A ACP solicita ao Xacobeo a colocación de indicadores do albergue de Pontecesures no Camiño.

Foi dirixido no día de onte a Sr.D. Andrés González Murga, conselleiro delegado da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo o seguinte escrito:

“”Resulta realmente unha mágoa que o Albergue Peregrinos de Pontecesures, recentemente inaugurado e que esta situado fronte ao edificio administrativo do CPI Pontecesures a escasos metros do Camiño Portugués onde pasan os peregrinos, non teña nin un cartel anunciador do albergue no propio camiño para desviarse e facer uso das instalacións de desexarse.

Parece ser que se está a encargar pola sociedade a cartelería para este fin, pero a demora parece non ter límite e cada vez son máis os peregrinos que percorren o camiño a partir desde mes.

Mediante a presente, solicítase que se activen as xestións para que os indicadores sexan colocados con toda urxencia, co fin de potenciar o uso e aproveitamento do albergue.

Pontecesures, 3/4/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures”

O proxecto de formación de persoas adultas do Concello de Pontecesures acada a máxima subvención da Consellería de Educación por ser un dos mellor valorados.

 

O Proxecto de Formación de persoas adultas do Concello de Pontecesures, entre os mellor valorados, acada a subvención máxima da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

A Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial fixo pública a proposta de Resolución das Subvencións para a realiza­ción de actividades de formación de adultos durante o ano 2012

Os cursos de Educación de persoas adultas que organiza o Concello de Pontecesures desde o ano 1995 contan cun elevado número de participantes e cun moi elevado índice de aprobados. A  avaliación do proxecto presentado polo Concello na actual convocatoria obtivo 87 puntos  -figurando no nº 13 das 51 propostas- o que lle outorga a subvención máxima establecida na  convocatoria, 6.000?. O actual curso 2011/2012 iniciouse con 27 alumnos e alumnas, a maioría do noso Concello, o pasado mes de setembro, asumindo o Concello os custos deste primeiro cuadrimestre, cuxa realización permite que o alumnado de Pontecesures obteña tan bos resultados nas probas (a media de aprobados dos últimos anos é dun 80% entre os alumnos propostos para as probas oficiais) xunto coa calidade profesional e dedicación da mestra que imparte as clases.

A Actividade formativa dirixida ás persoas adultas para a preparación das probas de obtención do título de graduado en Educación Secundaria mediante a presentación ás probas extraor­dinarias que convoca anualmente a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa mediante a matriculación do alumnado na modalidade a distancia da Educación Secundaria de persoas Adultas realízase en coordinación co centro de Educación Permanente de Adultos de Pontevedra.

O Concelleiro delegado da área e Alcalde en funcións Roque Araujo quixo, así mesmo desexar sorte aos alumnos e alumnas que na vindeira semana concorren ás probas oficiais, e lembrou a importancia e interese desta actividade que permite acadar a titulación educativa básica, imprescindible para a inserción laboral, a aqueles   veciños e veciñas que, por diversos motivos carecen da mesma.

 

Entrevista na Deputación para seleccionar os traballadores de Pontecesures do plan provincial de emprego.

Hoxe 3 de abril, ás 16:30 horas, no Pazo Provincial (Avda. Montero Ríos s/n) terá lugar a entrevista para a selección dos nove peóns que traballarán seis meses cun contrato da Diputación por cinco horas diarias para labores do Concello de Pontecesures. A selección realizase sobre unha listaxe de desempregados enviado ao órgano provincial pola oficina de emprego (tres persoas por praza) logo da sondaxe correspondente.
Está previsto que a prestación comece o vindeiro 16 de abril.

ACP reitera la urgente necesidad de reparar un tramo de la acera de Novo Núñez

Sabariz asegura que un niño ya metió el pie en la arqueta existente en este tramo de acera.

Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP) vuelve a exigir al Gobierno local que repare el tramo de acera de la calle José Novo Núñez que se encuentra en mal estado y que supone, asegura, un ??perigo evidente?.
Su portavoz, Luis Ángel Sabariz, recordó que hace más de un mes denunciaron el estado en que se encuentra parte de susodicha acera en un tramo próximo a la Casa Consistorial. Desde entonces, explicó, ??non se adoptan solucións por parte do Goberno local? a pesar de que, insiste, se trata de un ??perigo? para los viandantes.

Según el concejal, un niño ya metió el pie en el hueco de la arqueta existente en este punto porque la tapa estaba movida. Explicó que en ese sentido se actuó, colocando una plancha de hierro por encima, sin embargo, considera que se trata de un parche con poca efectividad porque esta chapa también se ha desplazado dejando el hueco del arqueta de nuevo al aire.

A esto, Sabariz suma el ??perigo de caída? existente según él por el mal estado del firme porque está totalmente quebrado y se ha convertido en pequeñas piedras que pueden entorpecer la correcta circulación de los peatones con el agravante de que la carretera por la que discurre es una nacional por la que los vehículos circulan a velocidades considerables.

Desde que exigió soluciones por primera vez ha pasado más de un mes y, según él, el Concello no ha realizado ningún tipo de actuación para solucionar este problema. En consecuencia, le reitera al alcalde de Pontecesures y a su concejal de Obras, Ángel Souto Cordo, que ??tomen cartas no asunto para que non teñamos que lamentar calquera desgracia?.

DIARIO DE AROUSA, 03/04/12