la recta de Campaña son la sustitución del sistema de tuberías de agua potable que quedó enterrada en el medio de la calzada de la nueva rotonda de A Charca y la recogida de las aguas fluviales de esta misma glorieta.
Más de un año de retraso
Los trabajos en la zona se iniciaron en otoño del 2008. Lo hicieron ya con retraso y precedidos de polémica. Los problemas empezaron con el proceso de ocupación de terrenos, lo cual obligó a la Xunta a negociar con aquellos vecinos que se negaban a ceder sus parcelas. Con las incidencias surgidas en los últimos meses, las obras que debían estar acabadas el pasado verano parece que tienen aún por delante un largo recorrido para finalizar el proyecto inicial.

LA VOZ DE GALICIA, 23/04/10

La reforma de la Rúa Deputación de Pontecsures se iniciará con una inversión de casi 216.000 euros.

Calle Diputación, en la que se ejecutarán obras de mejora.

La Diputación de Pontevedra aprobó ayer el proyecto de acondicionamiento de la Rúa Deputación de Pontecesures, cuyo presupuesto total asciende a 795.911 euros. Las obras, que se ejecutarán por fases, se iniciarán con una partida de 215.962 euros procedentes del Plan de Investimentos de la institución provincial (PID).
Con la aprobación de esta actuación, la Diputación ya dio el visto bueno al cien por cien de las obras presentadas por el Concello cesureño. En total, la administración que preside Rafael Louzán invertirá en Pontecesures 508.635 euros. Esta cantidad se repartirá en seis obras distintas. Además de la mejora de la Rúa Deputación, está previsto ejecutar la instalación del alumbrado público en las calles Calera, Patifas, Otero Acevedo y San Lázaro, el abastecimiento y saneamiento de Patifas y Otero Acevedo, el acondicionamiento de la calle José Novo Núñez y mejoras en el Camiño dos Acevedos, A Toxa y Fontaíña.

DIARIO DE AROUSA, 22/04/10