Cesures debate en pleno las obras del fondo de inversiones.

El Concello de Pontecesures ha convocado, para las nueve y cuarto de esta noche, una sesión plenaria que, de no celebrarse, se repetiría dentro de dos días a la misma hora. En la misma se debatirá una propuesta del grupo del BNG sobre la inclusión de varias obras en el fondo estatal de inversión. Los ediles deberán decidir si aprueban la propuesta para incluir trabajos en los fondos del Estado.

LA VOZ DE GALICIA, 22/12/08

Padrón recibe las fiestas entre panxoliñas y música de coral.

Festival de Panxoliñas y Polifonía de Padrón, ayer.

La comarca está ya metida de pleno en la Navidad. Ayer el espíritu de estas fechas llegaba a varias localidades del área de Compostela con diversas propuestas, entre las que se repitió un clásico del comienzo de las fiestas, el Festival de Panxoliñas e Polifonía de Padrón, que alcanzó ayer su vigésima primera edición.

Cientos de vecinos se dieron cita en el auditorio municipal a media tarde para deleitarse con las interpretaciones de las corales Faderense de León, Polifónica do Casino Mugardés y Polifónica Padronesa, que dieron un recital de más de dos horas.

EL CORREO GALLEGO, 21/12/08

Adiante coas obras. Nota do BNG de Pontecesures.

O Grupo Municipal do BNG de Pontecesures felicítase porque a Xunta de Galiza, a través da Consellaría de Medio Rural e incluido no plan denominado Proxecto Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM Rural)) contempla para o bienio 2009-2010 un investimento de 120.990 ? para realizar actuacións en convenio de colaboración co concello de Pontecesures. Non obstante esta cantidade constitúe unha previsión orzamentaria que pode ser incrementada ou diminuida nos respectivos exercicios.

O obxectivo principal do PEIM Rural 2009-2010 é a dinamización da base produtiva do medio rural dignificando e mellorando a calidade de vida da poboación que reside nestas zonas e contribuíndo a fixar poboación.

Pódense incluir dentro deste Programa obras de infraestruturas de servizos básicos elementais, como abastecemento de auga domiciliaria, saneamentos, camiños agrícolas e pistas rurais, así como aqueles proxectos singulares que entren dedntro da competencia de Medio Rural.

A consellaría de Medio Rural tenta primar precisamente o medio rural con especial incidencia nas zonas máis deprimidas tendo en consideración o carácter agrícola, gandeiro ou forestal dos distintos concellos, e aplicando baremos como o grao de despoboamente e envellecemento, a poboación rural, a dispersión dos núcleos e entidades de poboación xunto coa extensión territorial. Tendo en conta as caracteríticas do noso concello, o grupo municipal do BNG está satisfeito coa cantidade que lle pode corresponder a Pontecesures.

No pleno ordinario de novembro o Grupo Municipal de BNG propuxo unha serie de obras moi necesarias e moi demandadas polo vecindario para que se acometeran con cargo aos fondos do PEIM, que en síntese trátase do saneamento dende o cruce da pista de Carreiras coa do Couto ata a intersección coa rúa do Ensanche, do pavimentado e ampliación da pista de Carreiras a Condide pasando polo Couto, da pavimentación e ampliación da pista que comunica os núcleos rurais de Grobas e Fenteira, do ancheamento e nova pavimentación da rúa do Coengo en San Xulián e no acondicionamento da zona da rúa do Caldeirón de Arriba, en Porto. Lamentamos a actidude do tripartito no devandito pleno ao “botarr abaixo” estas obras cando todas elas teñen perfecta cabida no PEIM Rural 2009-2010 e se pode contar cos case 121.000 ? que a Xunta de Galiza ten previsto investir en Pontecesures

O BNG de Pontecesures espera que o equipo de goberno recapacite e reconsidere a proposta de obras, en todo ou en parte, feita polo BNG a incluir neste PEIM 2009-2010 dado que se pode contar cunha importante cantidade para estes fins.Os veciños están a demandar estas actuacións e sería lamentable que por ser o BNG quen as propoña o equipo de goberno mire para outro lado e non AS acometa.

BNG de Pontecesures.

Convocan un pleno en Pontecesures sobre el Fondo de Inversión.

La Corporación de Pontecesures celebrará el próximo lunes un Pleno extraordinario solicitado por el BNG para debatir las obras que se ejecutan con cargo al Plan Estatal de Inversión, por el que el Concello cesureño corresponden más de 555.000 euros. Los nacionalistas proponen destinar el dinero al comedor escolar, un Centro de Día o a construir un paso elevado para los peatones de la N-550.

DIARIO DE AROUSA, 17/12/08

O BNG de Pontecesures solicita un pleno extraordinario para incluir obras no Fondo Estatal de Investimento Local.

No día de hoxe peresentouse no concello a seguinte moción:

Dona Margarita C. Garcia Castro, Dna. Cecilia Tarela Barreiro, D. Manuel Luis Álvarez Angueira, D. Xosé Antonio Baliñas Pazos e D. Arturo Ferro Gónzález, membros da corporación e pertencentes o BNG de Pontecesures.

EXPO?EN

Por mor da crise o goberno do estado ven de aprobar un fondo adscrito o MAP de 8.000 millóns de euros, que se van repartir proporcionalmente entre todos os concellos do estado en función da poboación, correspondéndole ao Concello de Pontecesures polos seus 3.139 habitantes, ata un máximo de 555.566 euros.

Segundo o R.D. Lei 8/2008, de 28 de novembro, as obras financiabeis van dende adecuación, rehabilitación ou mellora de espazos públicos urbanos, a promoción industrial, equipamentos e infraestruturas de servizos básicos nas redes viarias, de saneamento; a construcción, adecuación, rehabilitación ou mellora de edificios, equipamentos sociais, culturais e deportivos, até a construcción, adecuación, rehabilitación ou mellora da rede de auga potabel e tratamento de augas residuais. Serán, en todo caso, obras que non estivesen xa incluídas no orzamento municipal de 2009 (orzamento que a día de hoxe non existe) e de execución inmediata.

O BNG considera que debe ser o pleno da corporación quen formule esa proposta de obras e que se debe aproveitar o financiamento derivado deste plan para poñer en marcha actuacións que permitan asentar e mellorar os servizos públicos extendendo e ampliando a rede de servizos sociais, educativos e de seguridade vial, como unha boa arma para cubrir as necesidades dos que máis o necesitan en épocas de crise como a que vivimos.

Por este motivo, SOLICITAN,

A celebración dunha sesión extraordinaria do Pleno ao abeiro do art. 46.2.a) da Lei de bases de réxime local, par a aprobación do seguinte ACORDO:

Incluir dentro da proposta para o denominado Fondo Estatal de Investimento Local as seguintes obras:

1. Construcción dun comedor escolar no recinto escolar.
2. Construcción dun Centro de Día para os nosos maiores ne terreo das antigas casas dos mestres.
3. Construcción dun paso peonil elevado que una o camiño de San Xulián coa rúa do Pilar.

Pontecesures, 11 de decembro de 2008