Disfrutaron onte os nenos de infantil do CPI Pontecesures na biblioteca.

A Biblioteca Pública Municipal de Pontecesures acolleu onte a actividade de animación á lectura ‘Kontosde akí e de akolá’, da que se encargou Marisa Irimia.
Asistiron decenas de alumnos de Educación Infantil do CPI Pontecesures. Esta actividade, realizada con motivo do programa ‘Abril, mes dos libros’, enmárcase no programa Letras Vivas, subvencionado pola Consellería de Educación e Cultura. Marisa Irimia tamén estará na Biblioteca de caldas o 16 de maio co contacontos ‘De Pinochas e princesas’.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 12/04/12

Convocatoria para interesados/as en participar na organización das Festas do Carme 2012.

Convócase a tódolos veciños e veciñas de Pontecesures interesados/as en colaborar na organización das FESTAS DO CARME 2012 para  anotarse nas oficinas municipais ou no  télefono do concello 986 557 125. O prazo para anotarse é ata o 27 de abril, posteriormente no mes de maio convocaráse a tódolos anotados/as para unha xuntanza na que se tratará a organización destas festas.

 

Tercera plaza para el Náutico Pontecesures.

Un total de 33 clubes de toda Galicia compiten este fin de semana en aguas del Lérez con motivo de la segunda prueba para infantiles correspondiente al calendario de la Copa Gallega de Promoción de Piragüismo.
La representación arousana tuvo en Náutico de Pontecesures a su club más destacado. La 3ª posición que ocuparon, solo superada por el Ciudad de Pontevedra y el Portonovo, deja a las claras el buen papel realizado por los cesureños para un total de 2.349 puntos.
El resultado obtenido por el Pontecesures viene a confirmar la línea ascendente que vienen apuntando a lo largo de la temporada. Anxo Barreiro, presidente y director técnico de los cesureños destaca que “este trabajo se está realizando en la dire cción y planificación correcta. Además las esperanzas son muy halagüeñas en todo a lo que se refiere a mejorar estos resultados”.

FARO DE VIGO, 10/04/12

Obscurantismo en canto á colocación do mobiliario urbano en Pontecesures.

En tres ocasións solicitou xa esta agrupación que se colocase, dunha vez por todas, o mobiliario urbano para ás rúas centrais (Portarraxoi, San Lois, Sagasta e Victor García) subministrado ao concello o 7 de outubro de 2011 e subvencionado ao 75% pola Consellería de Economía e Industria trala petición realizada polo goberno anterior.

Foron 10 bancos, 11 papeleiras e 9 xardiñeiras que deben ser colocados en 9 espazos das rúas anteditas como se reflicte na memoría técnica que forma parte do expediente que foi consultado por este concelleiro.

Como xa hai máis de tres meses que foron colocadas tres xardiñeiras novas na Travesía da Bandeira de Pontecesures, preguntouse no pleno ordinario do 26 de marzo pasado se eran da partida das xardiñeiras subministradas suvencionadas pola xunta, pois estrañábanos o cambio de destino sen máis e, por suposto, a demora na colocación do material. A concelleira Cecilia Tarela asegurou que non, que as xardiñeiras da Travesía da Bandeira non tiñan nada que ver coas subvencionadas e que foron mercadas aparte para colocar na travesía indicada por deterioro das que alí había.

Con data 29/03/12 solicitei entón ao alcalde a consulta da factura das tres xardiñeiras da Travesía da Bandeira no labor de fiscalización e control, pero, superado o prazo para a autorización, observo que non se me contesta. Decidín ir hoxe ao concello para interesarme pola consulta e nada se me mostrou.

Non entendemos o que está a suceder con este obscurantismo e as razóns polas que non se nos documenta a adquisición das tres xardiñeiras da Travesía da Bandeira. Esiximos coñecer a factura do gasto, pois a negativa sementa dúbidas sobre as afirmacións de Cecilia Tarela ante o pleno, e iso sería moi grave.

Pontecesures, 09/04/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures